Lingua groenlandesa
| Lingua groenlandesa | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Kalaallisut | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Propiedades | |||||||||||||||||
|
Número de falantes
| |||||||||||||||||
|
Institución de normalización
| |||||||||||||||||
|
Tipoloxía lingüística
| |||||||||||||||||
|
Estado de lingua da UNESCO
| |||||||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
A lingua groenlandesa[1][2] (kalaallisut), tamén chamada esquimó-groenlandés ou groenlandés-inuktitut, é unha lingua esquimó-aleutiana falada en Groenlandia e que está estreitamente relacionada con algúns idiomas canadenses como o inuktitut. O groenlandés, ao igual que as linguas coas que está emparentada, é de carácter altamente polisintético e ergativo. Case non ten palabras compostas.
No ano 2007 era falada por máis de 57.000 persoas, o que supón un número maior que o de todos os falantes das demais linguas esquimó-aleutianas xuntas. É a lingua oficial de Groenlandia,[3] onde o dinamarqués ten un estatuto semi-oficial.[4] O groenlandés está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[5]
Dialectos
[editar | editar a fonte]Existen tres dialectos principais do groenlandés:
- Groenlandés oriental (Tunumiisut).
- Groenlandés occidental (Kalaallisut), é o máis importante dos dialectos.
- Groenlandés setentrional (Inuktun), falado preto da cidade de Qaanaaq (Thule), é máis semellante ao inuktitut canadense.
Características
[editar | editar a fonte]Tipoloxía e morfosintaxe
[editar | editar a fonte]O groenlandés diferenza dous tipos de palabras abertas: substantivos e verbos. Cada categoría subdivídese en palabras transitivas e intransitivas. Distínguense catro persoas: 1ª, 2ª, 3ª e 3ª reflexiva; dous números: singular e plural (non hai dual como no esquimó); oito tempos: indicativo, participial, imperativo, optativo, subxuntivo pasado, subxuntivo futuro e subxuntivo habitual; dez casos: absolutivo, ergativo, ecuativo, instrumental, locativo, allativo, ablativo e perlativo. Para algúns nomes (nominativo e acusativo) os verbos teñen unha inflexión bipersonal para o suxeito e o obxecto (distinguidas por persoa e número). Os substantivos transitivos levan inflexión posesiva.
Como comparativa co esquimó, que en groenlandés é inuttut, unha das palabras máis característica do inuktitut é iglú, que en groenlandés se escribe illu.
Escritura
[editar | editar a fonte]Alfabeto
[editar | editar a fonte]a, e, f, g, h, i, j, k, l, m, n, o, p, q, r, s, t, u, v
En contraste coas linguas esquimó-aleutianas do Canadá, o groenlandés escríbese co alfabeto latino e non co silabario esquimó. Un carácter especial, a letra Kra (ĸ), empregouse exclusivamente en groenlandés até que unha reforma ortográfica substituíuna pola letra q.
Mostra de texto
[editar | editar a fonte]Inuit tamarmik inunngorput nammineersinnaassuseqarlutik assigiimmillu ataqqinassuseqarlutillu pisinnaatitaaffeqarlutik. Silaqassusermik tarnillu nalunngissusianik pilersugaapput, imminnullu iliorfigeqatigiittariaqaraluarput qatanngutigiittut peqatigiinnerup anersaavani.Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, débense comportar fraternalmente uns cos outros.Declaración universal dos dereitos humanos, artigo 1º
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de groenlandés -sa no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para groenlandés.
- ↑ "Lov om Grønlands Selvstyre" (PDF). Lovtidende (en dinamarqués). 2009-06-13. p. 3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2011-06-05.
Det grønlandske sprog er det oficielle sprog i Grønland.
- ↑ Rischel, Jørgen. "grønlandsk" (en dinamarqués).
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Vexa a proba da Wikipedia en Lingua groenlandesa |
| A Galipedia ten un portal sobre: Groenlandia |

