Conversa usuario:HombreDHojalata/Arquivo 11: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ArtaiGZ (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 324: Liña 324:


--[[Usuario:Tommyhilfiger|Tommyhilfiger]] ([[Conversa usuario:Tommyhilfiger|conversa]]) 11 de agosto de 2014 ás 10:36 (UTC)
--[[Usuario:Tommyhilfiger|Tommyhilfiger]] ([[Conversa usuario:Tommyhilfiger|conversa]]) 11 de agosto de 2014 ás 10:36 (UTC)

== Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia ==

Boas HombreDHojalata, moitísimas grazas pola túa axuda. Cando lin os artigos correspondentes á tradución de artigos na Wikipedia, si que vin que se incluía unha referencia ao texto fonte, pero despois fun mirando en entradas ao chou e nunca vía ao final o típico "traducido de", entón tampouco eu o puxen. Moitas graza de novo, a partir de agora seguirei algún dos métodos que me indicaches!
Un saúdo,--[[Usuario:Alarikaviana|Alarikaviana]] ([[Conversa usuario:Alarikaviana|conversa]]) 15 de agosto de 2014 ás 10:52 (UTC)

Revisión como estaba o 15 de agosto de 2014 ás 10:52

Contrólame HombreDHojalata/Arquivo 11 Este usuario controla o bot BotDHojalata.
Arquivos
aínda non hai arquivos (crear)

Galego Por favor, engade a túa mensaxe na parte inferior da páxina e non esquezas asinar co botón , ou con --~~~~. Grazas!
English Please, add your message in the bottom of the page and don't forget to sign by clicking the icon or by typing --~~~~. Thank you!
Español Por favor, añade tu mensaje en la parte inferior de la página y no olvides firmar con el botón , o con --~~~~. ¡Gracias!
Português Por favor, adicione a sua mensagem na parte inferior da página e não se esqueça de assinar com o botão , ou com --~~~~. Obrigado!

Ausente

Re:Máis "en progreso"

ola descolpa pero cando tenga o tempo dispoñible xa podré desrolar artigos. grazas, saudos e ata a volta.----X4v13r3 (fálame) 31 de marzo de 2014 ás 07:33 (UTC)[responder]

Votación de Harpagornis

Boas, HDH. Creo que Harpagornis non pode votar en Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Harvey Milk, xa que non chega ás 150 edicións requiridas. Podes riscar o seu voto? Grazas! --Norrin (Fálame) 1 de abril de 2014 ás 14:38 (UTC)[responder]

Xa o fixen eu. --AMPERIO (conversa) 1 de abril de 2014 ás 15:15 (UTC)[responder]

Proposta

Boas HombreDHojalata/Arquivo 11!, cando teñas un momento, poderías revisar e achegar as túas ideas e voto nesta proposta?. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 2 de abril de 2014 ás 11:18 (UTC)[responder]

Felipe Criado Boado

Boas de novo. Vexo que no seu momento fixeras unha edición no artigo "Felipe Criado Boado". Agradecería moito a túa mediación ou opinión neste problema. Moitísimas grazas.--AArizaga

TIA

Ola, a TIA non é axencia de mortadelo e filemón. Penso que se nun artigo se di que está baseada a información en TIA-598-C xa está suficientemente documentado o que se di pola fonte primaria http://gl.wikipedia.org/wiki/Fibra_óptica e se non é así pois bórrase, as etiquetas sobran. Saúdos 151.237.213.6 6 de abril de 2014 ás 11:44 (UTC)[responder]

Volta

Placa altimétrica Redondela

Boas! Hai uns meses pedírasme se lle podía tirar unha foto á placa altimétrica do concello de Redondela. Ten unha pegatina adherida, pero vese de todos os xeitos a letra e os número. Pois velaí vai:

Un saúdo, meu, se precisas calquera cousa máis, a pedir! --Tommyhilfiger (conversa) 14 de abril de 2014 ás 13:26 (UTC)[responder]

