Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Monicreques»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
Sem resumo de edição
Sem resumo de edição
==Usos inapropiados==
[[Ficheiro:FITR 2012, monicreque (1).JPG|miniatura|[[Monicreque]].]]
Os wikipedistas aprecian o uso do [[Wikipedia:Consenso|consenso]] para tomar decisións e asumen que a maior parte da xente tenta axudar a Wikipedia. Os monicreques válense desta [[Wikipedia:Asuma a boa fe|boa fe]] para conseguir os seus fins de desequilibrar un debate ou de evitar as sancións. Por este motivo na Wikipedia non se poden empregar monicreques e no suposto de que sexan utilizados tomaranse as medidas que cumpran para protexer a comunidade das súas accións, cun bloqueo da conta principal.
 
Ao ser usuarios experimentados, aínda que baixo unha máscara, os monicreques adoitan ter unha maior familiaridade coas normas e recursos da Wikipedia e cos seus procedementos de edición. Con cousas que, por exemplo, alguén que acaba de chegar descoñecería. Xa que logo, dende o comezo entrarán en [[Wikipedia:Guerra de edicións|guerras de edición]] e participarán nos debates e [[Wikipedia:Votacións|votacións]]. Tamén é moi posible que centren os seus obxectivos nun só artigo, e que reduzan as súas edicións a el. Non obstante, cómpre ter coidado e non sinalar rapidamente un usuario como monicreque sen apenas probas.
 
===Monicreques electorais===
Como a Wikipedia se apoia no principio "unha persoa, un voto", os monicreques poden tentar interferir nas eleccións, nos debates de borrado e en xeral en todas aquelas conversas onde se producen acordos e discordancias, sumando votos extra á opinión da conta principal. Pero tamén interfiren cando realizan opinións redundantes ás xa emitidas, e que dan a impresión dun falso [[Wikipedia:Consenso|consenso]] aínda que non se estea votando. Tamén poden usarse maliciosamente para romper un debate, a modo de [[Troll (Internet)|trol]], que é outro xeito de influír na opinión da comunidade.
 
===Canear as normas===
 
===Facundos===
Facundo era o nome do boneco co que o [[Mago Antón]] fixo os seus primeiros espectáculos como [[Ventriloquia|ventrílocuo]]. No contexto da Wikipedia, un facundo (en [[Lingua inglesa|inglés]], ''meatpuppet'') é un usuario que edita por boca doutro usuario. Aínda que a Wikipedia parte da asunción da [[Wikipedia:Asuma a boa fe|boa fe]], e particularmente cos novos usuarios, débese desaconsellar e combater o recrutamento de novos colaboradores que veñen á Wikipedia co propósito de influír nun punto de vista, de realizar trocos concretos ou de aparentar un [[Wikipedia:Consenso|consenso]] irreal. Un editor novo que ten o mesmo comportamento ca outro nos mesmos contextos e que semella editar na Wikipedia só para reforzar o posicionamento do outro, debe ser sancionado ao igual có usuario que fala por boca del.
 
Non recrute facundos. Non pida aos seus amigos, parentes ou grupos de xente que están de acordo con vostede que veñan á Wikipedia e apoien o seu posicionamento nos debates. Se cre que non se lle fai caso abondo nunha conversa, o que debe facer é [[Wikipedia:Non fagas ataques persoais|evitar ataques persoais]], propor votacións ou usar calquera outro procedemento para resolver conflitos que estea debidamente consolidado e que non consista unicamente en mudar unha actitude tendenciosa pola súa contraria.
 
A comunidade wikipédica segue algúns modelos de comportamento que reducen o dano causado polos posibles facundos. O [[Wikipedia:Consenso|consenso]] nos debates e conversas '''non se basea''' unicamente no número de votos, senón nos argumentos que empregan os distintos editores e que se apoian nas [[Wikipedia:Política e normas|normas e políticas]] da Wikipedia. É estraño que alguén acabado de chegar entenda todo o catálogo de normas e prácticas da Wikipedia ou que coñeza referencias que usuarios máis veteranos aínda non mencionaron.
 
===Homes de palla===

Menú de navegación