Caso gramatical: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
m sami>saami
Liña 35: Liña 35:
|-
|-
| [[Locativo]] || lugar|| na casa
| [[Locativo]] || lugar|| na casa
| [[lingua bielorrusa|bielorruso]] | [[lingua checa|checo]] | [[lingua húngara|húngaro]] (só nalgúns topónimos tradicionais) | [[sami inari]] | [[letón]] | [[lingua lituana|lituano]] | [[sami setentrional]] | [[lingua polaca|polaco]] | [[lingua sánscrita|sánscrito]] | [[lingua serbia|serbio]] | [[lingua eslovaca|eslovaco]] | [[turco]]
| [[lingua bielorrusa|bielorruso]] | [[lingua checa|checo]] | [[lingua húngara|húngaro]] (só nalgúns topónimos tradicionais) | [[saami inari]] | [[letón]] | [[lingua lituana|lituano]] | [[saami setentrional]] | [[lingua polaca|polaco]] | [[lingua sánscrita|sánscrito]] | [[lingua serbia|serbio]] | [[lingua eslovaca|eslovaco]] | [[turco]]
|-
|-
| [[Tempo gramatical|Temporal]] || ''(só usado con expresións de tempo)''<br />especifica un momento || ás sete
| [[Tempo gramatical|Temporal]] || ''(só usado con expresións de tempo)''<br />especifica un momento || ás sete
Liña 66: Liña 66:
|-
|-
| [[Inlativo]] || movemento cara dentro de algo || cara dentro da casa
| [[Inlativo]] || movemento cara dentro de algo || cara dentro da casa
| [[erzya]] &#124; [[lingua estoniana|estoniano]] &#124; [[lingua finesa|finés]] &#124; [[lingua húngara|húngaro]] &#124; [[sami inari]] &#124; [[lingua lituana|lituano]] &#124; [[sami setentrional]]
| [[erzya]] &#124; [[lingua estoniana|estoniano]] &#124; [[lingua finesa|finés]] &#124; [[lingua húngara|húngaro]] &#124; [[saami inari]] &#124; [[lingua lituana|lituano]] &#124; [[saami setentrional]]
|-
|-
| [[Lativo]] || movemento cara a un lugar || á casa
| [[Lativo]] || movemento cara a un lugar || á casa
Liña 130: Liña 130:
|-
|-
| [[Acusativo]] (1) || paciente|| ela abriu a '''porta'''
| [[Acusativo]] (1) || paciente|| ela abriu a '''porta'''
| [[lingua checa|checo]] &#124; [[erzya]] &#124; [[Esperanto]] &#124; [[lingua finesa|finés]] &#124; [[Lingua alemá|alemán]] &#124; [[lingua húngara|húngaro]] &#124; [[sami inari]] &#124; [[lingua latina|latín]] &#124; [[lingua lituana|lituano]] &#124; [[sami setentrional]] &#124; [[lingua polaca|polaco]] &#124; [[Lingua rusa|ruso]] &#124; [[lingua sánscrita|sánscrito]] &#124; [[lingua serbia|serbio]] &#124; [[lingua eslovaca|eslovaco]]
| [[lingua checa|checo]] &#124; [[erzya]] &#124; [[Esperanto]] &#124; [[lingua finesa|finés]] &#124; [[Lingua alemá|alemán]] &#124; [[lingua húngara|húngaro]] &#124; [[saami inari]] &#124; [[lingua latina|latín]] &#124; [[lingua lituana|lituano]] &#124; [[saami setentrional]] &#124; [[lingua polaca|polaco]] &#124; [[Lingua rusa|ruso]] &#124; [[lingua sánscrita|sánscrito]] &#124; [[lingua serbia|serbio]] &#124; [[lingua eslovaca|eslovaco]]
|-
|-
| [[Acusativo]] (2) || [[complemento directo]] dun [[verbo transitivo]]; ''feito de''; ''acerca de''; ''por un tempo'' || eu véxo'''a'''
| [[Acusativo]] (2) || [[complemento directo]] dun [[verbo transitivo]]; ''feito de''; ''acerca de''; ''por un tempo'' || eu véxo'''a'''
Liña 182: Liña 182:
|-
|-
| [[Comitativo]] || na compaña de algo || coa casa
| [[Comitativo]] || na compaña de algo || coa casa
| [[lingua estoniana|estoniano]] &#124; [[lingua finesa|finés]] &#124; [[sami inari]] &#124; [[sami setentrional]]
