Anxo Rei Ballesteros: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
→Recoñecemento: incluída cita pedida |
||
Liña 13: | Liña 13: | ||
== Recoñecemento == |
== Recoñecemento == |
||
En 2018, na Pobra do Caramiñal, o Concello e [[Barbantia]] realizaron diversas actividades para honrar a súa figura. Entre elas, a inauguración dunha rúa co seu nome e dunha estatua feita por Manuel Teira.<ref name="CELEBRA">{{cita novas |url=http://culturagalega.gal/noticia.php?id=29164 |title=A Pobra do Caramiñal celebra a Anxo Rei Ballesteros |date=17/10/2018 |publisher=Cultura Galega |accessdate=17/10/2018}}</ref> Tamén xurdiu a iniciativa de pedir o [[Día das Letras Galegas]] para Anxo Rei Ballesteros |
En 2018, na Pobra do Caramiñal, o Concello e [[Barbantia]] realizaron diversas actividades para honrar a súa figura. Entre elas, a inauguración dunha rúa co seu nome e dunha estatua feita por Manuel Teira.<ref name="CELEBRA">{{cita novas |url=http://culturagalega.gal/noticia.php?id=29164 |title=A Pobra do Caramiñal celebra a Anxo Rei Ballesteros |date=17/10/2018 |publisher=Cultura Galega |accessdate=17/10/2018}}</ref> Tamén xurdiu a iniciativa de pedir o [[Día das Letras Galegas]] para Anxo Rei Ballesteros<ref>{{Cita web|url=http://culturagalega.gal/noticia.php?id=29164|páxina-web=culturagaleg.gal|título=A Pobra do Caramiñal celebra a Anxo Rei Ballesteros. Galaxia edita a súa primeira novela en galego|data-acceso=20/10/2018}}</ref> |
||
== Obras == |
== Obras == |
Revisión como estaba o 20 de outubro de 2018 ás 14:50
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xaneiro de 1952 Ardesende, España |
Morte | 29 de outubro de 2008 (56 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Lingua | Lingua galega |
Familia | |
Irmáns | Paulo Rei Ballesteros |
Premios | |
Anxo Adolfo Rei Ballesteros, nado en Codeso (Boqueixón) o 24 de xaneiro de 1952 e finado na Coruña[1] o 29 de outubro de 2008, foi un escritor galego que cultivou a novela, o teatro, o ensaio e a tradución.
Traxectoria
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, a súa traxectoria literaria comeza nos anos mozos colaborando coa revista efémera Bonaval. A súa primeira novela Dos anxos e dos mortos foi publicada por Edicións Castrelos en 1977, e nese mesmo ano recibiu o Pedrón de Ouro polo seu relato "Querido Brais". Coa súa segunda novela Loaira acadou o Premio Antón Losada Diéguez en 1993.
Tamén autor de teatro, a súa obra Xogos de damas estreouse en 1987 polo grupo Malbarate, e en 1991 dirixiu a versión de A voz humana de Jean Cocteau. Preocupado pola filosofía, publicou ensaios en revistas e catálogos de artistas, e en 2003 apareceu o seu libro Tempo e vinganza sobre o Hamlet de William Shakespeare e o problema do tempo.
Durante os últimos anos da súa vida viviu na Pobra do Caramiñal.
En novembro de 2009 aparece unha obra póstuma, a novela A noite do moucho, publicada por Galaxia.[2] Máis tarde apareceu entre os papeis do autor a que debe ser a súa primeira obra en galego, a novela Dezanove badaladas, publicada tamén por Galaxia no outono de 2018.[3]
Recoñecemento
En 2018, na Pobra do Caramiñal, o Concello e Barbantia realizaron diversas actividades para honrar a súa figura. Entre elas, a inauguración dunha rúa co seu nome e dunha estatua feita por Manuel Teira.[4] Tamén xurdiu a iniciativa de pedir o Día das Letras Galegas para Anxo Rei Ballesteros[5]
Obras
Narrativa
- Dezanove badaladas, [1969-70]. Publicada en 2018 por Galaxia.[6]
- Dos anxos e dos mortos, 1977, Castrelos (reeditada en 1991 en Galaxia).[7]
- Querido Brais, 1977.
- Loaira, 1992, Galaxia.
- A sombra dos teus soños, 1998, Galaxia.
- Non sei cando nos veremos, 2005, Galaxia.
- A noite do moucho, 2009, Galaxia.
Teatro
- Xogos de damas, 1988, Edicións Xerais de Galicia.
Ensaio
- "A outra memoria", 1989, revista Grial.[8]
- Tempo e vinganza, 2003, Galaxia (Premio Ramón Piñeiro de Ensaio).
- Presenza dunha Ausencia (Sobre Maurice Blanchot), 2013, Axóuxere.
Traducións
- A voz humana, 1991, (La Voix humaine) de Jean Cocteau.
- Molloy, de Samuel Beckett, 2006, Galaxia.
Obras colectivas
- Poetas e Narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega.
Notas
- ↑ Suso de Toro. "Anxo Rei Ballesteros, escritor gallego", El País, 3/11/2008 (en castelán).
- ↑ "Nova vida literaria para Anxo Rei Ballesteros" Vieiros, 31/10/2009.
- ↑ "Badaladas na memoria do mozo Anxo Rei Ballesteros". La Voz de Galicia. 19/10/2018.
- ↑ "A Pobra do Caramiñal celebra a Anxo Rei Ballesteros". Cultura Galega. 17/10/2018. Consultado o 17/10/2018.
- ↑ "A Pobra do Caramiñal celebra a Anxo Rei Ballesteros. Galaxia edita a súa primeira novela en galego". culturagaleg.gal. Consultado o 20/10/2018.
- ↑ "Xa nas librarías Dezanove badaladas, unha novela inédita de Rei Ballesteros"
- ↑ Despois incluída na Biblioteca Galega 120 co número 55.
- ↑ Grial n.º 104 pp. 494-505
Véxase tamén
Bibliografía
- "Rei Ballesteros, Anxo A.". Diccionario enciclopédico galego universal 52. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 58. ISBN 84-7680-429-6.
- "Rei Ballesteros, Anxo Adolfo". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 158.
- "Rei Ballesteros, Anxo A.". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1773. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Rei Ballesteros, Anxo Adolfo". Enciclopedia Galega Universal 14. Ir Indo. 1999-2002. p. 354. ISBN 84-7680-288-9.
- "Rei Ballesteros, Anxo A.". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 365. ISBN 84-7492-465-0.