Tel Aviv: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
formato numérico
Agremon (conversa | contribucións)
→‎Notas: formato
Liña 121: Liña 121:


== Notas ==
== Notas ==
{{listaref}}
{{listaref|30em}}


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 11 de marzo de 2019 ás 22:22

Coordenadas: 32°04′50″N 34°46′50″L / 32.08056, -34.78056 Modelo:Cidade

Plean Máistir Tel Aviv le Patrick Geddes, 1925.

Tel Aviv-Jaffa[1][2] (hebreo: תֵּל־אָבִיב-יָפוֹ; árabe: تَلْ أَبِيبْ يَافَا‎) é a segunda cidade máis poboada de Israel, e está localizada na costa do Mar Mediterráneo. Tamén forma a maior área metropolitana do estado de Israel, o chamado Gush Dan.

A densidade de poboación é de 7445 persoas por km². De acordo coa Oficina Israelí de Estatísticas (CBS), en xuño do 2006, a poboación da cidade situábase nos 380 600 habitantes, cun crecemento anual do 0,9%. O 96,1% dos cidadáns son xudeus, mentres que o 3 % son árabes musulmáns e o 0,9 % son árabes cristiáns. Algunhas estimacións din que na cidade residen uns 50 000 traballadores ilegais.

Orixe do nome

O nome de Tel Aviv en Hebreo significa "Outeiro (tell|tel) da primavera (aviv)". Este é o nome dado por Nahum Sokolow para a tradución hebrea do libro de Theodor Herzl Altneuland ("A vella nova terra").

Xeografía

Clima

Tel Aviv ten un clima mediterráneo con veráns quentes e húmidos, e invernos chuviosos. A temperatura media do verán é de 26 °C e no inverno é de 12 °C. A humidade tende a ser alta durante todo o ano, especialmente entre os meses de outubro e abril, a estación húmida. A media de precipitacións é de 530 milimetros. No inverno a temperatura pode caer unha ou dúas veces a 6 °C polas mañás. A temperatura tamén pode chegar aos 35 °C durante as vagas de calor.

Cultura

En Tel Aviv destacan varias institucións culturais como o Instituto Afro-asiático para Estudos de Traballo e Cooperación , a Orquestra Filharmónica de Israel, o Habimah, que é o Teatro Nacional de Israel, e o Museo de Tel Aviv. Destaca tamén a casa preservada en memoria de Haim Nachman Bialik, un recoñecido poeta nacional. Foi considerada Patrimonio Mundial no 2003.

Política e goberno

Alcaldes da cidade

Cidades irmás

Galería de imaxes

Notas

  1. Santa María, I. e Massó, N. (2009). "Tel Aviv-Jaffa". Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. p. 192. ISBN 978-84-8289-328-0. 
  2. "Tel Aviv-Jaffa". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2015. ISBN 978-84-8288-942-9. 

Véxase tamén

Ligazóns externas