Anatoli Boukreev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Anatoli Boukreev
Anatoli Bukrejev Kasahstani alpinist 1991.jpg
Nacemento16 de xaneiro de 1958
 Korkino
Falecemento25 de decembro de 1997
 Annapurna
NacionalidadeUnión Soviética e Casaquistán
Alma máterChelyabinsk State University
Ocupaciónexplorador, guia de alta montanha e escritor
PremiosOrder "For Personal Courage", Mestre Honorário de Desportos da União Soviética, medalla á coraxe, Master of Sport of the USSR, International Class e Leopardo das neves
editar datos en Wikidata ]

Anatoli Boukreev, nado en Korkino o 16 de xaneiro de 1958 e finado no Annapurna o 25 de decembro de 1997, foi un montañeiro de orixe rusa e nacionalidade casaca. Fixo cumio sen axuda de osíxeno suplementario en sete dos catorce cumios de máis de oito mil metros de altitude.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Boukreev formou parte como guía dunha das expedicións comerciais que no mes de maio de 1996 chegaron ó mais alto do monte Everest e que remataría en traxedia[1] por mor do cambio nas condicións meteorolóxicas, o elevado numero de escaladores na montaña e diferentes problemas loxísticos. Estes feitos foron recollidos en varios libros como o que o propio escalador escribiría coa axuda de G. Weston De Walt titulado The Climb[2], ou o do escritor norteamericano Jon Krackauer, Into The Thin Air[3]. Ademais dos libros existen varios documentais e reportaxes sobre estes feitos e inclusive unha película Everest[4] (2015) dirixida polo cineasta islandés Baltasar Kormákur e na que o actor Ingvar Eggert Sigurðsson da vida a Boukreev.

O 25 de decembro de 1997 Anatoli Boukreev viuse sorprendido por un alude mentres trataba de completar unha ascensión invernal o Annapurna acompañado polo seu compatriota Dimitri Sobolev e o italiano Simone Moro, que foi o único supervivente e non puido facer nada por auxiliar ós seus compañeiros. O seu corpo nunca foi recuperado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La gran tragedia del Everest, 10 de mayo de 1996. Desnivel". desnivel.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2016. Consultado o 2016-08-27. 
  2. "Breathless". www.nytimes.com. Consultado o 2016-08-27. 
  3. "Jon Krakauer - Into Thin Air - Trade Paperback". www.jonkrakauer.com. Consultado o 2016-08-27. 
  4. "Everest (2015)". Consultado o 2016-08-27.