Conversa usuario:Loisteixeiro

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Loisteixeiro!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--AMPERIO (conversa) 25 de febreiro de 2014 ás 22:09 (UTC)[responder]

Artigos de lugares[editar a fonte]

Ola, benvido a este proxecto, sempre é agradable ver xente que se incorpora a este choio.

Vin que estabas a facer artigos sobre lugares. Hai un par de cousiñas que sería ben que engadises neles:

  1. Unha información que se adoita poñer nos artigos toponímicos é se hai máis lugares con ese mesmo nome: para iso habería que engadir o seguinte: {{outroshomónimos|XXX}} onde XXX é o nome do lugar. Para ver se existen máis topónimos semellantes podes consultalo no nomenclátor: http://www.xunta.es/nomenclator/busca.jsp
  2. Outra información interesante é engadir as coordenadas do lugar: o modelo a engadir sería este: {{Coordenadas|GRAOS|MINUTOS|SEGUNDOS|N|GRAOS|MINUTOS|SEGUNDOS|W|display=title}} substituíndo GRAOS, MINUTOS e SEGUNDOS polas cifras correspondentes. Para atopalas eu utilizo Google Earth (aparecen na parte inferior dereita).

Podes ver como quedan no artigo Celeirón, Asadur, Maceda, onde os parámetros dos que che falo son:

{{Coordenadas|42|17|16|N|07|36|33|W|display=title}} {{outroshomónimos|Celeirón}}

Pois nada, un saúdo, e se tes dúbidas, pregunta a calquera dos colaboradores, entre todos imos aprendendo. Servando2 (Dime) 25 de febreiro de 2014 ás 22:51 (UTC)[responder]

Acabo de ver que xa che están engadindo o modelo dos homónimos nalgún artigo dos que fixeches.Servando2 (Dime) 25 de febreiro de 2014 ás 22:53 (UTC)[responder]

Homónimos[editar a fonte]

As páxinas de homónimos fanse así: Castroverde (homónimos), podes mover a páxina que fixeches a ese nome poñendo o cursor na lapela á dereita da estrela, onde hai un triángulo invertido e premendo logo en mover, sen problema calquera dúbida podes ir á miña páxina de conversa --Sernostri (conversa) 2 de marzo de 2014 ás 13:23 (UTC)[responder]

Hai xente con máis coñecementos sobre os artigos de homónimos, pero creo que é agora é homoxéneo cos outros.--Sernostri (conversa) 2 de marzo de 2014 ás 14:00 (UTC)[responder]

dúbidas sobre artigos de lugares[editar a fonte]

Ola. Perdoa polo atraso en contestar, pero levo uns día desinformatizado.

  • No caso que me dis de que hai lugares que non aparecen no IGE, xa se me ten dado o caso e eu cheguei á conclusión de que o que fan é sumar os datos de poboación de varios lugares nun só, co cal non lle vexo maneira de discriminar cales son os de cada un en concreto. Eu o que fago (non sei se moi correctamente) é crear igual o artigo sobre o lugar pero non lle poño datos de poboación.
  • Cando na caixa azul lle pos uns datos de poboación referidos a un ano, o sistema xera automáticamente unha categoría con ese ano, polo que ao cambiares ti de ano cambia tamén a categoría. É unha categoría de control para ver doadamente os anos aos que están referidas as poboacións. Non pasa nada se desaparece a categoría antiga.
  • No caso que dis de Nogueira e A Nogueira, sóname a que é un erro do nomenclátor. Nós guiámonos por el como fonte primaria para elaborarmos os artigos sobre lugares de Galicia, porque é o documento oficial que os recolle. Sei que está próxima unha revisión, pero mentres tanto hai que traballar co que hai. Eu non borraría Nogueira, en primeiro lugar porque ignoro se existe como entidade distinta de A Nogueira e despois porque así consta na documentación oficial.

Por outro lado hai unha ferramenta moi boa para a localización de lugares que é esta páxina, onde aparecen volcados os datos do proxecto Toponimia de Galicia e que ás veces resolve problemas para os que non chega nin o nomenclator nin Google maps nin Google earth.

Espero terche servido de axuda. En todo caso ti segue preguntando e sobre todo traballando. Un saúdo.Servando2 (Dime) 3 de marzo de 2014 ás 12:50 (UTC)[responder]

Opinión[editar a fonte]

Boas Loisteixeiro! Poderías opinar sobre esto? Graciñas! Piquito (conversa) 4 de marzo de 2014 ás 10:38 (UTC)[responder]

Datos dos ficheiros[editar a fonte]

Ola Loisteixeiro, grazas por subires ficheiros á Galipedia.