| [[lingua estoniana|estoniano]] &#124; [[lingua finesa|finés]] &#124; [[saami inari]] &#124; [[saami setentrional]]
|-
|-
| [[Dativo]] || mostra dirección ou destinatario || para a casa
| [[Dativo]] || mostra dirección ou destinatario || para a casa
Liña 197: Liña 197:
|-
|-
| [[Xenitivo]] || mostra relación, posesión || da casa
| [[Xenitivo]] || mostra relación, posesión || da casa
| [[lingua bielorrusa|bielorruso]] &#124; [[lingua checa|checo]] &#124; [[holandés]] &#124; [[erzya]] &#124; [[lingua estoniana|estoniano]] &#124; [[lingua finesa|finés]] &#124; [[lingua xeorxiana|xeorxiano]] &#124; [[Lingua alemá|alemán]] &#124; [[Lingua grega|grego]] &#124; [[sami inari]] &#124; [[lingua latina|latín]] &#124; [[lingua lituana|lituano]] &#124; [[sami setentrional]] &#124; [[lingua polaca|polaco]] &#124; [[lingua romanesa|romanés]] &#124; [[Lingua rusa|ruso]] &#124; [[lingua sánscrita|sánscrito]] &#124; [[lingua serbia|serbio]] &#124; [[lingua eslovaca|eslovaco]] &#124; [[lingua sueca|sueco]]
| [[lingua bielorrusa|bielorruso]] &#124; [[lingua checa|checo]] &#124; [[holandés]] &#124; [[erzya]] &#124; [[lingua estoniana|estoniano]] &#124; [[lingua finesa|finés]] &#124; [[lingua xeorxiana|xeorxiano]] &#124; [[Lingua alemá|alemán]] &#124; [[Lingua grega|grego]] &#124; [[saami inari]] &#124; [[lingua latina|latín]] &#124; [[lingua lituana|lituano]] &#124; [[saami setentrional]] &#124; [[lingua polaca|polaco]] &#124; [[lingua romanesa|romanés]] &#124; [[Lingua rusa|ruso]] &#124; [[lingua sánscrita|sánscrito]] &#124; [[lingua serbia|serbio]] &#124; [[lingua eslovaca|eslovaco]] &#124; [[lingua sueca|sueco]]
|-
|-
| [[Posesivo]] || posesión directa de algo || posuído pola casa
| [[Posesivo]] || posesión directa de algo || posuído pola casa
Liña 216: Liña 216:
|-
|-
| [[Partitivo]] || usado para cantidades || tres (das) casas
| [[Partitivo]] || usado para cantidades || tres (das) casas
| [[lingua estoniana|estoniano]] &#124; [[lingua finesa|finés]] &#124; [[sami inari]]
| [[lingua estoniana|estoniano]] &#124; [[lingua finesa|finés]] &#124; [[saami inari]]
|-
|-
| [[Preposicional]] || cando unha preposición precede ao nome || en/con/para a casa
| [[Preposicional]] || cando unha preposición precede ao nome || en/con/para a casa
Liña 232: Liña 232:
|-
|-
| [[Abesivo]] || falta de algo || sen a casa
| [[Abesivo]] || falta de algo || sen a casa
| [[erzya]] &#124; [[lingua estoniana|estoniano]] &#124; [[lingua finesa|finés]] &#124; [[sami inari]]
| [[erzya]] &#124; [[lingua estoniana|estoniano]] &#124; [[lingua finesa|finés]] &#124; [[saami inari]]
|-
|-
| [[Esivo]] || estado temporal de existencia || como a casa
| [[Esivo]] || estado temporal de existencia || como a casa
| [[lingua estoniana|estoniano]] &#124; [[lingua finesa|finés]] &#124; [[sami inari]] &#124; [[lingua inuktitut|inuktitut]] &#124; [[exipcio medio]] &#124; [[sami setentrional]]
| [[lingua estoniana|estoniano]] &#124; [[lingua finesa|finés]] &#124; [[saami inari]] &#124; [[lingua inuktitut|inuktitut]] &#124; [[exipcio medio]] &#124; [[saami setentrional]]
|-
|-
| style="padding-left: 2em" | [[Esivo-formal]] || marca unha condición como cualidade || como unha casa
| style="padding-left: 2em" | [[Esivo-formal]] || marca unha condición como cualidade || como unha casa

