Guillerme III dos Países Baixos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non confundir con Guillerme III de Orange-Nassau.
Infotaula de personaGuillerme III dos Países Baixos

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(nl) Willem III Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1817 Editar o valor em Wikidata
Palace of the Nation, Bélxica (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte23 de novembro de 1890 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Het Loo, Países Baixos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaIgrexa nova de Delft Editar o valor em Wikidata
Monarquia do Luxemburgo (pt) Traducir
17 de marzo de 1849 – 23 de novembro de 1890
← Guillerme II dos Países BaixosAdolfo de Luxemburgo (pt) Traducir →
King of the Netherlands (en) Traducir
17 de marzo de 1849 – 23 de novembro de 1890
← Guillerme II dos Países BaixosGuillermina I de Holanda → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino dos Países Baixos Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgreja Reformada Neerlandesa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , xuíz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: 1861 Editar o valor em Wikidata)
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloPríncipe de Orange (1840–1849)
King-Grand Duke (en) Traducir
Prince of the Netherlands (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Orange-Nassau Editar o valor em Wikidata
CónxuxeEma de Waldeck e Pyrmont (1879–valor descoñecido)
Sofia de Württemberg (1839–valor descoñecido)
FillosPríncipe Guilherme dos Países Baixos (pt) Traducir
 () Sofia de Württemberg (pt) Traducir
Maurits van Oranje-Nassau
 () Sofia de Württemberg (pt) Traducir
Alexandre, Príncipe de Orange (pt) Traducir
 () Sofia de Württemberg (pt) Traducir
Guillermina I de Holanda
 () Ema de Waldeck e Pyrmont (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisGuillerme II dos Países Baixos Editar o valor em Wikidata  e Ana Pavlovna da Rússia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAlexander van Oranje-Nassau, Ernest Casimir dos Países Baixos (pt) Traducir, Hendrik van Oranje-Nassau e Sofia dos Países Baixos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Oranje-Nassau-8 Find a Grave: 10297 Editar o valor em Wikidata

Guillerme III dos Países Baixos (orixinariamente en neerlandés: Willem Alexander Paul Frederik Lodewijk van Oranje-Nassau), nado na cidade belga de Bruxelas o 17 de febreiro de 1817 e finado na vila holandesa de Apeldoorn o 23 de novembro de 1890, foi príncipe de Orange, gran duque de Luxemburgo e terceiro rei dos Países Baixos.[1]

Xenealoxía e familia[editar | editar a fonte]

Xenealoxía[editar | editar a fonte]

Guillerme III e a raína Emma

Guillerme era fillo do rei Guillerme II dos Países Baixos e da súa Ana Pavlovna de Rusia, filla do tsar Paulo I e da emperatriz María Fedorovna (Sofía Dorotea de Württemberg).[2]

Casou coa súa curmá Sofía de Wurtemberg, filla do rei de Württemberg Guillerme I e da gran duquesa Catarina Pavlovna de Rusia en 1839.

Ao enviuvar en 1877, dous anos máis tarde casou en segundas nupcias coa princesa Emma, do pequeno principado alemán de Waldeck-Pyrmont.

Dos catro fillos de Guillerme III, só tres sobreviviron ata a idade adulta. Dous eran fillos do seu primeiro matrimonio coa raíña Sofía, e a filla era do seu matrimonio coa raíña Emma.

Vida familiar[editar | editar a fonte]

O seu primeiro matrimonio foi infeliz e caracterizouse polas liortas entre os cónxuxes e entre os seus fillos. Sofía era unha muller liberal e intelectual, que odiaba a rixidez e á que lle desagradaba o ambiente militar. No entanto, Guillerme era un home sinxelo, conservador, fora educado no exército e gustáballe a vida militar. Como resultado destas disputas familiares chegou a prohibir o exercicio intelectual na súa casa, polo cal a raíña Vitoria do Reino Unido, que mantiña correspondencia coa raíña Sofía, chamoulle “pailán maleducado”. Por outra banda, as súas aventuras extramatrimoniais levaron o The New York Times a considerar o rei holandés como "o monarca máis decadente da época". Outra causa de tensións no seu matrimonio era o seu carácter caprichoso: podía enfadarse até o límite con alguén un día, e mostrarse extremadamente educado o seguinte.[3]

Os funerais de Guillerme III en 1890

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O príncipe Guillerme[editar | editar a fonte]

Guillerme rexeitaba os cambios constitucionais iniciados en 1848 polo seu pai e o seu primeiro ministro. Guillerme II e a súa nora Sofía consideraban que eses cambios eran necesarios para salvar a monarquía a longo prazo. No entanto, o príncipe Guillerme considerábaos limitacións inútiles do poder real e desexaba gobernar como o seu avó, Guillerme I.

