Videoxogo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m arranxiños
→‎Historia: texto traducido desde a wiki .es:Videojuego#Historia
Liña 7: Liña 7:
Xeralmente, os videoxogos fan uso doutras maneiras, á parte da imaxe, de prover a [[interactividade]] e información ao xogador. O son é case universal, usándose dispositivos de [[Gravación e reprodución de son|reprodución de son]], tales como [[altofalante]]s e [[auricular]]es. Outro tipo de [[Retroalimentación|realimentación]] faise a través de [[periférico]]s [[Háptica| hápticos]] que producen vibración ou [[Volante (videoxogos)#Sistema Force Feedback| retroalimentación de forza]], usándose ás veces a vibración para simular a retroalimentación de forza.
Xeralmente, os videoxogos fan uso doutras maneiras, á parte da imaxe, de prover a [[interactividade]] e información ao xogador. O son é case universal, usándose dispositivos de [[Gravación e reprodución de son|reprodución de son]], tales como [[altofalante]]s e [[auricular]]es. Outro tipo de [[Retroalimentación|realimentación]] faise a través de [[periférico]]s [[Háptica| hápticos]] que producen vibración ou [[Volante (videoxogos)#Sistema Force Feedback| retroalimentación de forza]], usándose ás veces a vibración para simular a retroalimentación de forza.


== Historia dos videoxogos ==
== Historia ==
{{AP|Historia dos videoxogos}}
[[Ficheiro:Tennis for Two Machine at CAX 2010.jpg|miniatura|esquerda|Copia de ''[[Tennis for Two]]'' (1958), un dos primeiros videoxogos da historia, para [[computadora analóxica]]; o xogo mostrabase nun [[osciloscopio]].]]
[[Ficheiro:Pong (13333815563).jpg|miniatura|Máquina recreativa do ''[[Pong]]'' (1972).]]

As orixes do videoxogo remóntanse á década de 1950, cando pouco despois da aparición das primeiras [[Ordenador|computadoras]] electrónicas tras o fin da [[segunda guerra mundial]], levaron a cabo os primeiros intentos por implementar programas de carácter lúdico. Así, foron creados o ''Nim'' (1951) ou o ''Oxo'' (1952), xogos electrónicos pero que aínda non son realmente videoxogos, e o ''[[Tennis for Two]]'' (1958) ou o ''[[Spacewar]]!'' (1962), auténticos pioneiros do xénero. Todos eles eran aínda prototipos, xogos moi simples e de carácter experimental que non chegaron a comercializarse, entre outras cousas, porque funcionaban nunhas máquinas que só estaban dispoñibles en universidades ou en institutos de investigación.

Identifícanse cinco etapas na historia dos videoxogos<ref>[http://www.cibersociedad.net/textos/articulo.php?art=141Alexis Huertero Valle, Guillermo, ''Videojuegos políticos: una forma diferente de entender la política''] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20110911005641/http://www.cibersociedad.net/textos/articulo.php?art=141Alexis |date=11 de setembro de 2011 }}, Revista TEXTOS de la CiberSociedad, 12 ([[2007]]).</ref>
Identifícanse cinco etapas na historia dos videoxogos<ref>[http://www.cibersociedad.net/textos/articulo.php?art=141Alexis Huertero Valle, Guillermo, ''Videojuegos políticos: una forma diferente de entender la política''] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20110911005641/http://www.cibersociedad.net/textos/articulo.php?art=141Alexis |date=11 de setembro de 2011 }}, Revista TEXTOS de la CiberSociedad, 12 ([[2007]]).</ref>
# [[1971]]-[[1978|78]]. Comeza a desenvolverse o concepto de videoxogo, e comezan as denominadas [[arcadia|"arcades"]], establecementos con varias máquinas con videoxogos que funcionan con [[moeda]]s ou fichas. Aparecen tamén as primeiras compañías, como [[Atari]], [[Magnavox]] ou [[Taito]], e os primeiros xogos: ''[[Space Invaders]]'', ''[[Pong]]''...
# [[1971]]-[[1978|78]]. Comeza a desenvolverse o concepto de videoxogo, e comezan as denominadas [[arcadia|"arcades"]], establecementos con varias máquinas con videoxogos que funcionan con [[moeda]]s ou fichas. Aparecen tamén as primeiras compañías, como [[Atari]], [[Magnavox]] ou [[Taito]], e os primeiros xogos: ''[[Space Invaders]]'', ''[[Pong]]''...

Revisión como estaba o 6 de agosto de 2019 ás 12:34

Persoas xogando unha versión a gran escala do icónico videoxogo Pong no National Videogame Museum.
Videoconsola Super Nintendo (SNES).

Un videoxogo[1] é un xogo electrónico no que unha ou máis persoas interactúan, por medio dun controlador, cun dispositivo que mostra imaxes de vídeo.[2] Este dispositivo electrónico, coñecido xenericamente como «plataforma», pode ser unha computadora, unha máquina arcade, unha videoconsola ou un dispositivo portátil, por exemplo un teléfono móbil. Os videoxogos poden ser de moitos tipos e son, ano tras ano, unha das principais industrias da arte e o entretemento.