Opinión

Boas, fixen unha proposta na taberna, dado que é un asunto que afectaría á portada creo que canta máis xente opine mellor. Un saúdo, Piquito (conversa) 14 de abril de 2014 ás 17:31 (UTC)[responder]

re:substitucións

Gracias polo aviso! Fixen as substitucións de xeito automático sen darme conta de que mudara unha imaxe. Fixareime un pouco máis a partir de agora! Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 15 de abril de 2014 ás 08:52 (UTC)[responder]

grazas!

moitas grazas polos consellos. Saudos!--Loisteixeiro (conversa) 15 de abril de 2014 ás 11:32 (UTC)[responder]

A miña sinatura

Grazas, xa me avisaron moitas veces, pero sempre se me olvida, xa está resolto, foi un erro de copiar da sinatura de wikipedia en español. Saúdos--Harpagornis (Talk) 15 de abril de 2014 ás 15:46 (UTC)[responder]

Categorías

Boas, porque retiraches a categoría Series de televisión iniciadas en 2008 da paxina The Mentalist? ten algún erro ou entra en conflito con outra categoría?. saúde!--Anton45 (conversa) 17 de abril de 2014 ás 13:48 (UTC)[responder]

Recoñecemento

Grazas por me avisares. Fíxeno ben? --Gobraves (conversa) 20 de abril de 2014 ás 11:11 (UTC)[responder]

Reino de Portugal

Sen problemas! Tardarei un tempo xa que de aquí a finais de xuño vou andar un pouco liado (e quero acabar cos que estou agora antes). Saúdos!--Adorian (conversa) 22 de abril de 2014 ás 21:40 (UTC)[responder]

Laxeiro

--Javier Pérez Buján (conversa) 24 de abril de 2014 ás 07:20 (UTC)Bos días, home de hojalata. O texto da entrada "Laxeiro" efectivamente é un corte e pega dun texto da miña autoría. Pídoche desculpas por cambiar o artigo sen poñerme en concto contigo, pero é que era a primeira vez que entraba na galipedia como editor e non sé moi ben como vai isto. Moitas grazas e un saúdo. Javier Pérez Buján--Javier Pérez Buján (conversa) 24 de abril de 2014 ás 07:20 (UTC)[responder]

Ola HombreDHojalata.

Agradecense as indicacións, ainda estou empezando e hai cousas que non sei e que alguén che oriente é bo.

Un saudo e gracias de novo.

--Dodro (conversa) 26 de abril de 2014 ás 21:42 (UTC)[responder]

Datos dos ficheiros

Boas tardes,

acabo de ver una mensaxe acerca das licenzas das imaxes que subín...pero cando fun subsanalo xa non estaban dispoñibles. Foran borradas...

As imaxes que subín eran da Wikipedia en castelán pois tiña entendido que estas eran de uso libre dentro doutras wikipedias, neste caso na Galipedia...

Pediríache información de coma proceder para facelo correctamente...

Aínda que comprobo agora que aínda que as imaxes foron borradas, semella que foron redirixidas ás orixinais da Wikipedia..

Un saúdo

UL_Ospala

Bull terrier

Supoño que escribir isto con maiúsculas ou minúsculas depende das normas gramaticais de cada lingua e non de que a raza "deba" escribirse dunha forma ou outra por libro xenealóxico ou cuestións así. Supoño que en inglés, onde teñen tendencia ó uso e abuso das maiúsculas, prefírese a forma Bull Terrier ([1], [2], [3], ou a mesma en:wiki [4]). Pola contra, as normas en castelán e galego restrinxen o uso das maiúsculas a situacións máis particulares, polo que aquí deberiamos designar a raza como bull terrier, tal como facemos no caso de pit bull, husky siberiano e outros, pero que non o facemos no caso do Gran Danés. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 4 de maio de 2014 ás 19:56 (UTC)[responder]

Boston Bruins

Ola HombreDHojalata! Estou a ampliar o artigo dos Boston Bruins a partir do artigo de calidade da wiki en francés, mais non teño moitos coñecementos técnicos. Na sección de "Rivalidades" quería incluír unha táboa que se pode ocultar como a da wiki en francés (aquí), eu non sei como se pode facer (especialmente o tema de poñer os grupos de resultados uns ao lado dos outros), poderías votarlle un ollo para seguir coa tradución? Moitas grazas, Piquito (conversa) 5 de maio de 2014 ás 08:39 (UTC)[responder]

Ah, se a maiores se puideran poñer as cores do equipo na barra do despregable seguindo a estética do resto do artigo xa sería a repanocha. Piquito (conversa) 5 de maio de 2014 ás 08:40 (UTC)[responder]

Libro de estilo

Boas! Comecei un novo tema na Taberna para concretar mais o libro de estilo, a ver se lle podes botar un ollo. --Norrin (Fálame) 5 de maio de 2014 ás 14:24 (UTC)[responder]

Hola, caro HombreDHojalata, como estàs?

