Ersan İlyasova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ersan İlyasova
Axente libre
Posición Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 15 de maio de 1987 (36 anos)
Eskişehir
Nacionalidade Turquía Turquía
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 109 kg (260 lb)
Información da carreira
Pre-draft club Fenerbahçe
NBA Draft 2005 / Rolda: 2 / Elección: 36
Por Milwaukee Bucks
Carreira dende 2004
Historial de equipos
Ülkerspor (2004–2005) Turquía
Tulsa 66ers (2005–2006) NBDL
Milwaukee Bucks (2006–2007)
FC Barcelona (2007–2009) ACB
Milwaukee Bucks (2009–2015)
Anadolu Efes S.K. (2011) Turquía
Detroit Pistons (2015–2016)
Orlando Magic (2016)
Oklahoma City Thunder (2016)
Philadelphia 76ers (2016–2017)
Atlanta Hawks (2017–2018)
Philadelphia 76ers (2018)
Milwaukee Bucks (2018–2020)
Utah Jazz (2021)

Ersan İlyasova, nado o 15 de maio de 1987 en Eskişehir, é un xogador profesional turco de baloncesto. Con 2,08 m xoga na posición de ala-pivote.

Carreira[editar | editar a fonte]

Europa[editar | editar a fonte]

İlyasova empezou xogando ao baloncesto no Fenerbahçe Ülker de Turquía, equipo que o cedeu na 2003-04 ao Yesilyurt Istanbul, da 2ª división turca. Durante a tempada 2004-05 debutou co Ülke con quen gañou a Copa. Fixo 3,9 puntos e 3,5 rebotes por partido, participando co equipo na Euroliga. Foi membro da selección turca cadete e júnior. En xullo de 2006 logrou a medalla de prata no Europeo sub-20 de Esmirna, onde se alzou co MVP. En 2003 tamén logrou idéntica medalla pero cos cadetes. Naquela competición tivo de media 20.5 puntos, 10 rebotes e 3.3 roubos.

NBA[editar | editar a fonte]

İlyasova co FC Barcelona.

Foi elixido por Milwaukee Bucks en segunda rolda (posto 36) do draft de 2005 e asinou un contrato de dous anos o 23 de agosto de 2005. Durante a 2005-06 foi enviado aos Tulsa 66ers da NBDL, polo que non xogou ningún partido na NBA. As súas medias foron de 12.5 puntos e 7 rebotes.

Na tempada 2006-07, e debido á praga de lesións que arrasou aos Bucks (especialmente Bobby Simmons, Charlie Villanueva e Michael Redd), contou con oportunidades para demostrar a súa valía, e así o fixo. Asinou a súa mellor actuación o 17 de xaneiro de 2007 ante Chicago Bulls con 22 puntos e 9 rebotes, logrando o seu tope en ambas categorías. Durante ese mes de xaneiro, as súas medias disparáronse a 9,5 puntos e 4,7 rebotes. En marzo fixo 6,8 puntos e en abril 7,8 puntos e 3,4 rebotes. Os seus números ao finalizar a súa tempada como novato na liga foron de 6,1 puntos e 2,9 rebotes.

Trátase dun dos xogadores aos que se lle presupón maior proxección dentro da liga. Con 19 anos contou con minutos na súa primeira tempada en Milwaukee Bucks. Durante a segunda metade da tempada fixo en moitas ocasións as veces de 6º home. Ten un físico privilexiado que lle permite ser versátil, xogar tanto por fóra como por dentro, onde non adoita facelo. A súa especialidade radica no tiro exterior e, a pesar da súa altura, gústalle xogar moito máis por fóra, onde aproveita mellor as súas calidades.

En 2007 asina un contrato por dous anos polo AXA Barcelona da Liga ACB,[1] regresando en xullo de 2009 ao equipo de Wisconsin co que asinou por tres tempadas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]