Örebro: Diferenzas entre revisións
{{Navboxes |list1 = |
m engado a Categoría:Condado de Örebro mediante HotCat |
||
Liña 52: | Liña 52: | ||
}} |
}} |
||
[[Categoría:Cidades de Suecia]] |
[[Categoría:Cidades de Suecia]] |
||
[[Categoría:Condado de Örebro]] |
Revisión como estaba o 18 de novembro de 2016 ás 08:13
Örebro é unha cidade situada no centro de Suecia. A cidade ten unha poboación de 98.237 habitantes (2005), 128.689 cos arrabaldes. A cidade é a capital do Condado de Örebro, cunha poboación de 274.000 habitantes. Örebro atópase a uns 200 km de Estocolmo e 300 das cidades de Gotemburgo e Oslo.
A cidade de Örebro recibiu o carácter oficial de cidade en 1404, sendo capital da antiga provincia de Närke.
Datos de interese
A cidade vella de Örebro Wadköping atópase nas beiras do río Svartån. Nela pódense observar casas dos séculos século XVIII e XIX, e unha gran variedade de museos e exposicións.
A torre da auga de Örebro (1958, coñecida como Svampen (O Boleto) é un destino moi popular na cidade, grazas ós seus 50 metros de altura que a converteron nun miradoiro da cidade.
A universidade de Örebro é unha das universidades máis modernas de Suecia. Actualmente ten uns 14.000 estudantes e 1.300 mestres.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Örebro |
Ligazóns externas
- Örebro - Sitio oficial da cidade.