Tiengo echo esta nueva pagine, y te pido por favor 5 minutos del tu tiempo por una relectura rapida.

Muchas gracias para la tu ajuda!

Rei Momo (conversa) 8 de maio de 2014 ás 16:53 (UTC)[responder]

Muchas gracias!!! Tiengo colocado mas noticias, vea-là :-) Rei Momo (conversa) 8 de maio de 2014 ás 19:52 (UTC)[responder]

Modificar modelo

Ola HombreDhojalata.

Como podo incluir o lugar de Cancela Abrea en:

Lugares da parroquia de Dodro no concello coruñés de Dodro

A Igrexa | A Cancela Abrea | Dodriño | Lestrobe | Revixós | Susavila | Vigo


Guía de Información turística. Parroquias, "Santa María de Dodro, parroquia que se localiza no leste do concello de Dodro, de extensión 7,20 quilómetros cadrados. As suas aldeas son sete: A Igrexa de Dodro, Dodriño, Lestrobe, Revixós, Susavila, Vigo e Cancela Abrea".

Ou se ti tes a ben incluila, mellor.

Unha aperta.

--Dodro (conversa) 11 de maio de 2014 ás 15:34 (UTC)[responder]

Xa está feito HombreDHojalata.

Grazas polas indicacións.

Unha aperta.

--Dodro (conversa) 11 de maio de 2014 ás 15:53 (UTC)[responder]

Ausente

Estou fóra

Ola.                                                            Esta é unha substitución {{subst:Fóra}} dunha mensaxe automática.

Inda que me vexas activo na páxina de cambios recentes, estou trebellando cun pequeno dispositivo tipo smartphone.

Contestareiche con calma cando estea na casa. Grazas e desculpa. --. HombreDHojalata.conversa 11 de maio de 2014 ás 20:56 (UTC)[responder]

Fotos

Ola, meu; tomo nota da petición. Cando remate os exames teño pensado facer un artigo sobre a igrexa de San Bartolomeu. Da fonte da Peregrina hai esta foto, aínda que colle só a escultura situada sobre ela; en breve xa subo unha da fonte completa.

Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13 de maio de 2014 ás 11:31 (UTC)[responder]

Volta

Xosé María Díaz Castro en esperanto

Como estás? Grazas por me teres avisado com tempo para fazer a versom em esperanto. Desculpa, porque me esquecim totalmente. De todos os jeitos, já vim que te desenvolveche mui bem! Parabéns!

Agora mesmo me ponho e a amplio. Abraços.

Susomoinhos (conversa) 16 de maio de 2014 ás 23:10 (UTC)[responder]

Categoría:Deputados nas Cortes Españolas

A que categoría debería moverse? Deputados nas Cortes de España? Por que se é así discordo co movemento ao ser Cortes Españolas o seu nome. Outra cousa sería que fora por Cortes españolas... Poderías aclaralo? Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 19 de maio de 2014 ás 09:36 (UTC)[responder]

Eliminar un enlace

Bos días, son nova en facer contribución, e gustaríame saber porque me borraron o ligazón que engadín o outro día. Moitas gracias --Kiawoklaw9891 (conversa) 19 de maio de 2014 ás 22:24 (UTC)[responder]

Movemento

Ó trasladar Modelo:Outroshomónimos a Modelo:Outros homónimos, esqueciches trasladar a documentación de Modelo:Outroshomónimos/uso a Modelo:Outros homónimos/uso. Xa que non se traslada automaticamente como ass páxinas de conversa. Saúdos. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 28 de maio de 2014 ás 09:07 (UTC)[responder]

