Activision

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Activision
Activision.svg
Activisionheadquarters.jpg
Tipo Subsidiaria de Activision Blizzard
Fundación 1979
Localización Santa Monica (California) Flag of the United States.svg
Industria Videoxogos
Produtos Call of Duty
Spider-Man
Guitar Hero[1]
Beneficio Crecente (crecemento)6.610 millóns de dólares[2](2016)
Páxina web

Activision é unha compañía estadounidense que traballa en software para videoxogos de varias consolas.

Xogos[editar | editar a fonte]

Esta compañía ten xogos de temas moi variados desde sobre SpongeBob SquarePants a Call of Duty.[1]

Serie Call of Duty[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Call of Duty (serie).
Logo da serie de videoxogos

Call of Duty é unha serie de videoxogos pertencente ao xénero FPS polas súas iniciais en inglés (First Person Shooter). Orixinalmente foi unha serie propia do PC, pero despois apareceu en diversas videoconsolas de quinta e sexta xeración. Ademais destas entregas principais, desde 2003, foron postas á venda diversas entregas para consolas portátiles e móbiles. A maior parte dos xogos están ambientados durante a segunda guerra mundial. Activision é o propietario da franquía e é a empresa que xestiona a creación e distribución das entregas. As versións para Mac son responsabilidade de Aspyr Media. A maioría dos xogos foron programados por Infinity Ward e Treyarch. Noutras versións colaboraron: Gray Matter Interactive, Spark Unlimited, Pi Studios, Amaze Entertainment, Rebellion Developments, e n-Space[3]. En máis dunha ocasión, os estudos compartiron motores gráficos, como ocorre en Call of Duty 4: Modern Warfare e Call of Duty: World at War. Outras empresas adícanse á creación de xoguetes e bandas deseñadas relacionadas con Call of Duty. Cara o 26 de marzo de 2015 as vendas globais ascendían a 175 millóns de unidades aproximadamente.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Activision | Games". www.activision.com. Consultado o 2018-01-05. 
  2. "Activision bate récords de beneficios en 2016 en parte gracias a Blizzard". Vandal (en castelán). Consultado o 2018-01-04. 
  3. "List of Call of Duty developers". Call of Duty Wiki (en inglés). Consultado o 2018-01-05. 
  4. "175 millones de copias vendidas de Call of Duty". 3DJuegos. Consultado o 2018-01-05. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.