Ante a perspectiva de gobernar un reino constitucional, tratou de cederlle os seus dereitos ao trono ao seu irmán máis novo, o Príncipe Henrique, pero a súa nai convenceuno de que non o fixese. Un ano despois, en 1849, Guillerme convertíase en rei dos Países Baixos á morte do seu pai.[4]

Rei dos Países Baixos[editar | editar a fonte]

En reiteradas ocasións, o xa rei Guillerme III considerou a posibilidade de abdicar o trono cando o seu fillo máis vello cumprise dezaoito anos, o que ocorreu en 1858, pero finalmente decidiu continuar no cargo. O seu primeiro acto de goberno foi a inauguración do gabinete parlamentario do primeiro ministro Thorbecke, o arquitecto liberal da constitución holandesa de 1848, que o monarca detestaba.

Moeda de ouro de 20 floríns de 1850 co busto de Guillerme III

Cando a xerarquía católica foi restaurada nos Países Baixos en 1853, Guillerme III aproveitou a oportunidade para disolver o Goberno de Thorbecke. Nas dúas décadas seguintes do seu reinado disolveu o Parlamento holandés en varias ocasións, creando gabinetes reais que gobernaron brevemente ao non contar co apoio do parlamento electo.

En 1867 intentou vender o Gran Ducado de Luxemburgo a Napoleón III, pero a súa proposta case provocou o estoupido dunha guerra entre Francia e Prusia, e a impopularidade da decisión finalmente terminaría provocando que se convertese nun Estado independente.[5]

Malia os seus periódicos enfrontamentos cos parlamentarios, o rei Guillerme III gozaba de gran popularidade entre os holandeses, amosando unha actitude moi cordial e aberta co pobo.

Coa morte en 1877 da raíña Sofía, as tensións matrimoniais remataron e as da súa corte diminuíroron. Algúns políticos holandeses opuxéronse á súa voda en segundas nupcias con Emma de Waldeck-Pyrmont dous anos despois, porque a nova raíña era 41 anos máis nova el. Con todo, Emma demostrou ser unha muller cordial e comprensiva e, finalmente, as tensións entre o parlamento (que debía dar a súa aprobación ao enlace) e o rei finalizaron e a parella puido casar. Non fora a súa primeira elección, anteriormente o rei Guillerme fora rexeitado pola princesa Paulina de Waldeck-Pyrmont (irmá de Emma) e pola princesa Thyra de Dinamarca.

A raíña Emma tivo unha influencia salientable sobre a caprichosa personalidade de Guillerme, e o matrimonio foi especialmente feliz. En 1880 naceu a princesa Guillermina, que se converteu en herdeira en 1884 despois da morte do derradeiro dos fillos do primeiro matrimonio de Guillerme.

O rei enfermou gravemente en 1887 e morreu tresa nos despois. Os seus restos mortais descansan na cripta real da Igrexa Nova da cidade surholandesa de Delft.[6] Como Guillermina aínda non alcanzara a idade adulta, a raíña Emma converteuse na rexente da súa filla ata que Guillermina cumpriu os 18 anos en 1898. Como o Gran Ducado de Luxemburgo só podía ser herdado por homes naquel momento, debido á existencia dunha lei sálica, Luxemburgo foi herdado polo gran duque Adolfo de Luxemburgo, anteriormente duque de Nassau. [7]

Predecesor:
Guillerme II

Rei dos Países Baixos

1849 - 1890
Sucesor:
Guillermina


Predecesor:
Guillerme II

Gran duque de Luxemburgo

1849 - 1890
Sucesor:
Adolfo de Luxemburgo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "William III, King of the Netherlands". En Encyclopaedia Britannica (en inglés)
  2. Xenealoxía de Guillerme III (en castelán)
  3. "Koning Willem III (1817-1890)". En AbsoluteFacts.nl (en neerlandés)
  4. Elzinga, D. J., ed. (2007). The Dutch constitutional monarchy in a changing Europe. Kluwer. Páxinas 125-129. ISBN 978-90-13-04866-7 (en inglés)
  5. Huberty, Christiane. "Le Conseil d’État; un produit du conflit constitutionnel du milieu du XIXe siècle Arquivado 07/08/2016, en Archive.is". En Forum für Politik, Gesellschaft und Kultur. "150 Jahre Staatsrat". Nº 261. Novembro de 2006. Páxinas 15-20 (en francés)
  6. "Cripta Real Arquivado 13 de decembro de 2017 en Wayback Machine.". Na web oficial da Igrexa Nova de Delft (en castelán)
  7. "Willem, III Willem Alexander Paul Frederik Lodewijk". En Blok, P.J.; Molhuyen, P.C. Nieuw Nederlandsch biografisch woordenboek. 1911 (en neerlandés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Volkmann, Jean-Charles. Généalogies des rois et des princes d'Europe. Gisserot. 1998. ISBN 2877473740 (en francés)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]