Conversa usuario:Susomoinhos
Benvido(a) á Galipedia, Susomoinhos!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo.--Hugo22 22:25, 15 novembro 2009 (UTC).
Santiago Padrós
[editar a fonte]Ola Suso.
A cousa é que a obra de Santiago Padrós Elías (1918-1971), como a de calquera outro artista, está protexida pola lexislación que regula os dereitos de autoría.
Nestes casos non procede aplicar a liberdade de panorama, pois as fotos están tiradas en interiores.
A obra, segundo a lexislación española, pasará a dominio público após 80 anos do pasamento do autor.
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 12 de xullo de 2015 ás 09:23 (UTC)
Posible conflito de intereses
[editar a fonte]Ola Susomoinhos. Por favor, ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses.
Grazas, un saúdo. ☣Banjo tell me 11 de agosto de 2016 ás 16:15 (UTC)
Asociación de amigas e amigos da Galipedia
[editar a fonte]Boas, hai unha proposta na taberna para a creación dunha asociación de apoio á Galipedia, todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de agosto de 2017 ás 06:51 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Premio Xoán Manuel Pintos para a Galipedia
[editar a fonte]Boas, o concello de Pontevedra acaba de anunciar os gañadores do Premio Xoán Manuel Pintos ao compromiso coa lingua e a Galipedia foi escollida nun dos seus apartados. Tedes máis información na Taberna. Parabéns a toda a xente que colabora e que colaborou no proxecto, e que este recoñecemento sexa un impulso para facer a enciclopedia aínda mellor cada día. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 14:21 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Marc Rousset
[editar a fonte]Ola Suso.
Púxenlle a categoría esperantistas ao artigo Marc Rousset, pero non estou moi certo de ter feito ben.
Podes revisalo? Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 16 de maio de 2018 ás 07:37 (UTC)
Ola, HombreDHojalata.
A cousa éche algo complicada. En esperanto, un esperantista é simplemente calquera falante da lingua (como ficou decidido no Congreso Universal de Boulogne-sur-Mer, en 1905), e así figura nos dicionarios. Pero nos dicionarios en galego e tamén noutros idiomas aparece outro concepto, o de ser partidario da difusión do esperanto ou ser un defensor do mesmo; a perspectiva é totalmente diferente, non ten en conta a existencia dunha comunidade de falantes e coloca o esperanto ao nivel dunha ideoloxía (mesmo se pode dar a circunstancia de que alguén sexa considerado esperantista sen que saiba nin sequera dar os bos días en esperanto).
Ou sexa, de acordo cos dicionários galegos, a túa decisión é correcta, aínda que para un falante de esperanto (sexa ou non partidario da difusión do idioma), o empresario francés non poida ser considerado esperantista (da mesma maneira que, posibelmente, tampouco sexa galegofalante nin falante de caracalpaco ou cantonés).
Un saúdo.