Diferenzas entre revisións de «Paracetamol»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
*xarabe: xarope
(*xarabe: xarope)
=== Medidas de rescate ===
;Lavado gástrico
O tratamento para sobredose de paracetamol, sen complicacións, é similar ao usado noutros medicamentos, un lavado gastrointestinal. Adicionalmente, administrar [[Acetilcisteína|N-acetilcisteína]], xa sexa por [[vía intravenosa]] ou oral, axuda moito nestes casos. Hai suficiente marxe para que o médico xulgue neste caso se é necesario un lavado gastrointestinal completo ou basta con administrar [[carbón activado]]. A absorción total do paracetamol por parte do tracto gastrointestinal complétase en aproximadamente dúas horas. Nestes casos, o [[xarabexarope]] de [[ipecacuana]] (un emético) non é efectivo, debido a que induce [[vómito]]s e isto o único que fai é atrasar a efectividade do carbón activado e a N-acetilcisteína, ao ter que administralos despois de que finalicen os vómitos. O [[lavado gástrico]] é efectivo durante a primeira hora posterior á inxestión. Posterior a iso, non ten utilidade clínica.
;Carbón activado
Normalmente, a administración de carbón activado é máis efectiva que o lavado gástrico. Este absorbe ben o paracetamol, e por tanto redúcese a cantidade que se absorbe no tracto gastrointestinal. Ademais, tamén expón menos risco de aspiración que o lavado gástrico. Hai tempo había certa renuencia a administrar carbón activado, debido ao temor a que tamén absorbese a N-acetil[[cisteína]]. Estudos recentes demostraron que a cantidade absorbida por esta vía non supera o 39% cando ambos se administran conxuntamente. Outros estudos mostraron que o carbón activado parece ser beneficioso para o paciente. Hai un consenso xeral en administrar carbón activado durante as primeiras 4 horas trala sobredose; tras este tempo, depende do criterio do médico, pero de todos os xeitos considérase un tratamento benigno. Se hai dúbidas sobre a inxestión de paracetamol xunto a outros medicamentos, entón debe administrarse carbón activado. Hai discrepancias en canto a cambiar a dose de N-acetilcisteína administrada, ou mesmo se esta debe modificarse.
27.444

edicións

Menú de navegación