Xbox One

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xbox One

Xbox One é unha consola de videoxogos desenvolvida por Microsoft e anunciada en maio de 2013. É a sucesora da Xbox 360 e a terceira consola da familia Xbox, lanzada á venda en Norteamérica, algúns países de Europa, Australia e no Brasil en novembro de 2013, e no Xapón, China e outros países europeos en setembro de 2014. Compite coa consola de Sony PlayStation 4 e a Wii U de Nintendo como parte oitava xeración de videoconsolas. Foi a primeira consola de Xbox vendida na China, especificamente na Zona de Mercado Libre de Shanghai. A Xbox One supuxo un cambio de volta á arquitectura x86 usada na Xbox orixinal, cuha APU de AMD construída ó redor dun conxunto de instrucións x86-64.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.