Eurorrexión
| Eurorrexión | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||

Unha eurorrexión é unha estrutura administrativa de cooperación transfronteiriza entre dous ou varios territorios de diferentes Estados europeos.
En xeral, as eurorrexións non corresponden a instituciós gobernamentais ou rexionais, non teñen poder político, e as súas competencias limítanse ás súas propias estruturas. O seu obxectivo é o de promover os intereses comúns transfroiterizos. Un exemplo delas é a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.[1][2]
En 2007, o Consello de Europa relacionou máis de 90 eurorrexións de diferentes naturezas.[3]
Criterios para a constitución dunha eurorrexión
[editar | editar a fonte]A Asociación das rexións fronteirizas europeas, que agrupa a numerosas eurorrexións, dá os seguintes criterios para a identificación das eurorrexiós:
- unha asociación de colectividaes territoriais dun lado ou outro dunha fronteira nacional;
- unha asociación transfronteiriza dotada dun secretariado permanente, de equipos técnicos e administrativos e dun orzamento propio;
- un organismo de dereito privado, fundamentado en asociacións con fins non lucrativos ou fundacións dun lado ou outro da fronteira, de acordo coas xurisdicións nacionais en vigor;
- un organismo de dereito público, baseado en acordos interestatais, que se ocupe, entre outras funcións, da participación das colectividades territoriais.
A eurorrexións varían na súa forma e a súa natureza. Polo tanto non é posíbel asocialas a un cadro xuridico preciso.
As eurorrexións de Europa
[editar | editar a fonte]Esta é unha lista de eurorrexións. Obsérvese que as rexións normalmente teñen diferentes nomes (locais) en cada país participante. As eurorexións están listadas en orde alfabético dos nomes correspondentes en galego (suprimindo a palabra Eurorrexión). Tamén se listan os países participantes e o ano en que se fundou a eurorrexión. (O ano refírese case sempre á fundación da Comité ou Comunidade de Traballo de Cooperación Transfronteiriza (CTCT); no caso da de Galicia-Norte de Portugal, o ano é o da fundación da eurorrexión).
| Nome en galego da eurorrexión Outros nomes locais da eurorrexión |
Países participantes |
Fundada |
|---|---|---|
| ARKO (Arvika/Kongsvinger) |
1978 | |
| Báltica Euroregion Baltija Euroregion Bałtyk |
1998 | |
| Barents Consello Euro-Ártico Barentsrådet |
1993 | |
| Belásica | 2003 | |
| "BENEGO" (Belgisch-Nederlands Grensoverleg = Consulado fronteirizo Belga-Neerlandés) | 1980 | |
| Benelux-Middengebied | 1948 | |
| Beskidy Euroregion Beskidy Euroregión Beskidy |
2000 | |
| Bosque de Białowieza Euroregion Puszcza Bialowieska |
2002 | |
| Bornholm e Escania Sudoeste | 1980 | |
| BUG | 1995 | |
| Canal da Mancha Kent & Nord Pas-de-Calais/Belgium Region Transmanche Cross-English Channel euroregion |
1991 | |
| Calotte Norte Nordkalottrådet Pohjoiskalotin neuvosto |
1971 | |
| Carelia | 2000 | |
| Cárpatos Karpacki Euroregion Karpatský euroregión |
1993 | |
| Cárpatos Brancos Euroregion Bílé Karpaty Euroregión Biele Karpaty |
2000 | |
| Cieszyn Silesia Euroregion Tešínské Slezsko Euroregion Śląsk Cieszynski |
1998 | |
| Danubio | 1992 | |
| Danubio-Kris-Mures-Tisza Dunare - Cris - Mures - Tisa euroregion Euroregion DUNARE-MURES-TISA |
1997 | |
| Dobrava | 2001 | |
