Galway

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gaillimh»)
Modelo:Xeografía políticaGalway
Galway (en)
Gaillimh (ga) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 53°16′22″N 9°02′30″O / 53.2729, -9.0418Coordenadas: 53°16′22″N 9°02′30″O / 53.2729, -9.0418
EstadoIrlanda
ProvinciasConnacht
CondadosCondado de Galway Editar o valor em Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Claddagh (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación83.456 (2022) Editar o valor em Wikidata (1.561,97 hab./km²)
Xeografía
Superficie53,43 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude25 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación1124 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
maio de 1652Siege of Galway (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano executivooffice of the Mayor of Galway (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativolegislative body of Galway City Council (en) Traducir Circunscrición: 3, (Escano: 18) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postalH91 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico091 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webgalwaycity.ie Editar o valor em Wikidata

Galway (en inglés) ou Gaillimh (en irlandés, ambas formas oficiais) é a capital do condado de Galway, en Irlanda. A cidade atópase na costa oeste da illa, no recanto noroccidental da baía de Galway (53.28°N 9.06°W). O río Corrib atravesa a cidade. Xuvenil e dinámica, é unha das cidades con máis crecemento económico da Unión Europea e resulta difícil precisa-lo seu número de habitantes (segundo datos de 2006 a cidade ten uns 71.893 habitantes), pois aumenta constantemente coa chegada de estudantes a calquera das súas dúas universidades, a National University of Ireland, Galway e a GMIT, así como de traballadores estranxeiros, en gran parte españois.

Historia Antiga[editar | editar a fonte]

Mapa de cidade amurallada de Galway (1651).

Con máis de oito séculos dende a súa fundación, Galway, en gaélico Gaillimh (de gall e am, "río rochoso"), debe o seu nome ó leito de pedras do Corrib, o río que a atravesa. Aínda que, se habemos de crer nas lendas, a orixe do topónimo se acharía na mitoloxía celta, segundo a cal Gailleamh, filla do rei Breasal, afogou preto dunha rocha no Corrib. Finalmente, unha corrente minoritaria de historiadores defende que o nome é unha derivación do termo latino Gallaeci (Galicia), terra coa que os devanceiros de Galway terían fluídas relacións dende tempos moi remotos.[Cómpre referencia]

Dende a súa fundación[editar | editar a fonte]

O nacemento da cidade tivo lugar no século XIII cando Richard de Burgo, un dos invasores anglonormandos, chegou a estas latitudes e tentou toma-lo castelo defendido polo clan local dos O'Flaherty (Ó Flaithbheartaigh). Tras dous anos de asedios, conseguiu o seu obxectivo. Dende 1232, acosada polas tribos irlandesas, a vila de Galway medrou amurallada e fiel ó trono inglés. Da man dos dirixentes normandos, unhas cantas familias monopolizaron os principais negocios. Esta foi a xénese das chamadas catorce tribos de Galway, apelativo que os soldados de Oliver Cromwell dedicarían séculos despois ós poderes fácticos da cidade. Nos albores do século XIV, a vila xa comezaba a se perfilar como un porto comercial no que os viños españois eran moi apreciados.

Imaxe do Río Corrib entre a catedral e os arcos españois (Spanish Arch)

Relación con España[editar | editar a fonte]

A cidade de Galway foi destino habitual de barcos españois nos séculos XV e XVI. O comercio do viño, a pesca do salmón, a loita contra o protestantismo e a común aversión a Inglaterra propiciaron unha gran cooperación. "Todo nesta cidade ten un aire a España." Cando o viaxeiro escocés Robert Graham visitou Galway en 1836, escribiu que a soberbia, que segundo el era típica da Península Ibérica, definía aos seus habitantes, e que nos rueiros podíase percibilo ambiente de dó e indolencia propio de latitudes máis meridionais. Aínda que as súas afirmacións pódense considerar hoxe algo desfasadas, é imposible negar que Galway aínda conserva a súa vocación de porto español (en gaélico- Ceann a'Bhalla) e o desexo de ser capital dos mares, albergue de estranxeiros e patria dos valentes.

Predecesor:
Italia Matera
Bulgaria Plovdiv

Capital Europea da cultura
xunto con Croacia Rijeka

2020
Sucesor:
Romanía Timișoara
Grecia Eleusis
Novi Sad

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]