Marcin Gortat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marcin Gortat
Goratmwa.jpg
Washington Wizards – No. 4
Pivote
Información persoal
Nacemento 17 de febreiro de 1984 (30 anos)
Flag of Lodzkie.svg Łódź
Nacionalidade Polonia Polonia
Altura 2,11 m (7 ft 0 in)
Peso 109 kg (240 lb)
Información da carreira
Pre-draft club Köln 99ers
NBA Draft 2005 / Rolda: 2 / Elección: 57

Escollido por Phoenix Suns

Carreira dende 2003
Historial de equipos
ŁKS Łódź (2002–2003) Polonia
Köln 99ers (2003–2007) BBL
Orlando Magic (2007–2010)
→Anaheim Arsenal (2007) NBDL
Phoenix Suns (2010–2013)
Washington Wizards (2013–presente)
Información en nba.com

Marcin Janusz Gortat, nado o 17 de febreiro de 1984 en Łódź, é un xogador profesional de baloncesto polaco que dende 2007 pertence ao cadro de xogadores dos Washington Wizards da National Basketball Association (NBA). Mide 2,13 metros e xoga na posición de pivote.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Europa[editar | editar a fonte]

Tras xogar no equipo da súa cidade en Polonia, en 2003 fichou polo equipo alemán do RheinEnergie Köln. Na súa última tempada tivo unha media de 10,4 puntos, 5,6 rebotes e 1,1 tapóns por partido na Euroliga.[1]

NBA[editar | editar a fonte]

Foi elixido no posto 57 do Draft da NBA de 2005 por Phoenix Suns, que traspasou os seus dereitos a Orlando Magic, equipo co que disputou o tres últimas edicións da súa liga de verán, regresando sempre a Alemaña. Por fin en 2007 os Magic fixéronse co xogador para a tempada 2007-08.[1]

O 25 de outubro de 2013, Gortat foi traspasado, xunto a Shannon Brown, Malcolm Lee e Kendall Marshall ós Washington Wizards, a cambio de Emeka Okafor e unha elección protexida de primeira rolda do Draft de 2014.[2] Dos 4 xogadores que traspasaron os Suns, tan só Gortat quedouse no equipo para xogar durante a tempada 2013-14, os outros tres foron cortados.

Equipos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Marcin Gortat arranxou condicións e xogará no Magic de Orlando
  2. "Wizards Acquire Gortat From Suns". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc.. 25 de outubro de 2013. http://www.nba.com/wizards/wizards-acquire-gortat-suns. Consultado o 25 de outubro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]