A Cancela Abrea, Dodro, Dodro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°43′16.2″N 8°40′54.3″O / 42.721167, -8.681750

A Cancela Abrea
A Cancela Abrea.JPG
A Cancela Abrea en maio de 2014.
ParroquiaDodro
ConcelloDodro
Poboación62 hab. (2013)

A Cancela Abrea[1][2] é un lugar do concello de Dodro, pertencente á parroquia de Dodro. A súa poboación no ano 2015 era segundo o IGE de 69 persoas; 33 homes e 36 mulleres.

Historia[editar | editar a fonte]

É un asentamento recente; a primeira casa comezouse a construír no ano 1958 no lugar onde había unha carballeira. A carballeira comezouse a arrancar o ano anterior. A aldea tomou o nome dese lugar. Os primeiros habitantes da Cancela Abrea eran xente que procedía da aldea veciña de Revixós.

Na Cancela Abrea, que está próxima á Calzada, en Dodro, á beira da estrada, hai constancia de que acampaban os seus carromatos os ciganos[1], no seu percorrido itinerante, ata a década de 1960.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Cancela (do latín cancelli) canceleira, celosía. Abrea (do latín vereda); verea, sendeiro, camiño[3][4], que á súa vez procede da palabra céltica veredu; cabalo de posta.

A Cancela Abrea é cancela da verea, do camiño, vereda en latín, do galo veredu; "cabalo de posta". É nome case sempre asociado á rede viaria romana ou medieval e designaba o camiño público polo que circulaban as postas ou "veredi". No Vocabulario de José Santiago Crespo Pozo brea é "camiño real antigo"[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Lorenzo Baleirón, Manuel (2008). Toponimia de Dodro e Laíño. Os nomes na auga (pdf). p. 75. 
  2. "Buscador". Toponimia de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2012. Consultado o 28 de novembro de 2016. 
  3. Cabeza Quiles, Fernando. Sobre o topónimo Brea (pdf). ó cal se refire o topónimo, a saber: antigas vereas, isto é camiños 
  4. Trapero Pardo, Xosé. ‹‹A Brea›› en la Toponimia Lucense. parece deducirse que brea equivale a verea ou camiño público [...] o topónimo correspondese con [...] lugares onde existiu, ou existen aínda restos dunha calzada 

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Dodro[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Dodro no concello coruñés de Dodro

A Igrexa | A Cancela Abrea | Dodriño | Lestrobe | Revixós | Susavila | Vigo

Parroquias de Dodro[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Dodro

Dodro (Santa María) | Laíño (San Xián) | San Xoán de Laíño (San Xoán)