Monicreque
| Monicreque | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
Un monicreque,[1] fantoche[2] ou monifate[3] é un obxecto, a miúdo con aparencia humana, animal ou mítica, que é animado e manipulado por unha persoa. A persoa emprega movementos da súa man, brazo ou dispositivos de control como varas, cordas ou outros mecanismos para mover o corpo, a cabeza, as extremidades e, nalgúns casos, a boca e os ollos do monicreque. Con frecuencia, a persoa que move o monicreque tamén fai do personaxe, sincronizando os movementos da boca do boneco coa parte falada da representación.
Historia
[editar | editar a fonte]
Os monicreques son unha forma moi antiga de teatro que aparece na Antiga Grecia no século -V.[4][5] No Antigo Exipto empregábanse figuras que podían mover diversas partes do corpo con finalidade relixiosa.[6]
Os monicreques forman parte de numerosas tradicións culturais en todo o mundo. Entre elas, o bunraku xaponés e a opera dei pupi siciliana, baseada en historias do ciclo carolinxio como o Orlando Furioso.
Outro campo relacionado co mundo dos monicreques é o do teatro de sombras, no que as figuras, vistas a través dunha pantalla e iluminadas por detrás, son movidas con talos, varas ou mecanismos semellantes.
En Galiza
[editar | editar a fonte]O teatro de monicreques galego ten como figura máis coñecida a de Barriga Verde, artista e personaxe popular de espectáculos itinerantes moi difundidos ao longo do século XX, especialmente en feiras e festas, con representacións emparentadas cos títeres de cachiporra e o Punch and Judy británico, caracterizados polo humor directo, a interacción co público e certa improvisación.
Na actualidade, o teatro de monicreques en Galicia continúa a desenvolverse a través de compañías profesionais que combinan tradición e innovación escénica, como Kukas, Viravolta Títeres[7] (colaboradores do Museo Galego da Marioneta)[8] ou Tanxarina,[9] e eventos como o Festival Internacional de Títeres de Redondela.
Tipos de monicreques
[editar | editar a fonte]Existen diferentes tipos de monicreques segundo a técnica de manipulación:
- De man: manipúlanse directamente coa man no seu interior.
- De fíos ou marionetas: móvense mediante cordas desde arriba.
- De vara: controlados por varas unidas ao corpo ou ás extremidades.
- Bunraku: tradición xaponesa na que varios manipuladores controlan un único monicreque.
- De sombra: figuras planas proxectadas sobre unha pantalla iluminada. (Véxase teatro de sombras e sombras chinescas).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para monicreque.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fantoche.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para monifate.
- ↑ Heródoto, Historias, 2.48, en Perseus
- ↑ Xenofonte, Simposio, 4.55, en Perseus
- ↑ Francis, William; Griffith, John William (1846). A history of inventions, discoveries, and origins (en inglés). H.G. Bohn. pp. vol.2, p.133.
- ↑ "Viravolta Titeres". YouTube. Consultado o 2026-04-03.
- ↑ "Museo Galego da Marioneta" (PDF). consellodacultura.gal.
- ↑ "40 anos de títeres para un mundo mellor". A Voz de Galicia. 2023-07-11. Consultado o 2026-04-03.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monicreque |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ghosh, S. and Banerjee, Utpal Kumar, Indian Puppets, Abhinav Publications, 2006. ISBN 81-7017-435-X.
- Bell, John, Strings, Hands, Shadows: A Modern Puppet History, Wayne State University Press, 2000. ISBN 0-89558-156-6.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Estado fantoche ou Estado monicreque
Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |