Carlos I de Portugal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
cambio ficha e retiro marcador
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3: Liña 3:
|nome = Carlos I de Portugal
|nome = Carlos I de Portugal
|título = [[Rei de Portugal]]
|título = [[Rei de Portugal]]
|imaxe = [[Ficheiro:D. carlos 3.jpg|240px]]
|imaxe = D. carlos 3.jpg
|tamaño de imaxe =
|tamaño de imaxe =
|epígrafe =
|epígrafe =

Revisión como estaba o 23 de maio de 2017 ás 07:56

Carlos I de Portugal
Rei de Portugal

Reinado19 de outubro de 1889 - 1 de febreiro de 1908
Nacemento28 de setembro de 1863
Lisboa, Portugal
Falecemento1 de febreiro de 1908
Lisboa, Portugal
PredecesorLuís I de Portugal
SucesorManuel II de Portugal
Cónxuxe/sAmelia de Orleáns

Na rede
WikiTree: Bragança-17 Find a Grave: 9685389 Editar o valor em Wikidata

Carlos Fernando Luís Maria Victor Miguel Rafael Gabriel Gonzaga Xavier Francisco de Assis José Simão de Saxonia-Coburgo-Gotha e Bragança, coñecido como Carlos I de Portugal, alcumado o Martirizado ou o Mártir, nado en Lisboa o 28 de setembro de 1863 e falecido o 1 de febreiro de 1908, foi o penúltimo rei de Portugal.

Traxectoria

Era fillo do rei Luís Filipe e da princesa María Pía de Savoia, filla de Víctor Manuel II, rei de Italia.

Carlos converteuse en rei o 10 de outubro de 1889. Home intelixente pero propenso á extravagancia, as políticas, despilfarros e amoríos extramaritais de Carlos selaron o destino da monarquía portuguesa. Os tratados coloniais co Reino Unido (un asinado en agosto de 1890, que definiu as súas fronteiras africanas ao longo do Zambeze e o Congo, e outros asinados o 14 de outubro de 1899 que confirmaban os tratados coloniais do século XVII) estabilizaron a situación en África. En política interior, Portugal foi declarada en bancarrota dúas veces -o 14 de xuño de 1892, e novamente o 10 de maio de 1902 - causando disturbios industriais, antagonismo con socialistas e republicanos, e a crítica da prensa á monarquía. Carlos respondeu ao nomear a João Franco como primeiro ministro e subsecuentemente aceptando a disolución do Parlamento.

Retrato de D. Carlos I de Portugal

O 1 de febreiro de 1908, a familia real regresaba do palacio de Vila Viçosa a Lisboa. Viaxaban en coche cara a Almada, e logo tomaron un barco para cruzar o río Texo, e desembarcaron en Cais do Sodré, no centro de Lisboa. No seu camiño cara ao palacio real, a carruaxe con Carlos I e a súa familia pasou por Terreiro do Paço. Namentres cruzaban a praza, foron disparados varios tiros desde a multitude por polo menos dous homes: Alfredo Costa e Manuel Buiça. O rei morreu inmediatamente, o seu herdeiro Luís Filipe foi mortalmente ferido, e o príncipe Manuel foi alcanzado nun brazo. Os asasinos foron mortos a tiros no lugar polos escoltas e posteriormente recoñecidos como membros do Partido Republicano. Aproximadamente vinte minutos despois, o príncipe Luís Filipe morreu, e días máis tarde, Manuel foi proclamado rei de Portugal, o último da dinastía dos Bragança-Saxonia-Coburgo-Gotha (Bragança-Wettin).

Descendencia

Carlos casou coa princesa Amélie de Orleáns en 1886. Ela era filla de Philippe, Conde de Paris e de Marie Isabelle de Orleáns. Os seus fillos foron:

Con a nobre Maria Amélia Laredó e Murça:

  • María Pía de Saxonia-Coburgo-Gotha e Bragança, infanta de Portugal (1907 - 1995).
Predecesor:
Luís I
Rei de Portugal
1889 - 1908
Sucesor:
Manuel II