Conversa usuario:Céltigos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Benvido[editar a fonte]

Boa estadía e bo traballo, que hai moito por facer.--PepedoCouto 14:53, 21 novembro 2008 (UTC)

Imaxe[editar a fonte]

Hai que engadirlle a caixa de información que che aparece na páxina onde cargaches a imaxe. Ánimo.--PepedoCouto 18:20, 4 marzo 2009 (UTC)

Xa che engadín a imaxe na caixa da parroquia de Céltigos. Aínda así engádelle a información da imaxe, senón borrarancha.--PepedoCouto 18:26, 4 marzo 2009 (UTC)

Caixa de datos de imaxe[editar a fonte]

Ola Céltigos! Antes de nada, benvido á Galipedia, agardo que sexa unha agradable estadía. Paso a explicarche que é o que tes que engadir a unha imaxe:

  • Tes que ir á imaxe xa cargada (neste caso [[Ficheiro:S. Xulián de Céltigos1.jpg]]), unha vez aberta, vas á lapela de editar. Alí engades o seguinte:

{{Information
|Description=Breve descrición da imaxe que permita clasificala
|Source='''Autoría propia'''
|Date=Data de subida
|Author= O teu nome de usuario
|Permission=
|other_versions=Indicar se a imaxe é unha versión dunha xa cargada. En caso contrario deixar baleiro.
}}
==Licenza==
Escolle unha. Pode ser {{GFDL-propia}}, {{PD-propia}}... Para máis información sobre licenzas Wikipedia:Lista visual de marcadores de imaxe e Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. Se che queda algunha dúbida pregunta sen problema. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 20:01, 4 marzo 2009 (UTC)

Imaxe proposta para borrar[editar a fonte]

Ola. Grazas por subires imaxes. A imaxe Ficheiro:Mapa céltigos.PNG foi proposta para borrar.

O motivo é que é evidente que é unha imaxe escaneada. O feito de escaneala non che dá ningún dereito sobre a súa autoría. Quere isto dicir que, por moito que a escanees, a imaxe segue tendo dereitos de autor, os do autor orixinal.

Polo tanto, non parece unha imaxe realizada por ti (autoría propia, "self made").

A discusión para o seu borrado estase a celebrar en Wikipedia:Imaxes para borrar/Votacións#Ficheiro:Mapa céltigos.PNG. En caso de que non defendas con argumentos firmes dita imaxe, pode ser borrada. Grazas
Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo

Ficheiro:Mapa Céltigos.PNG[editar a fonte]

Incluín Ficheiro:Mapa Céltigos.PNG na votación para borrar polo mesmos motivos cá anterior. Por favor, se tes algo que dicir ó seu favor, exprésao en Wikipedia:Imaxes para borrar/Votacións#Ficheiro:Mapa céltigos.PNG-- Como contactar con outros usuarios

Problemas con Image:S. Xulián de Céltigos1.jpg[editar a fonte]

Grazas por subir esta imaxe. Por falta de datos obrigados, que probablemente non puxeches por descoñecemento, a foto que subiches podería ser borrada.

Non indicaches unha licenza. Debes indicala, pero, ademais, é necesario que, se é a imaxe é túa, o especifiques escribindo "eu son o autor (self made)" nos datos da imaxe. O motivo é que moitos usuarios poñen unha licenza ó azar, polo que se esixe explicitar a orixe da imaxe.

En caso de que a imaxe non sexa túa, coloca un enlace ó lugar do cal a copiaches ou indica onde aparece para poder comprobar que a licenza que colocas é adecuada. As políticas da Galipedia están pensadas para que este proxecto e o das wikipedias perdure e non sexa atacado por poderes ós que non lles interesa que a cultura sexa libre. Se non procurásemos ser estritos cos dereitos de autor, correriámo-lo risco de que o proxecto cambaleásese e/ou desaparecese.