Revisión como estaba o 9 de xullo de 2012 ás 18:16

Modelo:Casos latinos En gramática, forma que adquire unha palabra (substantivos, adxectivos, pronomes ou determinantes) dependendo da función sintáctica que desempeñe. Este concepto é aplicábel en principio ás linguas flexivas e ás linguas aglutinantes. Ao conxunto de casos que ten unha palabra dada chámaselle declinación. Así, por exemplo, en latín existían seis casos (nominativo, vocativo, acusativo, xenitivo, dativo e ablativo), en grego clásico cinco (nominativo, vocativo, acusativo, xenitivo e dativo). Nas dúas linguas existen tamén trazas dos antigos locativo e instrumental.

Os casos poderían clasificarse nos seguintes subtipos:

  • caso formal: expresa unha relación puramente sintáctica entre o predicado e os sintagmas nominais. En latín sería o nominativo e o acusativo.
  • caso relacional: establece unha relación entre dous sintagmas nominais ou entre un sintagma nominal e un verbo. En latín serían o xenitivo e o dativo.
  • caso posicional: indica o lugar onde se dá ou ten lugar unha acción. En latín sería o ablativo.

Existen linguas cun sistema de casos posicionais moi desenvolvido, como o tabasarano, que posúe cincuenta e dous: entre eles o inlativo, o elativo, o ablativo, o adlativo, o sublativo, o delativo, o supralativo, o postlativo, o interlativo, o inesivo, o adesivo, o subesivo, o interesivo, o postesivo, ou o superesivo.

No grupo dos casos relacionais existen dous grandes sistemas nas linguas do mundo. Aquí do que se trata é de ver quen leva as marcas formais entre o suxeito dos verbos transitivos e intransitivos e o complemento directo dos verbos transitivos:

  • Se se marca dalgún xeito o Complemento Directo estaremos ante un sistema acusativo (no que o suxeito se pon en nominativo e o Complemento Directo en acusativo) -este sería o caso do latín e, dalgún xeito, o do galego;
  • Se o que se marca é o suxeito dos verbos transitivos e non o dos intransitivos nin o Complemento Directo, o primeiro irá en caso ergativo e os outros en absolutivo. É o que se chama un sistema de ergativo, propio entre outros do éuscaro.

Listaxe de casos:

Esta é unha listaxe de casos tal e como se usan en varias linguas flexivas que teñen declinación.

Lugar e tempo

Nota: a maioría dos casos que expresan lugar e movemento empréganse tamén para indicar tempo.

Lugar

Caso Uso Exemplo Existe en
Adesivo lugar adxacente cerca de/xunto a/onda a casa estoniano | finés | húngaro | lituano
Inesivo dentro de algo dentro da casa erzya | estoniano | finés | húngaro
Locativo lugar na casa bielorruso | checo | húngaro (só nalgúns topónimos tradicionais) | saami inari | letón | lituano | saami setentrional | polaco | sánscrito | serbio | eslovaco | turco
Temporal (só usado con expresións de tempo)
especifica un momento
ás sete húngaro
Superesivo na superficie enriba da casa húngaro

Movemento

Caso Uso Exemplo atópase en
Ablativo movemento desde algo desde a casa erzya | estoniano | finés | húngaro | inuktitut | sánscrito | turco
Adlativo en húngaro e en finés:
movemento cara a (cerca de) algo
en finés:
movemento cara a algo
cara a casa

á casa
erzya | estoniano | finés | húngaro | lituano | turco | osetio
Delativo movemento desde a superficie desde (o alto d)a casa húngaro
Egresivo marca o inicio dun movemento ou tempo empezando desde a casa udmurt
Elativo fóra de algo fóra da casa erzya | estoniano | finés | húngaro
Inlativo movemento cara dentro de algo cara dentro da casa erzya | estoniano | finés | húngaro | saami inari | lituano | saami setentrional
Lativo movemento cara a un lugar á casa erzya | finés | turco
Prolativo movemento usando unha superficie ou vía a través da casa erzya | estoniano | finés
Prosecutivo por pola estrada kalaallisut
Sublativo movemento cara a superficie arriba cara a casa húngaro
Terminativo marca o final dun movemento ou tempo ata a casa estoniano | húngaro
Vial por, por medio de por medio da casa inuktitut

Cadro resumo dos principais casos

  interior superficie adxacencia
desde Elativo Delativo Ablativo
onda Inesivo Superesivo Adesivo
cara a Ilativo Sublativo Adlativo

Nivel morfosintáctico

Para os significados dos termos axente, paciente, experimentador, e instrumento, ver papeis theta.

