Eleccións xerais de España de 1919: Diferenzas entre revisións
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8) |
m nova clave para a Categoría:Eleccións xerais en España: "1919" mediante HotCat |
||
Liña 126: | Liña 126: | ||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
||
[[Categoría:Eleccións xerais en España]] |
[[Categoría:Eleccións xerais en España|1919]] |
||
[[Categoría:1919]] |
[[Categoría:1919]] |
||
[[Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos]] |
[[Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos]] |
Revisión como estaba o 9 de outubro de 2019 ás 20:19
As eleccións xerais de España de 1919 foron convocadas no medio dunha crise política e económica sen precedentes, cedlebrándose o 1 de xuño de 1919, baixo sufraxio universal masculino. En total foron elixidos 409 deputados ao Congreso dos Deputados, e o partido máis votado foi a coalición dos sectores mauristas e ciervistas do Partido Conservador, dirixido entón por Antonio Maura. O Partido Socialista Obrero Español, o Partido de Unión Republicana Autonomista (PURA) e a Federación Republicana presentáronse xuntos na Conjunción republicano-socialista, pero só alcanzaron 15 escanos.
Foi elixido presidente do Congreso Juan Armada, marqués de Figueroa (substituído o 29 de xullo de 1919 por José Sánchez Guerra) e presidente do Senado Manuel Allendesalazar (substituído máis tarde por Joaquín Sánchez de Toca Calvo). O xefe de goberno foi Antonio Maura, ata que o 20 de xullo foi nomeado Joaquín Sánchez de Toca Calvo. En decembro foi obrigado a dimitir, e dada a incapacidade de Eduardo Dato para formar goberno, foi nomeado xefe do executivo Manuel Allendesalazar o 12 de decembro, quen renunciou o 20 de maio de 1920, momento no que se convocaron novas eleccións.