Para editar a imaxe e engadir os datos requiridos podes ler Como engadir datos ás imaxes. Se tes algunha dificultade, non dubides en mo comunicar (Como contactar con outros usuarios) pois estarei encantado en te axudar.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero débese indicar expresamente. Tes máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes

79.155.108.168 17:40, 6 marzo 2009 (UTC)

Categoría:Imaxes de igrexas de Ortigueira[editar a fonte]

Boas imaxes as que estás a subir. Creei esa categoría pois xa subiras varias imaxes de igrexas de Ortigueira. Esa categoría, Categoría:Imaxes de igrexas de Ortigueira, está categorizada en Categoría: Imaxes de Ortigueira e Categoría:Imaxes de igrexas da provincia da Coruña, polo que con que poñas esa categoría noutras imaxes semellantes é suficiente. Así e todo, se podes, conviría crear categorías sobre as parroquias de Galicia (Categoría:Imaxes de parroquias de Galicia) e, en concreto, sobre as parroquias de Ortigueira (unha imaxe pode estar en varias categorías). Un cordial saúdo e grazas. Xan de ningures 20:38, 10 marzo 2009 (UTC)

  • Creei outra categoría para as imaxes de mapas das parroquias de Ortiqueira: Categoría:Imaxes de mapas das parroquias de Ortigueira. Se nos datos das imaxes engades unha liña en que poña [[Categoría:Imaxes de mapas das parroquias de Ortigueira]] as imaxes categorízanse nesa categoría. --Saúdos e grazas. Xan de ningures 19:13, 13 marzo 2009 (UTC)

Lugares[editar a fonte]

Ola Céltigos, vexo que estás facendo as caixas de lugares das parroquias de Ortigueira. Parabéns!. Pero teño que comentarche que as caixas hai que crealas como Modelo:Lp xxxx e logo, unha vez creado o Modelo, poñelas na parroquia e na páxina Lugares de Ortigueira. Por outra banda, fixen algunhas modificacións nunha caixa que ti creache para adaptala ao novo modelo de caixas de navegación, espero que non te molestara... Saúdos e adiante con ese traballo. --Xas (fálame) 22:03, 15 marzo 2009 (UTC)

    • Pois podes ver calquera das de Lugares de Portomarín. Eu mesmo estaba a facer os Modelos de lugares de varias parroquias segindo o Modelo anterior (o que ti mesmo usas). Pero vin que xa había algúns que o facían con este modelo novo e agora xa os fago así. Non sei moi ben que me preguntas cando dis "¿como podo ver a edición da ditos lugares nunha páxina unha vez editados?". Supoño que te refires a que primeiro tes que crear o modelo na páxina Modelo:Lp xxxx e despois, cando o teñlas feiro tes que engadir á paxina da parroquia correspondente (e á páxina Lugares de (concello) isto: Modelo:Lp xxxx. Por exemplo: creas Modelo:Lp Bagude e logo vas a páxina Bagude, Portomarín e pos: Lp Bagude dentro de {{}} e tamén na páxina Lugares de Portomarín. Non sei se che aclarei algo ou te enleei máis... Se tes algunha dúbida, aquí estamos. Ánimo, que eu ao principio tampouco me aclaraba moito... --Xas (fálame) 22:30, 17 marzo 2009 (UTC)


Imaxes[editar a fonte]

Ola meu, vexo que traballaches moito, mais procura poñer ben o punto de mira que as fotos tíralas tortas. Hai programas que permiten arranxar ese pequeno defecto. Xa falaremos. Un saúdo.--PepedoCouto 11:57, 22 marzo 2009 (UTC)

Cando teñas máis referencias sobre esa nova cámara, xa me dirás. De momento fai clic aquí artigo e xa me comentarás.--PepedoCouto 16:18, 25 marzo 2009 (UTC)
A imaxe segue a ter dereitos aínda que ti a reproduzas con calquera outro soporte. As imaxes perden os seus dereitos o 1 de xaneiro seguinte ao ano en que se cumpren 70 anos da morte do autor. Un saúdo. A traballar. A cámara que?--PepedoCouto 16:18, 26 marzo 2009 (UTC)

Caixas de lugares[editar a fonte]

Vin que creaches a caixa de lugares de Cuíña, mais non se fai así. A caixa que ti creaches no artigo de Cuíña tiñas que facelo do seguinte xeito:

1.- Editas no artigo entre chaves {{}} Lp Cuíña, e premes gardar.

