Península de Monterreal
A península de Monterreal ou de Monteboi é un promontorio natural situado na vila de Baiona, na provincia de Pontevedra.[1]
Historia[editar | editar a fonte]
Coñécese dende hai máis de 2.000 anos como recinto amurallado. Habitaron aquí celtas, fenicios e romanos, os cales foron moitas veces atacados. Existen tamén restos dun castro. Antigamente asentouse aquí a vila de Baiona, por privilexio outorgado polos Reis Católicos para defenderse das incursións corsarias.[1] Outro privilexio foi o cambio de nome: de Monteboi a Monterreal; dándolle así máis importancia.
Xeografía[editar | editar a fonte]
A península ocupa unha extensión de 18 hectáreas rodeadas de 3 km. As murallas datan de entre os séculos XI e XVII.[1] Na península hai catro praias: Cuncheira, Os Frades, Barbeira e A Ribeira.
Parador "Conde de Gondomar-Baiona"[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Parador de Baiona.
O recinto converteuse en residencia de gobernadores, como o Conde de Gondomar. Despois de pasar a mans privadas o Ministerio de Información e Turismo mercou o terreo e construíu o Parador "Conde de Gondomar".[1]
Muralla[editar | editar a fonte]
A muralla mantén as tres torres dende as que se vixiaba a fortaleza. Na entrada está a torre do Reloxo ; ó leste érguese a torre da Tenaza e na parte oriental da fortaleza, sobre a baía de Baiona, atópase a torre do Príncipe. Esta última ten tres escudos (dos Austrias, dos Soutomaior e o de Baiona). Debe o seu nome ó príncipe portugués Afonso Enriques que estivo retido nesa torre.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- López Otero, Beatriz e Soraluce Blond, J. R. (2013). Monterreal de Baiona. Transformaciones de un monumento Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. 55,63 MB ISBN 9788497495790.