Feng Youlan
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de decembro do 1895 Condado de Tanghe, provincia de Henan (Dinastía Qing) |
Morte | 26 de novembro do 1990 (94 anos) Beijing, República Popular da China |
President of Tsinghua University (en) | |
decembro de 1948 – maio de 1949 ← Mei Yiqi (en) – Ye Qisun (en) → | |
Membro do Comité Nacional da Conferencia Consultiva Política do Pobo Chinés | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Chinesa |
Relixión | Confucianismo |
Educación | Universidade de Beijing Universidade de Columbia |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Lugar de traballo | República Popular da China |
Ocupación | Filósofo |
Período de actividade | Século XX |
Empregador | Universidade de Pensilvania Universidade do Havaí (pt) Universidade Tsinghua |
Partido político | Kuomintang |
Membro de | |
Lingua | Chinés |
Obra | |
Obras destacables | |
Arquivos en | |
Familia | |
Fillos | Zong Pu (en) |
Pai | Feng Taiyi (en) |
Irmáns | Feng Yuanjun (en) e Feng Jinglan (pt) |
Premios
| |
Feng Youlan (chinés tradicional: 馮友蘭; chinés simplificado: 冯友兰; pinyin: Féng Yǒulán; Wade-Giles: Feng2 Yu3-lan2), nado o 4 de decembro de 1895 e finado o 26 de novembro de 1990, foi un filósofo, historiador e escritor chinés, coñecido por contribuír á divulgación da filosofía chinesa en Europa e os Estados Unidos durante o século XX.[1][2] A súa obra máis coñecida é Zhongguo zhexue jianshi ("Unha breve historia da filosofía chinesa", 1948), traducida ao inglés por Derk Bodde.[3][4][5]
Biografía
[editar | editar a fonte]Primeiros anos, estudos e docencia
[editar | editar a fonte]Feng Youlan naceu en Tanghe, na provincia de Henan, durante os derradeiros anos da dinastía Qing (1644-1912), nunha familia podente.[6][7] A súa irmá máis nova, Feng Yuanjun, chegaría a ser unha escritora de moita sona.[8] Estudou filosofía no Instituto Público Chinés de Shanghai, entre os anos 1912 e 1915, para logo entrar na Universidade de Chunghua, na cidade de Wuhan, e na Universidade de Pequín.[7] Alí, estudou tanto filosofía chinesa coma lóxica e filosofía occidental, entrando en contacto coa obra de autores coma o francés Henri Bergson (1859-1941) ou o británico John McTaggart (1866—1925).[7] Foi en Pequín onde coñeceu aos filósofos Hu Shi (1891-1962), crítico do confucianismo, e Liang Shuming (1893-1988), un dos promotores do chamado Novo Confucianismo.[7]
Tras graduarse en 1918, viaxou aos Estados Unidos para estudar na Universidade de Columbia, como parte do programa de bolsas para a indemnización dos bóxer.[7] Durante estes anos, foi alumno do filósofo pragmatista John Dewey (1859-1952), que tería unha considerable influencia no seu pensamento.[9][7] Doutorouse pola Universidade de Columbia en 1923, cunha tese titulada A Comparison of Life Ideals ("Unha comparación entre ideais de vida").[9]
Feng volveu á China para impartir docencia nas universidades de Jinan e Yenching. Entre 1934 e 1938 (e, posteriormente, entre 1946 e 1949) foi catedrático de Filosofía na Universidade de Tsinghua.[10] Durante este período, Feng publicou a súa obra máis importante, Zhongguo zhexueshi ("Historia da filosofía chinesa", 1934). Nela, presenta e examina a historia do pensamento chinés dende unha perspectiva moi influenciada pola filosofía occidental do seu tempo, especialmente o positivismo. O libro chegou a ser un manual estándar dentro da disciplina dos Estudos Chineses.
