Diagonal Mar i el Front Marítim del Poblenou: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q2736444
Liña 19: Liña 19:
[[Categoría:Sant Martí]]
[[Categoría:Sant Martí]]
[[Categoría:Barrios de Barcelona]]
[[Categoría:Barrios de Barcelona]]

[[es:Diagonal Mar i el Front Marítim del Poblenou]]

Revisión como estaba o 20 de abril de 2013 ás 03:28

Coordenadas: 41°24′34.56″N 2°12′58.7″L / 41.4096000, -2.216306

Diagonal Mar visto desde o mar.
Vista aérea do Parque do Fórum durante a celebración do Fórum Universal das Culturas 2004, co Front Marítim del Poblenou e a avenida Diagonal ao fondo.

Diagonal Mar i el Front Marítim del Poblenou, coñecido como Diagonal Mar, é un barrio situado no nordés da cidade de Barcelona, no distrito de Sant Martí.

Historia e características

O barrio naceu durante o final da década de 1960 e principios da de 1970, coa construción dos primeiros bloques de vivendas onde antes había cultivos e masías. Máis tarde, con motivo do Fórum Universal das Culturas 2004 celebrado na cidade, o concello de Barcelona, xunto con varias promotoras inmobiliarias, deu un xiro ao barrio creando un centro comercial, un gran parque e moitos edificios de alto standing, mellorando o aspecto e a vida do barrio, e gañando, ademais, unha gran zona para a cidade, xa que o barrio estendeuse nos antigos terreos da fábrica MACOSA ou Can Girona.

Neste barrio atopamos o parque de Diagonal Mar, un dos máis grandes de Barcelona con 14 hectáreas, obra de Enric Miralles. Tamén hai diferentes servizos, como o Centro de Convencións Internacional de Barcelona, ademais de hoteis, edificios de residencias, e o centro comercial de Diagonal Mar. Tamén hai un centro de atención primaria e diferentes centros educativos.

Diagonal Mar está ben comunicado, xa que está ao lado da rolda Litoral e da avenida Diagonal, dúas das arterias máis importantes da cidade. Ademais ten dúas estacións de metro (Selva de Mar e Maresme-Fòrum) e de tranvía (Selva de Mar, Maresme e Fòrum) e varios autobuses.

Véxase tamén

Ligazóns externas