Xosé Fernández Lago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Fernández Lago
Nacemento12 de outubro de 1944
 Vilagarcía de Arousa
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Xosé Fernández Lago, nado en o 12 de outubro de 1944 en Carril, é un teólogo e tradutor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Seminario Maior de Santiago de Compostela a comezos da década dos sesenta, e ordenouse sacerdote católico na cidade compostelá en 1967. Posteriormente marchou estudar a Roma, onde se licenciou en Sagrada Escritura polo Pontificio Instituto Bíblico, e onde se doutorou en Teoloxía pola Pontificia Universidade Gregoriana.

Regresou posteriormente a Santiago, onde foi profesor do seminario, vicerreitor nel, cóengo na Catedral e capelán do mosteiro de San Paio de Antealtares. Como docente, impartiu clases de Novo Testamento no Instituto Teolóxico compostelán.

Como tradutor, foi un dos líderes do proxecto de traslado da Biblia ao galego publicado en 1989, onde os autores partiron directamente das fontes gregas e arameas.

Obra[editar | editar a fonte]