David Lean

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David Lean
DavidLean1965.jpg
Lean en 1965, na rodaxe de Doctor Givago, en Finlandia.
Nacemento 25 de marzo de 1908
Lugar Croydon, Londres Inglaterra
Falecemento 16 de abril de 1991 (83 anos)
Lugar Limehouse, Londres Inglaterra
Causa cancro do esófago
Soterrado Putney Vale Cemetery
Nacionalidade Reino Unido
Cónxuxe(s) Ann Todd e Kay Walsh
Profesión director

David Lean, nado en Croydon, Londres (Inglaterra), o 25 de marzo de 1908 e falecido en Limehouse, Londres, o 16 de abril de 1991, foi un director de cine británico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Lean iniciouse na industria como axudante de cámara en 1927 na Gaumont Pictures, para logo ascender posicións. En 1930 traballaba na montaxe de noticias e a partir de 1934 no de filme. Montou obras como Escape me Never (1936), Pygmalion (1938), 49th Parallel (1941) e One of our Aircraft Is Missing (1942).

Os seus primeiros catro traballos como director estiveron baseados en obras do dramaturgo Noël Coward, co que codirixiu o primeiro deles, In Which We Serve de 1942). O máis salientable deste grupo foi o filme Breve encontro (1945), que compartiu unha Palma de Ouro no Festival de Cannes.

David Lean rodou dúas adaptacións de novelas de Charles Dickens, Great Expectations (1946) e Oliver Twist (1948). Despois realizou o drama aeronáutico The Sound Barrier (1952) e Hobson's Choice (1954), situado no mundo vitoriano.

Na industria hollywoodiense[editar | editar a fonte]

Coa chegada do cinema en cor, Lean converteuse nunha figura sólida da industria hollywoodiense. Traballou para ela dende 1955 e triunfou comercialmente. As superproducións polas que é máis popular comezaron en 1957 con A ponte sobre o río Kwai, pola que gañou o oscar ao mellor director, igual que por Lawrence de Arabia (1962).

Despois do éxito de Doutor Zhivago (1965) veu un filme con menor éxito, Ryan's Daughter (1970). Tras unha longa parada de catorce anos dirixiu A Passage to India (1984).

Finou en Londres mentres planeaba un filme baseado na obra Nostromo, de Joseph Conrad.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Como montador[editar | editar a fonte]

Ano Título
1930 The Night Porter
1931 These Charming People
1932 Insult
1933 The Fortunate Fool
1933 The Ghost Camera
1933 Song of the Plough
1933 Matinee Idol
1933 Money for Speed
1934 Tiger Bay
1934 The Secret of the Loch
1934 Dangerous Ground
1934 Java Head
1935 Escape Me Never
1935 The Crouching Beast
1936 As You Like It
1936 Ball at Savoy
1937 Dreaming Lips
1937 The Wife of General Ling
1937 The Last Adventurers
1938 Pygmalion
1940 French Without Tears
1940 Spies of the Air
1941 Major Barbara
1941 49th Parallel
1942 One of Our Aircraft Is Missing

Como director[editar | editar a fonte]

Ano Título Contribución
1942 In Which We Serve Director
1944 This Happy Breed Director, guionista
1945 Blithe Spirit Director, guionista
1945 Breve encontro Director, guionista
1946 Great Expectations Director, guionista
1948 Oliver Twist Director, guionista
1949 The Passionate Friends Director, guionista
1950 Madeleine Director
1952 The Sound Barrier Director
1954 Hobson's Choice Director, guionista
1955 Summertime Director, guionista
1957 A ponte sobre o río Kwai Director
1962 Lawrence de Arabia Director
1965 Doutor Zhivago Director
1970 Ryan's Daughter Director
1979 Lost and Found: The Story of Cook's Anchor Director, guionista
1984 A Passage to India Director, guionista, montador

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alain Silver e James Ursini, David Lean and his Films, Silman-James, 1992.
  • Kevin Brownlow, David Lean, Faber & Faber, 1997.
  • Silverman, Stephen M., David Lean, Harry N. Abrams, 1989.
  • Santas, Constantine, The Epics Films of David Lean, Scarecrow Press, 2011
  • Turner, Adrian The Making of David Lean's Lawrence of Arabia (Dragon's World, Limpsfield UK, 1994)
  • Turner, Adrian Robert Bolt: Scenes from two lives (Hutchinson, London 1998)
  • Williams, Melanie, David Lean, (Manchester University Press, 2014)
  • Morris, L. Robert and Lawrence Raskin, Lawrence of Arabia: the 30th Anniversary Pictorial History, Anchor Books, Doubleday, 1992

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.