Saltar ao contido

Super Mario Bros.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Super Mario Bros.
Logotipo
 Instancia de
 Parte de
 Título
スーパーマリオブラザーズ (ja)
Super Mario Bros. (en) Editar o valor en Wikidata
Características
 Xénero artístico
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Modo de xogo
 Franquía de medios
 Obra derivada
 Lingua
 Dispositivo de entrada
Implicados
 Deseñador/a
 Desenvolvedor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Editorial
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
1 de setembro de 2011 (Nintendo 3DS) (rexión PAL)
5 de xaneiro de 2007 (Wii) (rexión PAL)
12 de setembro de 2013 (Wii U) (rexión PAL)
13 de febreiro de 2014 (Nintendo 3DS) (rexión PAL)
31 de agosto de 2011 (Nintendo 3DS) (Xapón, América do Norte)
13 de setembro de 1985 (Nintendo Entertainment System) (Xapón)
27 de xaneiro de 2014 (Nintendo 3DS) (Xapón)
15 de xullo de 2013 (Wii U) (Xapón)
14 de febreiro de 2004 (Game Boy Advance) (Xapón)
2 de decembro de 2006 (Wii) (Xapón)
21 de febreiro de 1986 (Family Computer Disk System) (Xapón)
1986 (máquina recreativa) (Xapón, América do Norte)
1 de marzo de 2000 (Game Boy Color) (Xapón)
27 de febreiro de 2014 (Nintendo 3DS) (Europa)
xullo de 1999 (Game Boy Color) (Europa)
15 de maio de 1987 (Nintendo Entertainment System) (Europa, Suecia)
9 de xullo de 2004 (Game Boy Advance) (Europa)
1987 (Nintendo Entertainment System) (Australia)
1985 (Nintendo Entertainment System) (América do Norte)
19 de setembro de 2013 (Wii U) (América do Norte)
25 de decembro de 2014 (Nintendo 3DS) (América do Norte)
2 de xuño de 2004 (Game Boy Advance) (América do Norte)
25 de decembro de 2006 (Wii) (América do Norte)
10 de maio de 1999 (Game Boy Color) (América do Norte)
19 de setembro de 2018 (Nintendo Switch) (América do Norte)
outubro de 1985 (Nintendo Entertainment System) (América do Norte) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/0kypr Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Clasificación
PEGI
CERO
USK
IMDB: tt0177266 Youtube: UCy52BXfacJNLueK-GERIDrA Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Super Mario Bros. (en xaponés, スーパーマリオブラザーズ; Sūpā Mario Burazāzu) é un videoxogo deseñado por Shigeru Miyamoto para a videoconsola NES en 1985. Universalmente considerado un clásico, foi un dos primeiros xogos de plataforma de desprazamento lateral, a súa popularidade non tivo precedentes e comezou unha nova era nos xogos para consola.

Super Mario Bros. é citado con frecuencia como un dos mellores videoxogos e é especialmente admirado polos seus controis precisos. É un dos xogos máis vendidos, con máis de 58 millóns de copias adquiridas en todo o mundo. Xunto coa NES, atribúeselle ser un factor clave na reactivación da industria tras a crise de 1983 e contribuíu a popularizar o xénero de plataformas de desprazamento lateral. A banda sonora adoita figurar entre as mellores. Mario adquiriu gran relevancia na cultura popular (converténdose a súa figura na mascota oficial de Nintendo e nunha icona internacional), e Super Mario Bros. deu inicio a unha franquía multimedia que inclúe unha lonxeva serie de títulos, unha serie de televisión animada, unha longametraxe de anime xaponés, unha cinta de acción real e outra de animación.

A acción ten lugar despois dos acontecementos de Mario Bros. Os irmáns Mario e Luigi son transportados a través dunha tubaxe dende Nova York ao fabuloso Reino Champiñón. É invadido pola tribo dos Koopa Troopa, unhas criaturas parecidas a tartarugas que, grazas aos poderes máxicos do seu líder, Bowser, converten aos habitantes en obxectos inanimados: ladrillos, pedras e árbores. O vilán e os seus subordinados secuestran á Princesa Toadstool, a gobernante e única capaz de reverter o feitizo. Ao decatarse disto, os irmáns proponse salvar o reino e á princesa. Polo camiño derrotan ás tropas e, após cada batalla co xefe, escoitan a Toad dicir: «Grazas, Mario! Pero a nosa princesa está noutro castelo!». Após chegar até o verdadeiro Bowser e derrotalo, os irmáns ceiban á princesa e salvan o Reino Champiñón.[1]

  1. Super Mario Bros. Nintendo. Nivel/área: World 8-4. 13 de setembro de 1985.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.