A Graña de Vilarente, Abadín: Diferenzas entre revisións
m →Outros artigos: Arranxos varios |
m Municipio |
||
Liña 12: | Liña 12: | ||
|entidades = 13 |
|entidades = 13 |
||
}} |
}} |
||
'''Santa María Madalena da Graña de Vilarente''' é unha [[Parroquia eclesiástica galega|parroquia]] do [[concello]] [[provincia de Lugo|lugués]] de [[Abadín]]. Tiña 213 habitantes en [[2015]] (101 homes e 112 mulleres) segundo datos do [[Instituto Galego de Estatística|IGE]]<ref>{{Cita web |
'''Santa María Madalena da Graña de Vilarente''' é unha [[Parroquia eclesiástica galega|parroquia]] do [[Municipio|concello]] [[provincia de Lugo|lugués]] de [[Abadín]]. Tiña 213 habitantes en [[2015]] (101 homes e 112 mulleres) segundo datos do [[Instituto Galego de Estatística|IGE]]<ref>{{Cita web |
||
|url= http://www.ige.eu/igebdt/esq.jsp?paxina=002001&ruta=nomenclator/nomenclator.jsp |
|url= http://www.ige.eu/igebdt/esq.jsp?paxina=002001&ruta=nomenclator/nomenclator.jsp |
||
|título= IGE - Nomenclátor de Galicia |
|título= IGE - Nomenclátor de Galicia |
Revisión como estaba o 24 de xaneiro de 2018 ás 06:12
Coordenadas: 43°17′N 07°28′O / 43.283, -7.467
A Graña de Vilarente | |
---|---|
Concello | Abadín |
Coordenadas | 43°17′20″N 7°28′47″O / 43.28879951, -7.47973536Coordenadas: 43°17′20″N 7°28′47″O / 43.28879951, -7.47973536{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina |
Área | 10,35 km² |
Poboación | 213 hab. (2015) |
Densidade | 20,58 hab./km² |
Entidades de poboación | 13 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María Madalena da Graña de Vilarente é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Tiña 213 habitantes en 2015 (101 homes e 112 mulleres) segundo datos do IGE[1]. Iso supón un aumento da poboación respecto a 2014 cando tiña 210 habitantes (101 homes e 109 mulleres), e 54 habitantes menos que en 2004.
Limita ao norte con Vilarente, ao sur con Muimenta e Roás (concello de Cospeito), ao leste con Vilarente e ao oeste con Moncelos e As Goás. Pertence o arciprestado de Baroncelle e ten 13 entidades de poboación e 12 lugares, cunha densidade media de 20'58 hab/km² no 2015.
Xeografía
As entidades son A Cabana (31), A Cabeceira ou A Carballeira (11), O Carboeiro (20), A Casavella (5), O Coído (13), Fraga de Vila (12), Penela (11), Porto da Moura (35), A Pumarega (6), Ruavella (23), Os Trinta (13), Vilar de Nuño (24) e Vista Alegre (9). Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades) son As Augas, Os Carracedos, Chouselas, O Cotiño, A Croa, Os Currás, O Fondal, A Fonte do Trobo, A Fumeira, O Igrexario, Rego da Páxara e Tremoído.
Orografía
Destacan os cumios de Roza do Pleito (443 m) e Marco do Forneiro (440 m).
Patrimonio
- O Pazo de Cernada é un edificio de propiedade privada, situado nun terreo chan. Planta do edificio en U, con dous pisos, de fábrica de cachotería de pedra rebocada e cantería nos reforzos dos ocos, con cuberta de lousa. A fachada principal ten un soportal de entrada formado por un pórtico de pedra sobre o que se encontra o escudo. Na fachada posterior destacan as grandes chemineas e unha galería acristalada de madeira. Vanos con tornachoivas. Antiga propiedade da familia dos Noguerol e os Barxa. Na parte posterior ten unha horta con frutais, pozo, cabazo de planta cuadrangular de tipo asturiano, alpendres etc. Toda a leira encóntrase amurallada coa bonita porta de reixas na entrada. No camiño de acceso encóntrase un pombal de planta cuadrangular, un cruceiro de granito e a capela propiedade do pazo, con imaxinería e altar de madeira nobre de gran valor artístico.
Persoeiros da Graña de Vilarente
- Antonio Noriega Varela estivo destinado como mestre nesta parroquia durante algúns anos.
Lugares e parroquias
Lugares da Graña de Vilarente
Lugares da parroquia da Graña de Vilarente no concello de Abadín (provincia de Lugo) | |
---|---|
As Augas | A Cabana | A Cabeceira | A Carballeira | O Carboeiro | Os Carracedos | A Casavella | Chouselas | O Coído | O Cotiño | A Croa | Os Currás | O Fondal | A Fonte do Trobo | Fraga de Vila | A Fumeira | O Igrexario | Penela | Porto da Moura | A Pumarega | Rego da Páxara | Ruavella | Tremoído | Os Trinta | Vilar de Nuño | Vista Alegre |
Parroquias de Abadín
Notas
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Consultado o 11 de decembro de 2016.