Baía de Baiona: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 19: Liña 19:
== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===
* {{Versaleta|Rodríguez Álvarez, Roberto}} e {{Versaleta|Vilar Pedreira, Xosé Lois}}: [http://culturmar.org/files/ardentia3/ardentia3-Rguez-Vilar.pdf «Toponimia marítima e fluvial desde o Miño a Panxón: "Fillo de fías ao pe de cabo de vicos, mar de prajetas" e outros mil catrocentos hidrónimos»] pp. 43-56 en [http://culturmar.org/files/ardentia3/ardentia%203-completa.pdf ''Ardentia'' n.º 3], ISSN 1699-3128. Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. Xuño de 2006.
* {{Versaleta|Rodríguez Álvarez, Roberto}} e {{Versaleta|[[Xosé Lois Vilar Pedreira|Vilar Pedreira, Xosé Lois]]}}: [http://culturmar.org/files/ardentia3/ardentia3-Rguez-Vilar.pdf «Toponimia marítima e fluvial desde o Miño a Panxón: "Fillo de fías ao pe de cabo de vicos, mar de prajetas" e outros mil catrocentos hidrónimos»] pp. 43-56 en [http://culturmar.org/files/ardentia3/ardentia%203-completa.pdf ''Ardentia'' n.º 3], ISSN 1699-3128. Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. Xuño de 2006.

=== Outros artigos ===
=== Outros artigos ===
* [[Val Miñor]]
* [[Val Miñor]]

Revisión como estaba o 10 de setembro de 2016 ás 18:22

Coordenadas: 42°07′55.98″N 8°49′59.69″O / 42.1322167, -8.8332472

A península de Monteboi, no medio da Baía de Baiona.

A baía de Baiona, tamén denominada ría de Baiona,[1][2][3][4][5][6] é unha enseada pequena que situada na marxe sur e exterior da ría de Vigo.

Xeografía

Márcaa cabo Silleiro ó oeste, e a península de Monteferro ó leste. Ten 3,6 km de longo e 3,8 km. de ancho. A súa profundidade é de 20 m. A boca da baía ten entrada directa dos ventos do sur e suroeste, e que máis dominan en inverno, e das ondas. Porén, a baía está protexida dos ventos que predominan no verán. Na baía hai dúas rexións diferenciadas. Unha é a parte exterior e central, que son as máis expostas as ondas. A outra é a barreira-lagoon da Ramallosa: unha plataforma protexida por unha barreira areosa (a praia Ladeira) e á que chegan augas doces dos ríos Miñor, da Groba e Guillade. Os solos do fondo da baía son areosos e van da area fina á area grosa[7]. A praias que a rodean son a Cuncheira, dos Frades, da Barbeira, da Ribeira, Santa Marta e Ladeira (de Baiona) e a praia de América, Panxón, Madorra, Area Fora, Arribas Brancas e Portocelo (de Nigrán).

Conta cun peirao na parte occidental construído nos anos 1970.[8] A baía emprégase para pesca con cana e actividades de lecer. Os principais accidentes costeiros desde oeste a leste son cabo Silleiro, a enseada do Baleal ou dos do Peito Ancho, a península de Monterreal ou de Monteboi, a península de Santa Marta (Baíña), frecha litoral da Ladeira, A Ramallosa (incluído na rede Natura 2000) , desembocadura do río Miñor, península de Monte Lourido (co illote da Garza e a punta da Enredada), Canido, península de Monteferro e as Illas Estelas.

Pezas procedentes do dragado do porto, na Casa da Navegación.

Historia

Nas súas augas, atópase o porto de Baiona. O que foi un dos máis importantes, na que no século XVI xunto co porto da Coruña eran os únicos portos galegos que podían comerciar co exterior.[9] Atopáronse nos fondos da baía máis de 35 mil restos de cerámica, ánforas, lanzas, utensilios de embarcacións, canóns e outras armas e outros dos séculos XVI e XIX. Algunhas desas pezas están expostas na Casa da Navegación.[10] Agárdase seguir descubrir máis restos deste período histórico [11][12]. Tirando cara a cabo Silleiro, a costa faise máis escarpada, onde se producen naufraxios como o dos de La Regente (5/4/1900), o Collingham (25/1/1906) ou o ABC (25/1/1931).

A embarcación típica é a gamela.[13]

Notas

  1. "Baiona". Diccionario enciclopédico galego universal 7. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 44. ISBN 84-7680-429-6. …A rede fluvial está dominada pola presenza do río Miñor, que forma a ría de Baiona… 
  2. "Véxase a "Ría de Baiona" no mapa de Baiona". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 260. 
  3. Enciclopedia Galega Universal 2. Ir Indo. 1999-2002. p. 497. ISBN 84-7680-288-9. …A rede fluvial está dominada pola presenza do río Miñor, que forma a ría de Baiona… 
  4. "Baiona". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. Ría pontevedresa na que desemboca o río Miñor a partir da Ramallosa… 
  5. Santa María, Inés e Massó, Noé (2009). "Ría de Baiona". Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. p. 106 C2. ISBN 978-84-8289-328-0. 
  6. Mapa Topográfico Nacional. WMTS de cartografía raster del IGN (Mapa). 1:25.000. Instituto Geográfico Nacional de España. 
  7. Alejo I, Austin WEN, Francés G, Vilas F (1999). Preliminary investigations of the recent Foraminifera of Baiona Bay, N.W. Spain. Journal of Coastal Research 15: 413-427.
  8. Alejo, I e Vilas, F. Sedimentary environments of the Biona Basin (Pontevedra). Cuaderno Lab, Xeolóxico de Laxe Coruña, 1987. Vol 12 pp. 11-24
  9. María del Carmen Saavedra Vázquez - USC. "El comercio marítimo de Baiona en la segunda mitad del siglo XVI". Consultado o 28/10/2014. 
  10. Inventario de materiais e inventario de pezas arqueolóxicas do proxecto, 2014, Deputación de Pontevedra (en castelán).
  11. Neli Pillado - Faro de Vigo. "Nuevo hallazgo arqueológico en el fondo de la bahía de Baiona con miles de piezas.". Consultado o 28/10/2014. 
  12. M. Torres / A. Martínez (28/3/2008). "Descubren en Baiona el mayor yacimiento submarino de Galicia". La Voz de Galicia. 
  13. Xosé Lois Vilar Pedreira (2008). Os nomes do mar de Baiona e Panxón. Instituto de Estudos Miñoranos. ISBN 978-84-96950-75-7.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos