Seabra: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 13: | Liña 13: | ||
}} |
}} |
||
'''Seabra''' (no dialecto galego das [[As Portelas|Portelas]]: '''Xabra'''<ref>http://eprints.ucm.es/3369/1/T19853.pdf</ref>, en [[lingua española|castelán]]: ''Sanabria'', en [[lingua leonesa|leonés]]: ''Senabria'') é o nome dunha comarca natural situada no noroeste da [[provincia de Zamora]]. O seu [[xentilicio]] <small>(véxase no Galizionario)</small> é «{{Dic|xabrés}}» <ref>{{Versaleta|[[Xosé-Henrique Costas González|Costas González, X.-H.]]}} (2016): ''Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega'', páx. 40. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7</ref>. |

Localízase entre as serras de La Culebra, [[serra Segundeira|Segundeira]] e da Cabreira (Cabreira Baixa), lindando polo oeste con Galiza (provincia de Ourense), polo norte coa comarca leonesa |
Localízase entre as serras de La Culebra, [[serra Segundeira|Segundeira]] e da Cabreira (Cabreira Baixa), lindando polo oeste con Galiza (provincia de Ourense), polo norte coa comarca leonesa de [[Comarca da Cabreira|Cabreira]], e polo leste con a comarca zamorana de [[La Carballeda]] ; polo Sur limita con [[Portugal]] ([[distrito de Bragança]]). |
||
Na maior parte do seu territorio falouse (actualmente con pouca vitalidade) leonés. Na zona occidental chamada [[As Portelas]], a comprendida entre a [[Portela da Canda]] e a [[Portela do Padornelo]] fálase [[lingua galega|galego]] con bastante vitalidade, pero cunha poboación vella e en franca diminución. Tamén se fala galego na vila de [[Calabor]], situada en [[Pedralba de la Pradería]]. |

Revisión como estaba o 20 de xaneiro de 2017 ás 19:43
Modelo:Comarca de España Seabra (no dialecto galego das Portelas: Xabra[1], en castelán: Sanabria, en leonés: Senabria) é o nome dunha comarca natural situada no noroeste da provincia de Zamora. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «xabrés» [2]. Localízase entre as serras de La Culebra, Segundeira e da Cabreira (Cabreira Baixa), lindando polo oeste con Galiza (provincia de Ourense), polo norte coa comarca leonesa de Cabreira, e polo leste con a comarca zamorana de La Carballeda ; polo Sur limita con Portugal (distrito de Bragança).
Na maior parte do seu territorio falouse (actualmente con pouca vitalidade) leonés. Na zona occidental chamada As Portelas, a comprendida entre a Portela da Canda e a Portela do Padornelo fálase galego con bastante vitalidade, pero cunha poboación vella e en franca diminución. Tamén se fala galego na vila de Calabor, situada en Pedralba de la Pradería.
Historia
Seabra estivo habitada por tribos astures, do que perduran aínda castros. O seu nome, Senabriga – rexistrado aínda na documentación da Alta Idade Media, do que deriva o actual de Seabra– debe datar daquela época, amosando o elemento céltigo -briga "fortificación", que debeu designar algún castro concreto.
En 921 construíuse o mosteiro de San Martín de Castañeda, ou Castañeira, como se denominou orixinariamente, talvez por monxes mozárabes. En 952, o rei Ordoño III deulles os dereitos de pesca sobre o lago de Seabra. O dominio do mosteiro foi moi forte na comarca ata inicios do século XIX.
En 1103 o rei Afonso IX concedeu o Foro da Seabra.
Logo da Guerra de Independencia de Portugal, no século XVII, ficou incorporada a localidade de Hermisende, anteriormente portuguesa, e onde se fala galego[3], ao igual ca nos concellos de Lubián, Pías e Porto. Ademais, fálase o galego no lugar de Calabor, no concello de Pedralba de la Pradería.
Lista de concellos de Seabra
- Asturianos
- Cobreiros
- Galende
- Hermisende
- Pobra de Seabra
- Lubián
- Palacios de Sanabria
- Pedralba de la Pradería
- Pías
- Porto
- Requeixo
- Robleda-Cervantes
- Rosinos de la Requejada
- San Justo
- San Martín
- Trefacio
Notas
- ↑ http://eprints.ucm.es/3369/1/T19853.pdf
- ↑ Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 40. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
- ↑ Xavier Frías, "Sobre os bloques dialectais do galego: unha nova proposta. Revista de Filología Románica, núm. 14