Septicemia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Sepse")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sepse
Clasificación e recursos externos
A activación da cascada da coagulación causada polas citocinas xera microtrombos capilares e ó final a isquemia de diversos órganos.
DiseasesDB11960
MedlinePlus000666
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A septicemia[1] ou sepse[2] é unha síndrome de anormalidades fisiolóxicas, patolóxicas e bioquímicas potencialmente mortal asociadas a unha infección. Estas anormalidades son secundarias a unha resposta inmunitaria desbalanceada fronte á infección, que termina danando os tecidos e órganos propios e conducindo a unha disfunción multiorgánica. A síndrome de resposta inflamatoria sistémica asóciase coa sepse, pero non é causa absoluta desta, xa que a sepse involucra a activación tanto de respostas proinflamatorias como antiinflamatorias.[3]

Definicións[editar | editar a fonte]

Infección[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Infección.

Chámase infección a todo proceso patolóxico secundario á invasión por microorganismos patóxenos ou potencialmente patóxenos dun tecido, líquido ou cavidade anatómica que en condicións normais deben permanecer estériles. Porén, está definición non é perfecta, xa que, por exemplo, o colon non é estéril e unha infección por Clostridium difficile pódese xerarse alí. As manifestacións da infección por este xerme non se relacionan coa invasión, senón coa exotoxina que produce.[4][5]

Sepse[editar | editar a fonte]

Sepse, até o ano 2015, significaba, de acordo cos expertos, unha infección con manifestacións de resposta inflamatoria sistémica (SRIS), como febre ou hipotermia, taquicardia, taquipnea, leucocitose ou leucopenia, entre outras. Dende o ano 2017, segundo os mesmos expertos, o termo sepse defínese como a disfunción orgánica causada por unha resposta anómala do hóspede á infección que supón unha ameaza para a supervivencia. En canto á disfunción orgánica, con fins de operatividade clínica pode ser definida como un aumento de dous puntos ou máis no sistema de medición SOFA (Sequential [Sepsis-related] Organ Failure Assessment ou Avaliación Secuencial da Insuficiencia Orgánica —relacionada coa sepse—), o que se asocia cunha mortalidade hospitalaria maior do dez por cento e polo tanto merece unha resposta rápida e axeitada.[3][4][5][6]

Sepse grave[editar | editar a fonte]

O termo «sepse grave», até o ano 2015, significaba, de acordo cos expertos, a presenza de sepse en asociación con manifestacións de disfunción orgánica ou de hipoperfusión tisular, como hipoxemia, oliguria, acidose láctica, elevación de enzimas hepáticas, alteración mental e trastorno da coagulación, entre outras. Dende o ano 2015, segundo os mesmos expertos, considérase un termo redundante (a sepse sempre é grave) e por tanto debe deixar de usarse.[3][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para septicemia.
  2. Entrada sepse en Digalego
  3. 3,0 3,1 3,2 Singer; Deutschman; Seymour,. "The Third International Consensus Definitions for Sepsis and Septic Shock (Sepsis-3)" 315 (8). American Medical Association. PMID 26903338. doi:10.1001/jama.2016.0287. 
  4. 4,0 4,1 Andrade. "Antibioticoterapia en las infecciones graves" 28 (1). Perú: Scielo. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Levy; Fink; Marshall; Abraham; Angus; Cook; Cohen; Opal; Vincent. "2001 SCCM/ESICM/ACCP/ATS/SIS International Sepsis Definitions Conference" (PDF) 2003 (29). Rhode Island, Estados Unidos: Springer-Verlag. doi:10.1007/s00134-003-1662-x. 
  6. "The Third International Consensus Definitions for Sepsis and Septic Shock (Sepsis-3)" (PDF). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]