Porén, tódolos ficheiros subidos deben expresar a información específica suficiente para que poidan ser empregados nos artigos e as licenzas poidan ser comprobadas.

Esa información débese incorporar copiando e cumprimentando debidamente os datos expostos a continuación (substitúase o que está en cor verde):

{{Information

|Description= Descrición do ficheiro (que é?, onde foi feito?...) que facilite o seu emprego na Galipedia.
|Source= Ligazón ou cita á fonte de onde se colleu o ficheiro, se o ficheiro é de autoría propia debe expresarse.
|Author= Nome do autor do ficheiro.
|Date= Data en que se fixo o ficheiro.
|Permission= Características da licenza (dominio público, GFDL, compartir igual,...).
|other_versions= Ligazóns a outras versións do mesmo ficheiro (se houbera).
}}

En Permission indíquese a {{licenza}} entre dobres chaves.

Como incorporar os datos que son precisos aos ficheiros?
Como incluír os datos que se che requiren cando vas subir un ficheiro?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Descrición:. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a ficha do ficheiro.
Como incluílos cando un ficheiro xa foi subido?
Accede á túa lista de imaxes. Fai clic sobre o ficheiro que desexes editar para lle variar a información que contén.
Xa estás na páxina da ficha do ficheiro, fai clic na pestana Editar que está na parte superior.
Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres chaves.
Garda a páxina

Se tes algunha dificultade, non dubides en pórte en contacto comigo (para iso, segue as indicacións expresadas en como contactar con outros usuarios).

Graciñas, un saúdo e a seguir.--. HombreDHojalata.conversa 14 de marzo de 2014 ás 12:43 (UTC)[responder]

Montecubeiro[editar a fonte]

Ola, Lois! Movín o título do artigo que creaches a mosteiro de San Cibrao de Montecubeiro por dous motivos: por unha banda mudei "convento" por "mosteiro", dado que adoita chamarse convento ao do ámbito urbano e mosteiro ao rural; amais, engadinlle "de Montecubeiro" porque é o formato habitual na Galipedia; podería ser que noutro lugar exista outro mosteiro adicado a San Cibrao.

Amais diso, deille formato á referencia que engadiches. Por certo, lembra que ao creares un artigo é importante que no apartado "resumo" (o oco que hai baixo a caixa de edición) indiques de onde tomas os datos.

Sería a repanocha se subises algunha imaxe do mosteiro; pode ser?

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de maio de 2014 ás 10:57 (UTC)[responder]

Ola de novo, Lois! Deille categorización ás imaxes Ficheiro:San Cibrao, Montecubeiro, Galiza.JPG e mais Ficheiro:Foro de San Cibrao Montecubeiro 1643.jpg. Moi chulas!
Á primeira foto deille as categorías Categoría:Imaxes de Montecubeiro, Castroverde e Categoría:Imaxes de igrexas de Castroverde; á segunda deille a categoría Categoría:Imaxes de obras literarias en lingua castelá, a falta doutra mellor.
Con todo, é importante que indiques a orixe da segunda imaxe: podes usar como modelo Ficheiro:Historia de Pontevedra (facsímile).jpg, que ten os datos ben explicadiños.
Tamén molaba mazo que tanto na primeira imaxe como no propio artigo do mosteiro incluíses as coordenadas, paréceche?
Parabéns polas túas achegas. Se tes calquera dúbida, non teñas medo a preguntar, ok? Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 7 de maio de 2014 ás 19:39 (UTC)[responder]

Imaxe sen licenza[editar a fonte]

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Ficheiro:PORTO DA VACARIZA GALIZA ENTRE BALEIRA E CASTROVERDE.jpg, cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos. Os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza (ou copyright) e a orixe (ou source). Tódalas imaxes que se suban á Galipedia teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outras imaxes que subiches podes facelo desde aquí.

Pódeche axudar para entender o que é a licenza ler Wikipedia:Política de uso de imaxes. Tes un listado de licenzas en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero si debe indicarse expresamente.

Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade para engadir os datos (Como contactar con outros usuarios)Banjo tell me 23 de agosto de 2017 ás 19:39 (UTC)[responder]