Saltar ao contido

Alex Acker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlex Acker

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xaneiro de 1983 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Compton Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Pepperdine (pt) Traducir
Eisenhower High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura196 cm Editar o valor en Wikidata
Peso84 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2005 Editar o valor en Wikidata -
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoEscolta Editar o valor en Wikidata
Convocado porDetroit Pistons, 60º (2005) Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2002–2005 Pepperdine Waves men's basketball
2005–2006 Detroit Pistons
2006–2006 cesión:  Fayetteville Patriots
2006–2007 Olympiacos BC
2007–2008 FC Barcelona Bàsquet
2008–2009 Detroit Pistons
2009–2009 cesión:  Indiana Mad Ants
2009–2009 Los Angeles Clippers
2009–2010 Olimpia Milano
2010–2012 Le Mans Sarthe Basket
2012–2012 Asseco Prokom Gdynia
2013–2013 Boulazac Basket Dordogne
2013–2013 ASVEL Lyon-Villeurbanne
2013–2014 CSP Limoges
2014–2014 İstanbul Büyükşehir Belediyespor
2015–2015 ASVEL Lyon-Villeurbanne
2015–2016 S.S. Felice Scandone
2016–2017 Pallacanestro Cantù
2017–2018 Apollon Patras
2018–2018 ALM Évreux Basket
2020– Pallacanestro Gallaratese

Alex Maurice Acker, nado o 21 de xaneiro de 1983 en Compton (California) é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Con 1,96 metros e 84 kg xoga na posición de escolta.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Acker era alumno da Universidade de Pepperdine e foi elixido na segunda rolda do Draft da NBA no 2005 polos Detroit Pistons. Foi asignado á D-League para os Fayetteville Patriots o 27 de febreiro de 2006. Na tempada 2006-2007 fichou polo Olympiakos da Liga Grega, equipo co que acadou 16.5 puntos e 7.5 rebotes na Euroliga e 11 puntos e 3.5 rebotes na liga Helena.

En agosto de 2007 fichou polo AXA FC Barcelona, para ser o substituto de Juan Carlos Navarro. Pese a que realizou unha tempada bastante irregular, nos playoffs tivo grandes actuacións, especialmente ante o Iurbentia Bilbao. Non obstante, o feito dos seus problemas co xeonllo, así como a volta de Navarro a Barcelona, fixeron que o club azulgrana non executase a opción de renovación do seu contrato. [1]

A tempada 2008-09 volta á NBA asinando un contrato polos Detroit Pistons, equipo no que xa militara con anterioridade a súa "etapa" en Europa.[2]

A tempada seguinte, a mediados do mes de febreiro, os Pistons traspasan o xogador xunto a unha segunda elección na 2ª rolda do draft do 2011 a cambio dunha elección na 2ª rolda do draft do 2013 a Los Angeles Clippers, nun movemento no que Detroit pretendía situarse por debaixo do tope salarial para non ter que pagar o imposto de luxo.[3] En agosto de 2009 volta a Europa sendo contratado polo Olimpia Milano.

  1. Alex Acker e James Singleton, punto e final azulgrana
  2. "Detroit Pistons: aspirantes un ano máis?". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2009. Consultado o 06 de xullo de 2009.
  3. "Os Pistons traspasan a Alex Acker". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2009. Consultado o 06 de xullo de 2009.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]