Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O alfabeto tibetano é un alfasilabario empregado para escribir as linguas tibéticas como a lingua tibetana, así como o dzongkha, o sikkimese, o ladakhi, e ás veces, o balti. A forma impresa do alfabeto é chamada escrita uchen mentres que a forma escrita a man e cursiva é chamada escrita umê.
O alfabeto está moi vencellado á identidade étnica tibetana, e emprégase no Tíbet, en Bután, na India e no Nepal.[1] O alfabeto tibetano é de orixe india e é o pai do alfabeto limbu e do alfabeto lepcha,[2] e tamén do multilingüe Alfabeto de 'Phags-pa.[2]
- ↑ Chamberlain 2008
- ↑ 2,0 2,1 Daniels, Peter T. and William Bright. The World’s Writing Systems. New York: Oxford University Press, 1996.