Galactosa: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m Membrana plasmática |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:D-galactose.png|dereita|125px|D-galactosa]] |
[[Ficheiro:D-galactose.png|dereita|125px|D-galactosa]] |
||
A '''galactosa''' é un [[monosacárido]] formado por seis átomos de [[carbono]] (é dicir, unha [[hexosa]]), que se converte en [[glicosa]] no [[fígado]] como aporte enerxético. Ademais forma parte dos [[glicolípido]]s e [[glicoproteína]]s das [[ |
A '''galactosa''' é un [[monosacárido]] formado por seis átomos de [[carbono]] (é dicir, unha [[hexosa]]), que se converte en [[glicosa]] no [[fígado]] como aporte enerxético. Ademais forma parte dos [[glicolípido]]s e [[glicoproteína]]s das [[Membrana plasmática|membranas celulares]] das células, sobre todo das [[neurona]]s. |
||
Dende o punto de vista químico é unha [[aldosa]] pois o seu [[grupo funcional|grupo químico funcional]] é un aldehido (CHO) localizado no carbono 1. Por outra parte, ao igual que a glicosa, a galactosa é unha piranosa xa que teoricamente pode derivarse do anel de seis lados formado por 5 átomos de carbono e 1 de osíxeno, chamado ''[[pirano]]''. |
Dende o punto de vista químico é unha [[aldosa]] pois o seu [[grupo funcional|grupo químico funcional]] é un aldehido (CHO) localizado no carbono 1. Por outra parte, ao igual que a glicosa, a galactosa é unha piranosa xa que teoricamente pode derivarse do anel de seis lados formado por 5 átomos de carbono e 1 de osíxeno, chamado ''[[pirano]]''. |
Revisión como estaba o 23 de agosto de 2012 ás 01:16
A galactosa é un monosacárido formado por seis átomos de carbono (é dicir, unha hexosa), que se converte en glicosa no fígado como aporte enerxético. Ademais forma parte dos glicolípidos e glicoproteínas das membranas celulares das células, sobre todo das neuronas.
Dende o punto de vista químico é unha aldosa pois o seu grupo químico funcional é un aldehido (CHO) localizado no carbono 1. Por outra parte, ao igual que a glicosa, a galactosa é unha piranosa xa que teoricamente pode derivarse do anel de seis lados formado por 5 átomos de carbono e 1 de osíxeno, chamado pirano.
Síntese da galactosa
- Artigo principal: Síntese de galactosa.
A galactosa é sintetizada polas glándulas mamarias para producir lactosa, que é un disacárido formado pola unión de glicosa e galactosa. Por tanto, a maior achega de galactosa na nutrición provén da inxesta de lactosa do leite.
A síntese da galactosa foi o primeiro descubrimento relevante que realizou o médico e bioquímico arxentino, e logo Premio Nobel de Química, Luis Federico Leloir. O descubrimiento, realizado en 1947, baseouse nun problema formulado polo biólogo Rawell Caputo no tecido da glándula mamaria.