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia

Moitas grazas pola axuda, Tratarei de incluir o que me comentas, pero non teño demasiada experiencia editando wikis, así que pode levarme un pouco. Por favor, si ves calquera outra cousa que necesite corrección agradezoche que mo indiques. Un saúdo —o anterior comentario sen asinar foi feito por Inframinas (conversacontribucións)

RE:

Grazas por avisar, pero como podes ver aínda non rematei de editar. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 6 de xuño de 2014 ás 07:51 (UTC)[responder]

OK. Paréceme estupendo que me informes de que hai erros nos artigos que edito, pero ao igual que eu corrixo os erros que atopo de outros usuarios, ti poderías facer tamén o mesmo cos que ti atopas. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 6 de xuño de 2014 ás 08:06 (UTC)[responder]
Por iso digo que paréceme estupendo que me informes, pero que en lugar de esperar a que os corrixa eu, poderías facelo ti. --AMPERIO (conversa) 6 de xuño de 2014 ás 08:11 (UTC)[responder]

Marcador de atención

Boas HombreDHojalata! Entendo eu que os marcadores de atención e/ou aviso están para iso... Entendo que nun artigo de calidade esas eivas de formato son aínda máis importante, polo que razón de máis para poñelo. En calquera caso, nalgures haberá que deixar constancia dese problema. Sobre a cat. de Escritores de Galicia, pois está saturada, por iso puxen o aviso de comenzar a dividila or concellos/provincias. Entendo que, a medida que as categorías estean máis cheas, haberá que ir subdividindoas, non creo que sexa cousa da páxina de conversa. Por outra parte, grazas por comentalo na miña conversa. Saúdos! --Norrin (Fálame) 7 de xuño de 2014 ás 08:35 (UTC)[responder]

Erro

Boas HombreDHojalata! Propuxen de novo para calidade o artigo de Claudio Abbado, mais creo que non fixen ben a proposta, xa que non aparece a proposta anterior... non sei cómo se fai eso, podes axudarme? Xa de paso se podes colocar o aviso xunto co da centola... Un saúdo! Piquito (conversa) 9 de xuño de 2014 ás 16:50 (UTC)[responder]

Arte

Rogo reconsideres a túa eliminación do listado de exposicións de arte, pois creo que ao igual que o resto de referencias externas, engade valor ao articulo --Knowledge for freedom (conversa) 12 de xuño de 2014 ás 13:02 (UTC)[responder]

Tradución das citas

Boas HombreDHojalata! Abrín un debate na Taberna para tentar aclararnos sobre a tradución/non tradución das citas, sería boa cousa contar coa túa participación. Saúdos! --Norrin (Fálame) 16 de xuño de 2014 ás 08:04 (UTC)[responder]

Boas HombreDHojalata! Estou a darlles formato a todas as referencias do artigo Claudio Abbado, porén das referencias que achegaches á páxina de conversa do artigo non teño datos como para poñer a información, poderías engadirlla ti? Se eso cando acabe co resto te aviso e xa che digo qué números son para que podas ir máis rápido. Unha aperta! Piquito (conversa) 18 de xuño de 2014 ás 08:23 (UTC)[responder]

Grazas pola axuda.

Un saúdo. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Amebaparlante (conversacontribucións)

Batalla de Tudela

Grazas por avisares. Xa amañei o despìste. --XoioÉche o que hai 23 de xuño de 2014 ás 11:16 (UTC)[responder]

falta de referencias

Ola, tentei engadir esas referencias que me dicías, non sei se o fixen ben. Pero no caso de Vilar Ponte creo que non fai falta: son datos consabidos que se poden ver en calquera sitio (a súa pertenza á RAG, ou que dirixiu A Nosa Terra). Non vexo eu que se introduzan referencias para calquera cousa que se inclúa. Quizais poidas dicirme onde se aclara iso. Un saúdo,--Anox 23 de xuño de 2014 ás 14:07 (UTC)

