Hemoglobina
| Hemoglobina | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| (heterotetrámero, (αβ)2) | |||||||||||||
Estrutura da hemoglobina humana. Subunidades α e β en vermello e azul, respectivamente, e os grupos hemo que conteñen ferro en verde. De PDB 1GZX Proteopedia Hemoglobin | |||||||||||||
| Tipo de proteína | metaloproteína, globulina | ||||||||||||
| Función | transporte de oxíxeno | ||||||||||||
| Cofactor(es) | hemo (4) | ||||||||||||
| |||||||||||||
A hemoglobina (Hb) é unha heteroproteína do sangue, de peso molecular 64.000 (64 kD), de cor vermella característica, que transporta o osíxeno dende os órganos respiratorios até os tecidos, en mamíferos, ovíparos e outros animais.
Fórmana catro cadeas polipeptídicas (globinas) a cada unha das cales se une un grupo hemo, cuxo átomo de ferro é capaz de unirse de xeito reversíbel ao osíxeno. O grupo hemo fórmase por:
- Unión do succinil-CoA (formado en ciclo de Krebs ou ciclo do ácido cítrico) a un aminoácido glicina formando un grupo pirrol.
- Catro grupos pirrol únense formando a Protoporfirina IX.
- A protoporfirina IX únese a unha molécula de ferro ferroso (Fe2+) formando o grupo hemo.

Cando a hemoglobina está unida ao osíxeno, denomínase oxihemoglobina ou hemoglobina osixenada, dando o aspecto rubio ou escarlata intenso característico do sangue arterial. Cando perde o osíxeno, denomínase hemoglobina reducida, e presenta a cor vermella escura (cianose).
- Reacción paso a paso:
- Reacción total:
Tipos de hemoglobina
[editar | editar a fonte]
hemoglobina, alpha 1 | |
| Identificadores | |
| Símbolo | HBA1 |
| Entrez | 3039 |
| HUGO | 4823 |
| OMIM | |
| RefSeq | NM_000558 |
| UniProt | P69905 |
| Outros datos | |
| Locus | Cr. 16 p13.3 |
hemoglobina, alpha 2 | |
| Identificadores | |
| Símbolo | ? |
| Entrez | 3040 |
| HUGO | 4824 |
| OMIM | |
| RefSeq | NM_000517 |
| UniProt | P69905 |
| Outros datos | |
| Locus | Cr. 16 p13.3 |
hemoglobina, beta | |
| Identificadores | |
| Símbolo | HBB |
| Entrez | 3043 |
| HUGO | 4827 |
| OMIM | |
| RefSeq | NM_000518 |
| UniProt | P68871 |
| Outros datos | |
| Locus | Cr. 11 p15.5 |
- Hemoglobina A ou HbA: chámase tamén hemoglobina do adulto ou hemoglobina normal ou A1, representa aproximadamente o 97% da hemoglobina degradada no adulto, formada por dúas globinas alfa e dúas beta.
- Hemoglobina A2
- Hemoglobina S
- Hemoglobina T
- Hemoglobina F
- Oxihemoglobina: representa a hemoglobina que se encontra unida ao osíxeno normalmente ( Hb+O2)
- Metahemoglobina
- Carbaminohemoglobina
- Carboxihemoglobina
- Hemoglobina glicosilada
Tamén hai hemoglobinas embrionarias (HbE) dos tipos: Gower 1, Gower 2 e Portland I e II. Estas só están presentes no embrión.
Son valores de referencia: Para homes: 18,0 ± 2,0. Para mulleres: 16,0 ± 2,0.