Jean-Paul Rappeneau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jean-Paul Rappeneau
Rappeneau.jpg
Rappeneau en 2009
Nome completoJean-Paul Rappeneau
Nacemento8 de abril de 1932
LugarAuxerre, Francia
NacionalidadeFlag of France.svg Francia
FillosMartin Rappeneau e Julien Rappeneau
ProfesiónDirector, guionista
Na rede
IMDB: nm0710919 Allocine: 10509 Allmovie: p107585 TCM: 158041
Musicbrainz: 67452a4e-bc05-4e83-898c-e96f2d101b00 Editar o valor em Wikidata
Jean-Paul Rappeneau signature.jpg
editar datos en Wikidata ]

Jean-Paul Rappeneau, nado en Auxerre (Yonne) o 8 de abril de 1932 é un director de cinema e guionista francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rappeneau comezou no cinema como axudante e guionista colaborando Louis Malle en Zazie dans le metro en 1960 e en Vie privee en 1961. En 1964, coescribiu L' Homme de Rio, protagonizado por Jean-Paul Belmondo.

O primeiro filme que escribiu e dirixiu foi La vie de château en 1965. A pesar de ser un éxito de crítica e de público non volveu facer outro filme ata 1971, cando dirixiu Les Mariés de l'an II, de novo con Belmondo e con Marlène Jobert.

Desde 1975 Rappeneau escribiu só para os seus propios filmes, incluíndo O salvaxe, protagonizado por Yves Montand e Tout feu, tout flamme (1981), tamén con Montand e ademais con Isabelle Adjani. En 1990 dirixiu o luxoso filme Cyrano de Bergerac, adaptado do clásico de Edmond Rostand, e protagonizado por Gérard Depardieu no que se converteu no seu maior papel. Esta versión é a máis elaborada das realizada e unha das producións francesas máis caras da historia.

En 2003 dirixiu a comedia Bon Voyage, coescrita con Patrick Modiano, na que volveu contar con Depardieu e Adjani.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]