Traducción manual do Chicago Fire Soccer Club

Ola HombreDHojalata,

A tradución do artigo Chicago Fire foi unha tradución manual porque foi a miña tradución para a miña clase de universidade. Foi tamén a miña primeira creación real dun artigo na Wikipedia. Estou seguro de que a calidade da tradución é boa. Con todo, porque eu non teño moita experiencia con wikipedia, é posible que existan ligazóns internas erradas. Espero que axude.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Matthew Barera (conversacontribucións)

Cursivas

Ola, HombreDHojalata, se puxen esas cursivas, haberá que quitalas. Supoño que querería pór hipervínculos, pero non sei como!--Anox 24 de xuño de 2014 ás 13:44 (UTC)

Saúdos

Boas HombreDHojalata! Podes botar un ollo a Conversa categoría:Nados en Italia por rexión? Entendo eu que a apostilla de por rexión é innecesaria ao ser a 1eira división, do mesmo xeito que sería innecesaria una Categoría:Nados en España por comunidade autónoma... Que pensas? --Norrin (Fálame) 24 de xuño de 2014 ás 14:13 (UTC)[responder]

Re: File:Estatua de la Libertad. Animación.gif

Pois síntocho ben, pero daquela traballaba con Windows e tiña un programiña que facía gifs animados, pero agora paseime a Linux e nin teño ferramentas nin che sei traballar con eses arquivos...

Lamento de veras non poder axudar.

Saúdos para todos, --Furado (conversa) 25 de xuño de 2014 ás 18:50 (UTC)[responder]

Feito! Feito! co Gimp, creo que quedou ben, se hai algún erro avisade. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de xuño de 2014 ás 01:00 (UTC)[responder]

Ana María Matute

Moitas grazas. --Farmacopea (conversa) 29 de xuño de 2014 ás 18:44 (UTC)[responder]

Artigo Xuetas

Hai uns días que lle botei un ollo a este artigo e fixen varias modificacións. Nalgúns casos considero que as vebas ou expresións son incorrectas, noutros, mofiqueinas por expresións máis propias no galego.

Un exemplo é o infinitivo conxugado; segundo consultei no corrector que me indicas, as modificacións feitas por min non son identificadas polo corrector coma erros, polo que non entendo que se anulasen.

Coméntame porque non estou a entender moi ben onde está o faio que cometín.

Saúdos.

--Cachaldora (conversa) 2 de xullo de 2014 ás 22:01 (UTC)Cachaldora--Cachaldora (conversa) 2 de xullo de 2014 ás 22:01 (UTC)[responder]

Compresor alternativo frigorífico

Grazas polas suxerencias de correccións neste artigo. Un saúdo--UL mrsanmartin (conversa) 3 de xullo de 2014 ás 10:04 (UTC)[responder]

Betanzos

Ola. Grazas polas túas puntualizacións. Coido que é lóxico que nunha corrección de estilo "se muden unhas formas correctas por outras". Trátase diso. Aínda que é moito máis ca iso. Tento unifica-lo estilo do artigo. Como é normal, neste artigo hai diferentes mans que escriben o galego de diferentes formas. No caso da terminación dos adxectivos en -able/-ábel a meirande parte aquí son -ábel, pero hai algúns en -able; unifícoos en -ábel por seren a maioría neste artigo. No caso de "todos os/tódolos", unifico a "tódolos" por seren tamén a forma elixida na meirande parte dos casos neste artigo, coma "mailo" e "maila". Engado "ámbolos" pola mesma razón e porque a RAG especifica que «Ambos, cando vai modificando un substantivo, vai acompañado do artigo e pódese utilizar contraído coa segunda forma, dando como resultado as formas ámbolos e ámbalas». Cambio "desde" a "dende" por entender que é a forma máis galega, aínda que "desde" sexa aceptada pola RAG. Pois que é un artigo candidato a "artigo de calidade" tento facer unha corrección de estilo sen alterar en nada o sentido orixinal. Hai algúns casos en que palabras ou formas admitidas pola RAG soan demasiado castelás e poden ser mudadas doadamente por outras máis xenuinamente galegas. A miña intención é que o artigo "Betanzos" pareza o máis posible galego, evitando castelanismos ou xiros máis propios do español que do galego. É un traballo considerable no que só quero mellorar algo que xa está ben. Se o feito de corrixi-lo estilo, "sen piedade", como se afirma nos "cinco piares", pero con respecto polo orixinal, se entende como falta de respecto ao "primeiro redactor", en contra do que se afirma nos cinco piares: «Nótese que os artigos poden ser cambiados por calquera e que non existe ningún control individual exclusivo de calquera artigo», gustaríame telo claro para en diante non malgasta-lo meu esforzo en algo que poida ser visto coma mal feito e poida ser revertido. Saúdos --Nerk (conversa) 8 de xullo de 2014 ás 00:32 (UTC)[responder]

MOdificacións porque as formas son igualmente correctas.

