Provincia de Salamanca: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: ms:Wilayah Salamanca
Nallimbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: sco:Province o Salamanca
Liña 90: Liña 90:
[[ro:Provincia Salamanca]]
[[ro:Provincia Salamanca]]
[[ru:Саламанка (провинция)]]
[[ru:Саламанка (провинция)]]
[[sco:Province o Salamanca]]
[[sv:Salamanca (provins)]]
[[sv:Salamanca (provins)]]
[[sw:Mkoa wa Salamanca]]
[[sw:Mkoa wa Salamanca]]

Revisión como estaba o 22 de febreiro de 2013 ás 04:43

Provincia de Salamanca
Capital Salamanca
Área 12.349 km²
Poboación 353.619 hab. (2010)
Densidade 28,63 hab./km²
Concellos 362
Xentilicio Salmantino/a

Salamanca é unha provincia española, situada no Suroeste da Comunidade Autónoma de Castela e León.

A súa capital é a cidade de Salamanca. Limita ao Norte con a provincia de Zamora, ao Norleste con a de Valladolid, ao Leste con a provincia de Ávila, ao Sur con a de Cáceres e polo Oeste confina con Portugal. A súa supeficie é de 12.336 km², o que a converte na terceira provincia de Castela e León, despois de León e Burgos. Consonte con datos do (INE 2005), a provincia conta con 352.414 habitantes, dos cales 160.331 (un 45%) vive na capital.

División administrativa

A provincia está dividida 362 municipios, dos que máis da metade teñen unha poboación inferior a trescentos habitantes (é a segunda provincia española a respecto do número de municipios, por detrás de Burgos). Os municipios máis poboados da provincia son, aparte da capital, Béjar, Cidade Rodrigo, Santa Marta de Tormes, Peñaranda de Bracamonte, Guijuelo, Alba de Tormes e máis Vitigudino.
Está organizada en cinco partidos xudiciais: Béjar, Ciudad Rodrigo, Peñaranda, Salamanca e Vitigudino, cos escudos dos cales se compón o escudo provincial.

Xeografía física

A altitude media da provincia é de 830 m sobre o nivel do mar.

Clima

O clima é de tipo continental, con invernos fríos e secos e veráns calorosos. A temperatura media é de 3'7°C en xaneiro (poidendo baixar, en días de fortes nevadas, a varios graos baixo cero). En verán a temperatura media é de 24'2°C, aínda que pode atinxir ata os 35° ou 40°C.

Comarcas

Gastronomía

Da súa gastronomía, cabe destacar, entre outros, o pernil de Guijuelo, con Denominación de Origen Protegida, e máis unha empanada típica denominada hornazo. Menos coñecidos, fóra da rexión, son o lechazo, cochinillo ou tostón asado, o farinato (procedente de Cidade Rodrigo), o bollo maimón e mais os chochos de yema. En Salamanca é típica a sopa de allo.