San Claudio, Ortigueira: Diferenzas entre revisións
engado galería |
aumentado |
||
Liña 2: | Liña 2: | ||
{{Parroquia |
{{Parroquia |
||
|nome = San Claudio |
|nome = San Claudio |
||
|imaxe = |
|imaxe = Val de San Claudio.jpg |
||
|lenda = |
|lenda = Vista do val de San Claudio |
||
|concello = Ortigueira |
|concello = Ortigueira |
||
|superficie = 9.46 |
|superficie = 9.46 |
||
Liña 26: | Liña 26: | ||
==Galería de imaxes== |
==Galería de imaxes== |
||
<gallery> |
<gallery> |
||
Ficheiro:Igrexa San Claudio.JPG|Igrexa de San Claudio |
|||
Ficheiro:Capela de Santa Lucía.JPG|Capela de Santa Lucía ou Capela da Sarna |
Ficheiro:Capela de Santa Lucía.JPG|Capela de Santa Lucía ou Capela da Sarna |
||
Ficheiro:Capela de Axilde.JPG|Capela de Axilde |
Ficheiro:Capela de Axilde.JPG|Capela de Axilde |
||
Liña 31: | Liña 32: | ||
Ficheiro:Feira San Claudio.JPG|Campo da Feira |
Ficheiro:Feira San Claudio.JPG|Campo da Feira |
||
Ficheiro:Pazo dos Barreiros.JPG|Pazo dos Barreiros |
Ficheiro:Pazo dos Barreiros.JPG|Pazo dos Barreiros |
||
</gallery> |
</gallery> |
||
Revisión como estaba o 18 de abril de 2010 ás 20:32
San Claudio | |
---|---|
Vista do val de San Claudio | |
Concello | Ortigueira |
Coordenadas | 43°39′17″N 7°52′47″O / 43.65483236, -7.87962092Coordenadas: 43°39′17″N 7°52′47″O / 43.65483236, -7.87962092 |
Área | 9.46 km² |
Poboación | (ano 2004) 593 hab. |
Densidade | Erro de expresión: Descoñécese a palabra "ano". hab./km² |
Entidades de poboación | 10 |
[ editar datos en Wikidata ] |
[[Categoría:Ortigueira poboación {{{ano}}}]]
Xeografía
San Claudio está situada na beira sur da ría de Ortigueira , nun amplo val que descende dende os montes do Espiño, Sixto, A Croa, Armada e o coto de Punxas e remata no mar. Linda polo norte coa Ría de Ortigueira dende un regato que descende ao mar en Carballo de Boi, até a enseada da Roncadoira, polo leste limita coa parroquias de Senra , polo sur o regato das Areas e o de Carelle sepárana da parroquia do Ermo e polo oeste linda coas parroquias de Mera de Arriba e Mera de Abaixo . A estrada AC-862 cruza a parroquia bordeando a ría polos lugares de A Fonte, Tristimil, A Rocha, A Tronqueira e Carballo de Boi. En paralela a estrada xeral e moi preto dela, vai a vía de FEVE , que conta nesta parroquia cun apeadeiro.
Patrimonio
A moderna igrexa parroquial na honra de Santa María e que ten planta de cruz latina está no lugar da Feira e ao seu carón queda o cemiterio parroquial. Neste mesmo lugar da Feira, aínda se poden ollar hoxe, nun lamentable estado, as antigas casetas coas que contaban os campos das feiras tradicionais, pois foi parroquia esta dunha feira de moita sona, que non hai moito aínda se celebraba. Hai dúas pequenas ermidas nesta parroquia, unha no lugar de Axilde na que se celebraba unha romaría de moita sona na comarca, e outra no lugar da Escola ,na honra de santa Lucía, coñecida tamén pola capela da sarna . Preto do cruce da AC-862 coa estrada da Feira érguese un escolar de indianos, chamados Centros de Instrucción polos seus promotores , os emigrantes en Cuba, e que posteriormente foi escola pública e actualmente está convertido en local social municipal. No lugar do Hospital atópase o Pazo dos Barreiros, que no século XVII funcionou como hospital de peregrinos, tan comúns por aqueles tempos para dar acollida as xentes que ían a Santiago e a San Andrés de Teixido que hoxe éstá convertido en granxa.
Poboación
Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 593 habitantes (307 mulleres e 286 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 655 habitantes.
Galería de imaxes
-
Igrexa de San Claudio
-
Capela de Santa Lucía ou Capela da Sarna
-
Capela de Axilde
-
Local social no antigo escolar de indianos
-
Campo da Feira
-
Pazo dos Barreiros