Boas, antes de nada quixera deixar claro que non teño intención de amolar.

Ao respecto dos cambios que eu fixen, e que foron restablecidos, entendo que se queira respectar a forma expresada polo autor orixinal. Porén, cando comentas que isto foi feito porque as formas iniciais son igual de correctas cas posteriormente empregadas, debo dicir que non estou dacordo.

Explícome, unha cousa é que as verbas por separado veñan recollidas no dicionario da RAG, e outra é que a expresión en si mesma sexa correcta, oficial, ou válida.

Por exemplo, se na wiki en español se fixera o comentario de que "o parque móbil da provincia de Madrid é duns 4.563.231 carros" (inventei a frase), estaremos dacordo en que na consulta de verbas, "carro" virá como válida, máis claramente non é a axeitada.

Non quixera entrar en detalles sobre as modificacións que fixen pois a maioría delas foron feitas seguindo o meu criterio persoal sobre un xeito de narrar máis adecuado, e expresións máis galegas. O castelanismo non é algo que se limite ás verbas individualmente, senón que tamén se pode castelanizar con expresións. Se así for, a análise individual das verbas daría como válidas a todas elas, pero o seu conxunto é errado.

Dito todo isto, quero preguntarche se estás dacordo con esta argumentación ou se segues a considerar que un parágrafo debe de ser valorado verba a verba. Un exemplo sobre o artigo en cuestión é a seguinte frase: "O termo documéntase por primeira vez en torno aos procesos inquisitoriais iniciados en 1688"

Neste caso, o correcto sería pór: "O termo documéntase por VEZ PRIMEIRA AO REDOR DOS procesos inquisitoriais iniciados en 1688". Poderiase discutir sobre a forma "primeira vez" (adecuado para expresións "Foi a primeira vez que fixo...; en troques de "Fíxoo por vez primeira...") ou "vez primeira" (máis correcta esta); pero do que non hai dúbida é que a verba "torno" nesta frase está fóra de lugar por ser incorrecta, xa que ningunha acepción do dicionario da Rag corresponde coa Locución Preposición en español "en torno a".

Estaría disposto a revisar novamente o documento e a propor os cambios e discutilos. Por certo, entendo que o autor orixinario foi Lliura, hai algún autor da súa tradución? Quen ten autoridade sobre a forma que debe manterse sobre un artigo que foi traducido do orixinario?

Grazas. --Cachaldora (conversa) 8 de xullo de 2014 ás 20:47 (UTC)[responder]

Os probes de Deus

Boas!, mira, atopei que borraches o ficheiro Ficheiro:Os probes de Deus.jpg por copyvio pero resulta que o autor xa está en Dominio Público, seguro que hai que borralo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xullo de 2014 ás 09:41 (UTC)[responder]

Pero o autor non foi Luís Amado Carballo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xullo de 2014 ás 10:00 (UTC)[responder]
Ah, vale, así todo cadra :), vou quitar os ficheiros dos artigos entón. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xullo de 2014 ás 10:23 (UTC)[responder]

Soberanía / Suzeranía

Ola HombreDHojalata. Moitas grazas, coma sempre, ás túas correccións ás miñas (moitas) faltas (debidas sobre todo a andar eu sempre ás présas). Pero, nas que me acabas de facer no artigo Estado borgoñón, só unha precisión, suzeranía é un concepto diferente ao de soberanía (aínda que ambos os dous están relacionados). Unha aperta. --XoioÉche o que hai 9 de xullo de 2014 ás 17:47 (UTC)[responder]

