Saltar ao contido

Henan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaHenan
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 33°54′N 113°30′L / 33.9, 113.5
EstadoRepública Popular da China Editar o valor en Wikidata
CapitalZhengzhou - 郑州 (1954–) Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación94.130.000 (2013) Editar o valor en Wikidata (563,65 hab./km²)
Lingua usadaJin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie167.000 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoLaoyachan'ao (en) Traducir (2.414 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1949 Editar o valor en Wikidata
Organización política
 Xefe do gobernoWang Kai (en) Traducir (2021–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoCongresso Popular Provincial de Henã (pt) Traducir , Editar o valor en Wikidata
PIB nominal5.499.710.000.000 ¥ (2020) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2CN-HA e CN-41 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Prefectura de Mie (1986–)
Manitoba (1994–)
Newcastle upon Tyne (2008–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webhenan.gov.cn Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4795706

Henan (en chinés: 河南; pinyin: Hénán) é unha provincia da República Popular da China, localizada no centro do país. É o berce da civilización chinesa con 3 000 anos de historia rexistrada, e permaneceu como centro cultural, político e económico ata hai aproximadamente mil anos. Entre os seus tesouros artísticos salientan as ruínas da capital da dinastía Shang, Yin Xu, e o mosteiro Shaolin. Catro das oito capitais históricas chinesas están en Henan: Luoyang, Anyang, Kaifeng e Zhengzhou.

Cunha superficie de 167 000 km2, Henan cobre unha gran parte da fértil e densamente poboada chaira do norte da China. As provincias veciñas son Shanxi, Shaanxi, Shandong, Hebei, Anhui e Hubei. Henan é a terceira provincia por poboación, con 94 millóns de habitantes e mais é a quinta economía provincial e a primeira das provincias do interior, aínda así o seu PIB é baixo comparado con outras provincias orientais e centrais, e Henan está considerada unha das zonas menos desenvolvidas da China, cunha industria tecnolóxica e un sector servizos escasamente desenvolvidos e concentrados arredor de Zhengzhou e Luoyang, cunha economía dependente do aluminio e do carbón, así como da agricultura, a industria pesada, o turismo e o comercio polo miúdo.