Caso Uso Exemplo atópase en
Absolutivo (1) paciente, experimentador empurrou a porta e abriuna euskera
Absolutivo (2) paciente, experimentador involuntario ela cruzou o xeo; el esvarou linguas nominativo-absolutivas
Absolutivo (3) paciente, experimentador; instrumento el empurrou a porta coa súa man e abriuna inuktitut
Acusativo (1) paciente ela abriu a porta checo | erzya | Esperanto | finés | alemán | húngaro | saami inari | latín | lituano | saami setentrional | polaco | ruso | sánscrito | serbio | eslovaco
Acusativo (2) complemento directo dun verbo transitivo; feito de; acerca de; por un tempo eu véxoa inuktitut | persa | turco
Ergativo axente el empurrou a porta e abriuna euskera | checheno | xeorxiano | samoano
Ergativo-xenitivo axente, posesión el empurrou a porta e abriuna; o seu can. inuktitut
Instrumental/Instrutivo instrumento por medio da casa bielorruso | checo | finés | xeorxiano | lituano | polaco | ruso | sánscrito | serbio | eslovaco
Instrumental-comitativo instrumento, na compaña de algo coa casa húngaro
Nominativo (1) axente el empurrou a porta e abriuna linguas nominativo-acusativas
Nominativo (2) axente; experimentador voluntario el abriu a porta; ela parou linguas nominativo-absolutivas
Obxectivo complemento directo ou indirecto dun verbo ou réxime dunha preposición; un caso xeral para calquera situación non sendo nominativo ou xenitivo eu vina; eu deille o libro; con ela. inglés
Oblicuo caso xeral; calquera situación excepto nominativo en relación á casa hindi
Pasivo ou paciente suxeito dun verbo intransitivo ou complemento lóxico dun verbo transitivo a porta abriuse linguas caucásicas

Relación

Caso Uso Exemplo atópase en
Ablativo caso indirecto xeral en relación coa casa inuktitut | latín | lituano
Benefactivo para, en beneficio de para a casa euskera | quechua
Causal por, a causa de a causa da casa quechua
Causal-final causa eficiente ou final pola casa húngaro
Comitativo na compaña de algo coa casa estoniano | finés | saami inari | saami setentrional
Dativo mostra dirección ou destinatario para a casa bielorruso | checo | erzya | xeorxiano | alemán | hindi | húngaro | inuktitut | latín | lituano | polaco | romanés | ruso | sánscrito | serbio | eslovaco
Dedativo (Respectivo) relacionado con relacionado coa casa quenya
Distributivo distribución en anacos casa por casa finés | húngaro
Distributivo-temporal con que frecuencia ocorre algo diariamente; os domingos húngaro
Xenitivo mostra relación, posesión da casa bielorruso | checo | holandés | erzya | estoniano | finés | xeorxiano | alemán | grego | saami inari | latín | lituano | saami setentrional | polaco | romanés | ruso | sánscrito | serbio | eslovaco | sueco
Posesivo posesión directa de algo posuído pola casa inglés | quenya
Sociativo xunto con algo coa casa húngaro

Semántica

Caso Uso Exemplo atópase en
Disxuntivo usado cando o suxeito se repite por énfase ou para especificar un suxeito plural a casa e o coche, ámbolos dous están aquí francés (só nos pronomes)
Partitivo usado para cantidades tres (das) casas estoniano | finés | saami inari
Preposicional cando unha preposición precede ao nome en/con/para a casa ruso
Vocativo usado para chamar a alguén, con ou sen preposición ou, casa!
O casa!
casa!
árabe | bielorruso (raro) | checo | xeorxiano | grego | hindi | latín | lituano | polaco | romanés | sánscrito | serbio

Estado

Caso Uso Exemplo atópase en
Abesivo falta de algo sen a casa erzya | estoniano | finés | saami inari
Esivo estado temporal de existencia como a casa estoniano | finés | saami inari | inuktitut | exipcio medio | saami setentrional
Esivo-formal marca unha condición como cualidade como unha casa húngaro
Esivo-modal marca unha condición como cualidade como unha casa húngaro
Excesivo marca unha transición desde unha condición a partir de ser unha casa estoniano | finés
Translativo cambio dunha condición a outra (chegando a estar) na casa erzya | estoniano | finés | húngaro

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Case (1994), de Barry J. Blake, editado en Cambridge University Press (ISBN 0-521-44661-9)
  • The Oxford handbook of case: studies in honor of Bernard Comrie (2008), editado por Greville G. Corbett, Michael Noonan en John Benjamins Publishing Company, Amsterdam & Philadelphia (ISBN 978-90-272-2994-6)