| East Sussex/Seine-Maritime/Somme East Sussex/Seine-Maritime/Somme euroregion Rives-Manche Region |
1993 | |
| Egrensis EuroRegio Egrensis |
1993 | |
| Elba/Labe EURORegion Elbe-Labe |
1992 | |
| Ems-Dollart Ems-Dollart Region Eems-Dollard Regio |
1977 | |
| Espazo Atlántico Espace Atlantique euroregion Atlantic Area Espaço Atlantico |
1999? | |
| Estuario do Escalda Conseil de l'Estuaire de l'Escaut |
1989 | |
| Galicia-Norte de Portugal Euroregião Galiza-Norte de Portugal Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal |
2008 | |
| Glacensis Euroregion Pomezí Čech, Moravy a Kladska |
1996 | |
| Gronau Euregion Gronau |
1958 | |
| Helsinqui-Tallinn euregio | 1999 | |
| Inn-Salzach Inn-Salzach EuRegio |
1994 | |
| Inntal | 1998 | |
| Insubrica Regio Insubrica |
1995 | |
| Lago Constanza Internationale Bodenseekonferenz |
1997 | |
| Kvarken Interreg Kvarken-MittSkandia Interreg Kvarken –MidtSkandia Interreg Merenkurkku-MittSkandia |
1972 | |
| Mesta-Nestos | 1997 | |
| Montañas Ore Euroregion Krušnohoří Euroregion Erzgebirge |
1992 | |
| Mosa-Rin Euregio Maas-Rhein Euregio Maas-Rijn Eurégion Meuse-Rhin |
1976 | |
| Neisse Euroregion Neisse-Nisa-Nysa Nysa, Nisa, Neisse Euroregion |
1991 | |
| Nieman Niemen (Nieman) Euroregion Euroregion Nemunas |
1997 | |
| Nueva Retia Nova Raetia |
? | |
| Østfold-Bahusia/Dalia Østfold-Bohuslän/Dalsland Border Committee |
1980 | |
| Panonia Transdanubio Occidental | 1998 | |
| Pireneos Mediterráneo Eurorrexión Pireneos Mediterráneo Eurorégion Pyrénées-Méditerranée |
1998 | |
| Pomerania EURegio Pomerania |
1995 | |
| Pomoraví - Záhorie - Weinviertel | 1999 | |
| Praded Euroregion Praděd Euroregion Pradziad |
1998 | |
| Viadrina | 1993 | |
| Rin-Waal Euregio Rhein-Waal Euregio Rijn-Waal |
1973 | |
| Rin-Mosa-Norte Euregio Rhein-Maas-Nord Euregio Rijn-Maas-Noord |
1978 | |
| Saaristo / Skärgården Interreg Saaristo Interreg Skärgården |
1978 | |
| Salzburgo-Berchtesgadener-Traunstein | 1993 | |
| Sar-Lor-Luxemburgo-Rin | 1995 | |
| Selva Bávara - Selva Bohemia / Šumava euroregion Euroregio Bayerischer Wald-Böhmerwald/Sumava Euroregion Šumava-Bavorský les | 1994 | |
| Silesia | 1998 | |
| Silva Nortica Euroregion Silva Nortica / Jihočeská Silva Nortica |
2002 | |
| Spree-Neisse-Bober Sprewa-Nysa-Bóbr Euroregion |
1992 | |
| Sudoeste | ? | |
| Tatras Euroregion Tatry Euroregión Tatry |
1994 | |
| Tirol-Tirol do Sur-Trentino Euroregion Tirol-Südtirol/Alto Adige-Trentino |
1998 | |
| TriRhena Regio TriRhena |
1995 | |
| Val do Río Tornio The Tornedalen Council Tornedalsrådet Tornionlaakson Neuvosto |
1987 | |
| Vía Salina Ausserfern e Kleinwalsertal/Bregenzerwald Euregio |
1997 | |
| Zugspitze-Wetterstein-Karwende | 1998 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sitio da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal Arquivado 08 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. [(en galego), (en castelán) Consultada o 12/1/2012.
- ↑ Euroregião Norte de Portugal-Galiza Arquivado 19 de xullo de 2012 en Wayback Machine. (en portugués) Consultada o 12/1/2012.
- ↑ Géoconfluences. Territoires européens : régions, États, Union (en francés) Consultada o 12/1/2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio da ARFE (Asociación das rexións fronteirizas europeas)Arquivado 18 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. (en alemán), (en francés), (en inglés) Consultada o 13/1/3012.