Friburgo, Suíza: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Engádese ficheiro de imaxe.
Ourol (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «o casco vello»
Liña 36: Liña 36:
== Cultura ==
== Cultura ==
[[Ficheiro:Fribourgobv.jpg|miniatura|180px|esquerda|[[Tálero de tiro|Moeda conmemorativa do Certame Federal de Tiro]] de '''Friburgo''' de [[1881]]]]
[[Ficheiro:Fribourgobv.jpg|miniatura|180px|esquerda|[[Tálero de tiro|Moeda conmemorativa do Certame Federal de Tiro]] de '''Friburgo''' de [[1881]]]]
O casco antigo de Friburgo goza dun excelente estado de conservación e posúe un indubidable interese artístico, ao datar na súa maioría de antes do século XVI. Salienta, no medio do seu conxunto, a [[Catedral de Friburgo|Catedral de San Nicolás]], cuxa presenza domina por completo o outeiro sobre o que se asenta o casco vello. Construída en 1283, é de estilo [[arquitectura gótica|gótico]] e está vencellada ao culto católico.
O casco antigo de Friburgo goza dun excelente estado de conservación e posúe un indubidable interese artístico, ao datar na súa maioría de antes do século XVI. Salienta, no medio do seu conxunto, a [[Catedral de Friburgo|Catedral de San Nicolás]], cuxa presenza domina por completo o outeiro sobre o que se asenta a zona antiga. Construída en 1283, é de estilo [[arquitectura gótica|gótico]] e está vencellada ao culto católico.


No tocante aos museos, destacan o de Historia Natural, situado nun edificio da universidade, e o de Arte e Historia, onde se poden observar pinturas, esculturas e coleccións numismáticas.
No tocante aos museos, destacan o de Historia Natural, situado nun edificio da universidade, e o de Arte e Historia, onde se poden observar pinturas, esculturas e coleccións numismáticas.

Revisión como estaba o 18 de abril de 2022 ás 16:39

Coordenadas: 46°48′N 7°09′L / 46.800, -7.150

Modelo:Cidade de Suíza Friburgo[1] é unha cidade de Suíza situada no cantón homónimo, do cal é a capital. Segundo datos do 2016 conta con 338.829 habitantes.

Xeografía

Está asentada sobre ambas ribeiras do río Saane, en plena Meseta Suíza, e constitúe un importante centro administrativo, económico e educativo do Röstrigraben, a fronteira entre a Suíza xermanófona e a francófona. A cidade vella esténdese sobre un outeiro de 100 m de ancho e que acada 40 m de altura sobre o val circundante.

Historia

Friburgo foi fundada en 1157 por Bertold IV, constituíndose inicialmente como unha cidade estado. Posteriormente, en 1277, sería vendida á casa dos Habsburgo coincidindo co inicio do seu desenvolvemento económico, capitaneado polo comercio e a industria téxtil e do coiro.

A unión de Friburgo á Antiga Confederación Suíza produciuse en 1481, coa cal logrou exercer unha longa influencia no catolicismo suízo.

Sufriu a invasión dos exércitos franceses comandados por Napoleón. En 1889 foi inaugurada a súa universidade.

Cultura

Moeda conmemorativa do Certame Federal de Tiro de Friburgo de 1881

O casco antigo de Friburgo goza dun excelente estado de conservación e posúe un indubidable interese artístico, ao datar na súa maioría de antes do século XVI. Salienta, no medio do seu conxunto, a Catedral de San Nicolás, cuxa presenza domina por completo o outeiro sobre o que se asenta a zona antiga. Construída en 1283, é de estilo gótico e está vencellada ao culto católico.

No tocante aos museos, destacan o de Historia Natural, situado nun edificio da universidade, e o de Arte e Historia, onde se poden observar pinturas, esculturas e coleccións numismáticas.

Notas e referencias

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para friburgués.

Véxase tamén

Ligazóns externas