El Raval: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 15 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1758503
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Barcelona Raval.svg|250px|thumb|Situación do barrio.]]
[[Ficheiro:Fruit Stall in Barcelona Market.jpg|250px|miniatura|O Mercado de [[La Boqueria]]]]
[[Ficheiro:Fruit Stall in Barcelona Market.jpg|250px|miniatura|O Mercado de [[La Boqueria]]]]
'''El Raval''' é un barrio de [[Barcelona]], situado no distrito de [[Ciutat Vella de Barcelona|Ciutat Vella]], nacido da ampliación das [[muralla]]s [[medieval|medievais]] da cidade, aínda que é probable que existisen asentamentos anteriores.

Revisión como estaba o 7 de xullo de 2013 ás 11:06

Situación do barrio.
O Mercado de La Boqueria

El Raval é un barrio de Barcelona, situado no distrito de Ciutat Vella, nacido da ampliación das murallas medievais da cidade, aínda que é probable que existisen asentamentos anteriores.

Atópase delimitado polo barrio do Poble-sec, a través da Avenida do Paral·lel; co Barrio de Sant Antoni, a través das Roldas de Sant Pau e Sant Antoni; e co Barrio Gótico, a través da rúa Pelai e La Rambla. Entre as súas principais arterias destacan a Rúa do Carme, a Rúa Nou de la Rambla e a Rambla do Raval.

No Raval conviven hoxe en día aldeáns e xente vinda de múltiples países e culturas. Nas súas rúas poden verse comercios de todas as nacionalidades e ata tendas de moda e novas tendencias, sobre todo na parte alta do barrio.

Tamén é coñecida a rúa da Cera, cunha gran e histórica comunidade de etnia xitana. O nome provén dos ríos de cera formados polas numerosas velas colocadas ante a virxe desa rúa, para protexerse da peste. Desta comunidade xurdiu a rumba catalá.

Durante moitos anos foi popularmente coñecido como o Barrio Chinés de Barcelona.