Período de guerra
[editar | editar a fonte]No 1935, visitou a Unión Soviética de camiño a unha conferencia en Praga. Feng ficou impresionado polos radicais cambios sociais e culturais do país. Os seus discursos sobre as posibilidades utópicas dos comunismo, pero tamén sobre os seus defectos, alarmaron á policía do réxime de Chiang Kai-shek. En consecuencia, foi arrestado e pasou un breve tempo na cadea. Máis tarde, manifestaría o seu apoio ao goberno durante a resistencia contra o Xapón. Nos anos da segunda guerra sino-xaponesa, publicou varios artigos defendendo o movemento Vida Nova, que buscaba revitalizar os valores confucianos.[11]
No 1939, Feng propuxo o seu Xin Lixue 新理學 ("Neoracionalismo"). A Lixue foi unha posición filosófica dentro do neoconfucianismo do século XII, propugnada por autores coma Cheng Yi ou Zhu Xi. Feng tomou nocións metafísicas desta escola e do daoísmo, tales coma li 理 ou dao 道, mesturandoas coas ferramentas intelectuais do pensamento occidental. Entre as súas aportacións, atópase unha teoría da natureza e do desenvolvemento da moral.
Regreso á China
[editar | editar a fonte]Tras o remate da guerra co Xapón, os estudantes e docentes desplazados volveron ás súas universidades de orixe. Porén, no canto de regresar a Beijing, Feng aceptou un posto de profesor visitante na Universidade de Pennsylvania. Despois, entre o 1948 e o 1949, traballaría na Universidade de Hawai'i. Os seus amigos, ante as noticias da vitoria comunista, intentaron convencelo para quedar nos Estados Unidos. Porén, Feng decidiu volver á China. Alí, comezaría a estudar o pensamento marxista-leninista. Na década dos cincuenta, os seus traballos foron repudiados polas autoridades maoístas, que o forzaron a condenalas publicamente. Durante a Revolución Cultural, tivo que reescribir varias das súas obras para encaixalas coa ideoloxía da época.
Falecemento
[editar | editar a fonte]A pesar de todo, Feng permaneceu na China. Tras o pasamento de Mao, volveu a escribir cun certo grao de liberdade. Faleceu o 26 de novembro do 1990 en Beijing.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Feng, Y. (1987). Breve historia de la filosofía china. Fondo de Cultura Económica. ISBN 9789681626969[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Feng Youlan - Neo-Confucianism, Neo-Daoism & Idealism - Britannica". www.britannica.com (en inglés). 2023-11-30. Consultado o 2023-12-03.
- ↑ "Feng Youlan (Fung Yu-lan) - Internet Encyclopedia of Philosophy" (en inglés). Consultado o 2023-12-03.
- ↑ https://www.youlinmagazine.com, Youlin Magazine. "Feng Youlan: A Great Modern Chinese Philosopher - Su Xin - Youlin Magazine". www.youlinmagazine.com (en inglés). Consultado o 2023-12-03.
- ↑ Rickett, W. Allyn (2003). "In Memoriam: Derk Bodde (1909-2003), President of the Society, 1968-69". Journal of the American Oriental Society 123 (4): 711–713. JSTOR https://www.jstor.org/stable/3589964.
- ↑ Feng, Youlan (1989). Breve historia de la filosofía china (en castelán). Editorial en Lenguas Extranjeras.
- ↑ "Feng Youlan - Neo-Confucianism, Neo-Daoism & Idealism - Britannica". www.britannica.com (en inglés). 2023-11-30. Consultado o 2023-12-03.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 "Feng Youlan (Fung Yu-lan) - Internet Encyclopedia of Philosophy" (en inglés). Consultado o 2023-12-03.
- ↑ "FENG YUANJUN (1900—1974) - The Dictionary". recap.study. Consultado o 2023-12-03.
- ↑ 9,0 9,1 "Feng Youlan (Fung Yu-lan) - Internet Encyclopedia of Philosophy" (en inglés). Consultado o 2023-12-03.
- ↑ "Feng Youlan (Fung Yu-lan) - Internet Encyclopedia of Philosophy" (en inglés). Consultado o 2023-12-03.
- ↑ "Feng Youlan (Fung Yu-lan) - Internet Encyclopedia of Philosophy" (en inglés). Consultado o 2023-12-03.
- ↑ "Breve historia de la filosofía china - WorldCat.org". search.worldcat.org (en inglés). Consultado o 2023-12-18.