Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
A cefalea tensional ou cefalalxia tensional, tamén denominada cefalea muscular ou vasomotora, é un tipo de cefalalxia continua, non pulsátil, na que o doente adoita referir unha dor opresiva, que envolta a parte alta da testa. A duración é variábel, entre uns poucos minutos e varios días e, polo xeral, non se acompaña de outros síntomas. A presenza de outras alteracións, alén da dor, fai pór en dúbida o diagnóstico. Malia que o tratamento máis idóneo é a eliminación do factor estresante, estes pacientes adoitan consultar ao neurólogo.
Habitualmente está orixinada por unha contracción continuada polos músculo da testa e do pescozo, producíndose unha isquemia no interior do músculo en contreto. Este tensión pode ser debida a unha postura corporal incorrecta, por exposición a situacións de estrés social ou psicolóxico, ou constituír unha reacción normal ao cansamento intenso. Adoito asóciase a:
As cefaleas episódicas de tipo tensional respostan polo xeral ben á medicación habitual, como son os AINEs (entre os que se demostrou que o máis útil é o ibuprofeno). Outras medicacións útiles inclúen a amitriptilina[1], a mirtazapina[2], os mecanismos de biofeedback[3][4] e o valproato sódico (coma profilaxis ou prevención).[5] Tamén se fixeron experimentos de outros tratamentos como agora a toxina botulínica ou a acupuntura.[6]
↑de Ru JA, Buwalda J (2008). "Botulinum toxin A injection into corrugator muscle for frontally localised chronic daily headache or chronic tension-type headache". J Laryngol Otol(en inglés): 1–6. PMID18588738. doi:10.1017/S0022215108003198.
↑Nestoriuc Y, Rief W, Martin A (2008). "Meta-analysis of biofeedback for tension-type headache: efficacy, specificity, and treatment moderators". J Consult Clin Psychol(en inglés)76 (3): 379–96. PMID18540732. doi:10.1037/0022-006X.76.3.379.
↑Yurekli VA, Akhan G, Kutluhan S, Uzar E, Koyuncuoglu HR, Gultekin F (2008). "The effect of sodium valproate on chronic daily headache and its subgroups". J Headache Pain(en inglés)9 (1): 37–41. PMID18231713. doi:10.1007/s10194-008-0002-5.
↑Davis MA, Kononowech RW, Rolin SA, Spierings EL (2008). "Acupuncture for Tension-Type Headache: A Meta-Analysis of Randomized, Controlled Trials". J Pain(en inglés). PMID18499526. doi:10.1016/j.jpain.2008.03.011.