Epítome

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Epítome (do grego ἐπιτομή epitomé) é o resumo ou sumario dunha obra extensa, que describe o máis fundamental. A importancia dos epítomes para a historiografía actual radica en que en moitas ocasións permiten coñecer un esbozo do contido de obras perdidas.

O primeiro epítome do que se teña rexistro foi realizado no século IV adC polo historiador Teopompo de Quíos, e resumía as Historias de Heródoto. Entre outros epítomes famosos, atópase o das Historias Filípicas de Pompeio Trogo, obra do historiador romano Xustino; e o chamado Miriobilion ou Biblioteca de Focio, colección de epítomes.

Para o coñecemento da Historia do antigo Exipto foron de gran importancia os epítomes da Aegyptiaka, obra de Manetón perdida desgraciadamente, pero parcialmente copiada nos textos de Flavio Giuseppe, Sexto Xulio Africano, Eusebio de Cesarea, e o monxe Sincelo, orixe da división en dinastías da Historia faraónica. Durante séculos estes epítomes, xunto aos relatos de Heródoto e outros autores gregos, foron as únicas fontes de información do mundo exipcio. Grazas a Jean-François Champollion volveuse a poder ler a escritura xeroglífica, e redescubrir nos textos orixinais dos seus papiros e baixorrelevos a verdadeira historia da súa orixinal cultura.