O dispositivo de entrada, usado para manipular un videoxogo coñecese como controlador de videoxogo, ou mando, e varía dependendo da plataforma. Por exemplo, un controlador podería unicamente consistir dun botón e unha panca de mando ou joystick, mentres outro podería presentar unha ducia de botóns e unha ou máis pancas (mando). Os primeiros xogos informáticos adoitaban facer uso dun teclado para levar a cabo a interacción, ou ben requirían que o usuario adquirise un joystick cun botón como mínimo.[3] Moitos xogos de computadora modernos permiten ou esixen que o usuario utilice un teclado e un rato de forma simultánea. Entre os controladores máis típicos están os gamepads, joysticks, teclados, ratos e pantallas táctiles.

Xeralmente, os videoxogos fan uso doutras maneiras, á parte da imaxe, de prover a interactividade e información ao xogador. O son é case universal, usándose dispositivos de reprodución de son, tales como altofalantes e auriculares. Outro tipo de realimentación faise a través de periféricos hápticos que producen vibración ou retroalimentación de forza, usándose ás veces a vibración para simular a retroalimentación de forza.

Historia

Artigo principal: Historia dos videoxogos.
Copia de Tennis for Two (1958), un dos primeiros videoxogos da historia, para computadora analóxica; o xogo mostrabase nun osciloscopio.
Máquina recreativa do Pong (1972).

As orixes do videoxogo remóntanse á década de 1950, cando pouco despois da aparición das primeiras computadoras electrónicas tras o fin da segunda guerra mundial, levaron a cabo os primeiros intentos por implementar programas de carácter lúdico. Así, foron creados o Nim (1951) ou o Oxo (1952), xogos electrónicos pero que aínda non son realmente videoxogos, e o Tennis for Two (1958) ou o Spacewar! (1962), auténticos pioneiros do xénero. Todos eles eran aínda prototipos, xogos moi simples e de carácter experimental que non chegaron a comercializarse, entre outras cousas, porque funcionaban nunhas máquinas que só estaban dispoñibles en universidades ou en institutos de investigación.

Identifícanse cinco etapas na historia dos videoxogos[4]

  1. 1971-78. Comeza a desenvolverse o concepto de videoxogo, e comezan as denominadas "arcades", establecementos con varias máquinas con videoxogos que funcionan con moedas ou fichas. Aparecen tamén as primeiras compañías, como Atari, Magnavox ou Taito, e os primeiros xogos: Space Invaders, Pong...
  2. 1978-83. Comezan a desenvolvérense diferentes xéneros (coma os xogos de pelexa, de acción, de deportes...) e o lecer caseiro vai gañando terreo fronte ás arcades. Aparecen xogos como Pac-Man.
  3. 1983-94. Os xogos fanse claramente caseiros e tenden a desaparecer as arcades. A calidade gráfica mellora, e redúcense os tamaños dos dispositivos. Xorden compañías como Sega, Commodore ou Nintendo, pero tamén se desenvolven aplicacións para computadoras persoais ou CPUs, o que redunda no progreso destes servizos. Son xogos desta época Final Fantasy, Mario Bros, Tetris e os MUDs.
  4. 1994-2004. A industria do videoxogo gaña un gran poder económico. As melloras expoñenciais en almacenaxe de memoria abre a porta ós CDs e despois ós DVDs de xogos. A computadora vólvese máis importante e empeza a guerra polo monopolio dos videoxogos entre as distintas compañías (Nintendo, Sony, SEGA...). As empresas que se desenvolven nesta etapa son Sony, Microsoft ou Nokia, aínda que se consolidan produtores de xogos como EA. Entre os xogos que nacen nesta época están o FIFA, o Prince of Persia, o Street Fighter ou o Metal Gear.
  5. 2004-2011: O desenvolvemento das tecnoloxías permite a aparición de produtores independentes de calidade. Non aparecen empresas novas, senón melloras sobre tecnoloxías anteriores das mesmas compañías, como a Wii de Nintendo, e novas versións de xogos anteriores aos que se suman algúns novos, como Legend of Zelda ou Monster Hunter.
  6. 2011-actualidade: Aparecen novas consolas, como a familia da 3DS, a PlayStation4, a Nintendo Switch, a Xbox One etc. e crecen con forza os sectores da realidade virtual e dos xogos en liña.O mercado dos xogos para teléfono móbil crece tamén con moita forza, con cada vez máis consumidores e creadores de contido. Aparecen reboots ou remakes de sagas máis antigas, como Mario Bros. ou The Legend of Zelda.

Compañías de videoxogos

Entre as principais compañías de videoxogos pódese citar a Electronic Arts, Ubisoft, Id Software, Valve, Proein, Microsoft, Novalogic, Empire Interactive, Activision, Lucasarts, Rockstar Games e Sega.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para videoxogo.
  2. "Television gaming apparatus and method". United States Patents. Consultado o 6 de agosto do 2019. 
  3. *Patrick Stack. «History of video game consoles» Time Magazine website 2005 /
  4. Huertero Valle, Guillermo, Videojuegos políticos: una forma diferente de entender la política Arquivado 11 de setembro de 2011 en Wayback Machine., Revista TEXTOS de la CiberSociedad, 12 (2007).

Véxase tamén

Outros artigos


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.