Opinión

Boas, fixen unha nova proposta na taberna e creo que é importante que opine o maior número de usuarios posible, polo que pido a túa opinión. Un saúdo, Piquito (conversa) 12 de xullo de 2014 ás 14:42 (UTC)[responder]

Modelo

Sinto pero estou tan ocupado en mirar como funciona o modelo que se me olvidou a edición do uso do modelo. Grazas--Alfonso mande 13 de xullo de 2014 ás 07:25 (UTC)[responder]

Marcial Gómez Parejo

Ola HombreDHojalata, se han borrado sin previo aviso en commoms imagenes de Marcial Gómez Parejo con licencia CREATIVE COMMONS RECONOCIMIENTO-COMPARTIRIGUAL 3.0 UNPORTED (CC BY-SA 3.0), reflejada en [la fuente]. No entiendo el conflicto de intereses que indicas en mi pag de discusion. Grazas.--Jmcasals (conversa) 13 de xullo de 2014 ás 07:46 (UTC)[responder]

RE: Modelo:Cita centrada

Feito! Feito! Pódese achegar máis, se queres. --Toliño Fala aquí comigo 13 de xullo de 2014 ás 09:47 (UTC)[responder]

Re:

Jei, xa foi aclarado a orixe dos contidos. grazas pola mensaxe e saúdos.----X4v13r3 (fálame) 18 de xullo de 2014 ás 09:33 (UTC)[responder]

Ola HomeDHojalata, espero que me poidas decir por que cando decidiches revertir os cambios en John Cabot, e desa forma manter, e non eliminar, un artigo duplicado, non eliminaches o de Xoán Caboto, pois como podes ver son case unha copia un do outro e non aí nngunha información relevante que levar dun a outro artigo, polo tanto o unico conflito que temos é cal dos dous manter, eu decinme polo de Xoán Caboto, ainda sabendo que me podia trabucar na miña decisión, porque mirando outras wikis vin que mantiñan o nome polo que se coñece nesa lingua e se en galego esiste ese nome pois deixalo con ese nome, senon é asi haberia que cambialo e poñerlle o nome seu de orixen, Giovanni Caboto, que o meu modo de ver seria o normal, xa que o de John Cabot e a súa forma en inglés. Un saudo--Alfonso mande 20 de xullo de 2014 ás 11:19 (UTC)[responder]

Antropónimos

Ola! Vin que puxeches problemas nos artigos de antroponimia, coido que está claro que cando poño "estranxeiros" refírese a non galegos, e non ten ningunha intención ideolóxica, senón que, aínda que sexa a Galipedia unha enciclopedia universal, é maiormente para galegos e interesa facer esas diferenzas. Con todo, podemos pór directamente "non galegos" para evitarmos tantos artigos problemáticos. Saúdos.Nachonion (conversa) 28 de xullo de 2014 ás 19:14 (UTC)[responder]

Estranxeiro

Iso de que é desacertado creo que xa son apreciacións persoais. Despois de falar de galegos, estranxeiro é aquel que é doutro país, polo que é totalmente acertado; pero para non ferir a ninguén poñamos outras das túas ideas. Saúdos.Nachonion (conversa) 28 de xullo de 2014 ás 19:39 (UTC)[responder]

Ola,

Tes razón no que dis. Normalmente o que adoito facer con estes artigos que son moi semellantes é tomar un coma modelo, neste caso o da Casa da Alfóndega, e por iso ás veces a bibliografía cámbioa ou deixoa estar sen decatarme. Terei máis coidado nas próximas ocasións.

Calquera outra suxerencia aquí estou!

--Tommyhilfiger (conversa) 11 de agosto de 2014 ás 10:36 (UTC)[responder]

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia

Boas HombreDHojalata, moitísimas grazas pola túa axuda. Cando lin os artigos correspondentes á tradución de artigos na Wikipedia, si que vin que se incluía unha referencia ao texto fonte, pero despois fun mirando en entradas ao chou e nunca vía ao final o típico "traducido de", entón tampouco eu o puxen. Moitas graza de novo, a partir de agora seguirei algún dos métodos que me indicaches! Un saúdo,--Alarikaviana (conversa) 15 de agosto de 2014 ás 10:52 (UTC)[responder]