Aspirina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ácido acetilsalicílico")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Molécula da aspirina.

A Aspirina, nome comercial rexistrado pola casa Bayer ao ácido acetilsalicílico é un medicamento da familia dos salicilatos, usado como un analxésico, antipirético e antiinflamatorio. Ten tamén un efecto antiagregante plaquetario, e úsase en doses baixas e prolongadas para previr ataques ao corazón.

Coñecido e fabricado xa en Alemanña e outros países, foi sintetizado de forma máis pura en 1897 polo farmacéutico alemán Felix Hoffman, da casa Bayer. As súas propiedades terapéuticas foron descritas en 1899 polo farmacólogo Heinrich Dreser. Aspirina é o nome comercial acuñado polos laboratorios Bayer; en moitos países segue a ser unha marca rexistrada, noutros, como os Estados Unidos, Inglaterra, Francia, Canadá e Australia, aspirin converteuse no nome xenérico da substancia, trala expropiación da marca pola entrada do país en 1917 na Primera Guerra Mundial. É o medicamento máis coñecido e consumido en todo o mundo.

O ácido acetilsalicílico obtense de forma sintética, se ben inicialmente producíase a partir de ácido salicílico obtido de fontes naturais, como a casca do salgueiro branco (Salix alba).