Estado do Tirol
| Tirol (de) | |||||
| Himno | Zu Mantua in Ban | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Epónimo | Condado Principesco do Tirol (pt) | ||||
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Austria | ||||
| Capital | Innsbruck | ||||
| Contén a división administrativa | Imst (pt) Innsbruck Innsbruck-Land (pt) Kitzbühel (pt) Kufstein (pt) Landeck (pt) Lienz (pt) Reutte (distrito) (pt) Schwaz (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 777.660 (2025) | ||||
| Lingua usada | lingua alemá | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 12.648,38 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Governor of Tyrol (en) | Anton Mattle (2022–) | ||||
| Órgano lexislativo | Landtag of Tyrol (en) | ||||
| Membro de | Alianza Climática (1993–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | AT-7 | ||||
| Código NUTS | AT33 | ||||
| Sitio web | tirol.gv.at | ||||
O Tirol é o nome dunha rexión montañosa que cobre as áreas de Austria e Italia. Hoxe en día coñécese como Tirol a un Estado de Austria occidental. A súa capital é Innsbruck; unha faixa de 10–20 km de Salzburgo separa a unha parte do Tirol, situada no sueste, como resultado da perda da parte sur da rexión (Trentino-Tirol Meridional).
Os 12.648 km² fan do Tirol o terceiro Estado en área; con 771.304 habitantes (2023), é o quinto estado en poboación do país. O estado fai fronteira coa Baviera alemá ao norte e o Trentino-Tirol Meridional (provincia de Bolzano) en Italia ao sur; no oeste está o Vorarlberg. O Tirol Oriental fai fronteira con Italia e Carintia.
O Trentino Tirol Meridional sempre pertenceu a Austria, pero na primeira guerra mundial Italia tomouno como parte do seu territorio. Neste territorio aínda hoxe a maioría da poboación é austríaca e fala alemán, as escolas ensinan o alemán, e a cultura predominante é a xermánica.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Estado do Tirol |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
