Ventriloquia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un ventrílocuo co seu boneco.

A ventriloquia[1], palabra derivada de ventrílocuo, que á súa vez provén do latín ventrilocuus, é dicir "o que fala co ventre", é a arte de modificar a voz para imitar outras voces ou outros sons.

Características[editar | editar a fonte]

Dado que a ventriloquia está orientada ao mundo do espectáculo, forma parte da brillantez da actuación o que a emisión de voz se faga da forma máis discreta posíbel, isto é, que o ventrílocuo sexa capaz de dar voz ao boneco sen mover, ou case sen mover, os beizos, de modo que unha vez proxectada a voz, pareza orixinarse efectivamente no propio boneco. Nun principio pensouse que era o resultado dun uso pouco corrente do estómago durante a inhalación, e de aí o seu nome do latín venter, "estómago" e loqui, "falar".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ventriloquia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]