2.- Unha vez gardado vaiche aparecer, Modelo:Lp Cuíña en vermello.

3.- Premes nesas letras vermellas e editas todo o que engadiras antes no artigo.

4.- Premes en gardar e xa tes a caixa de lugares feita.

Agardo que che sirva. Pouquiño a pouco todo vai saíndo. Outro saúdo máis.--PepedoCouto 19:05, 26 marzo 2009 (UTC)

Image:S. Xulián de Céltigos1.jpg[editar a fonte]

Creo que intentaches incorporar novos datos á imaxe, pero confundícheste no procedemento:

Se cargas de novo a imaxe co mesmo nome, substitúes a imaxe pola que acabas de cargar, pero os datos non os subtistúes, quedan os vellos.

Para incorporar novos datos

  1. tes que facer click na ligazón da imaxe: Image:S. Xulián de Céltigos1.jpg
  2. Facer click na pestana "editar"
  3. Incorporar os datos e gardar.

Un cordial saúdo--Xan de ningures 17:15, 28 marzo 2009 (UTC)

Estou a compoñer a categoría Categoría:Imaxes de parroquias de Ortigueira. Se ves que cometo algún erro, indícamo por favor--Xan de ningures 17:17, 28 marzo 2009 (UTC)

Praia de Orbeiro[editar a fonte]

Se tes unha referencia máis fiable con respecto ao nome desa praia, cámbiallo. A miña referencia é a da páxina do propio concello. Non che podo facer outra cousa.--PepedoCouto (dimo aquí) 21:48, 3 abril 2009 (UTC)

Cacho c., nótase que xa tes maquinón. Así calquera tira fotos, xa falaremos. Parabéns polas últimas imaxes. Un saúdo.--PepedoCouto (dimo aquí) 21:06, 13 abril 2009 (UTC)

Ficheiro:Centro Social Devesos.jpg[editar a fonte]

Agradeceríache que editases esta imaxe e indicases onde a tomaches. A imaxe non está sendo empregada en ningún artigo e non se pode empregar por non sabermos onde foi tomada.

Pola proximidade con outras que subiches penso que puido ser tirada no concello de Ortigueira, pero non estou seguro. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  22:14, 28 xullo 2009 (UTC)

Se fose tirada no concello de Ortigueira, agradeceríache que a categorizases engadindo nos datos da imaxe [[Categoría:Imaxes de Ortigueira]]. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  22:17, 28 xullo 2009 (UTC)
Reparei aínda máis nas imaxes próximas que subiches e considerei que a imaxe é de Devesos, Ortigueira. Engadinlle eu eses datos, en caso de que non esteas de acordo, faimo saber-- Lmbuga / Conversa comigo  22:20, 28 xullo 2009 (UTC)

Modelo:Lp Cuíña[editar a fonte]

Vexo que modificaches o Modelo:Lp As Neves que correspondía á parroquia de As Neves, As Neves, introducindo nel os lugares de As Neves, Ortigueira. Xa existía o Modelo:Lp As Neves, Ortigueira, que era o que correspondía aos lugares desa parroquia. O mesmo fixeches co Modelo:Lp Cuíña introducindo nel os lugares de As Neves, Ortigueira. Revertín os cambios que fixeches. Cal é motivo de facelo? Saúdos. --Xas (fálame) 21:14, 19 outubro 2009 (UTC)

    • Non pasa nada, todos nos equivocamos de cando en vez... Pon coidado e mira o que acabas de facer: Non cambies o apartado ==Lugares de == poñendo o concello. Neste apartado se refire a Lugares da parroquia. Para os Lugares do concello xa está a páxina Lugares de Ortigueira. Saúdos. --Xas (fálame) 21:27, 19 outubro 2009 (UTC)

Cabeceiras dos artigos de parroquias[editar a fonte]

Céltigos, desfixen os trocos que fixeches en As Neves, Ortigueira‎, por coherencia co resto dos artigos de parroquias da Galipedia. Fíxate como están redactados. Tamén cambiei de sitio o mapa da situación da parroquia por unha cuestión estética. Para calquera cousa, aquí me tes. Saúdos. --Xas (fálame) 21:53, 19 outubro 2009 (UTC)

Esquecemento[editar a fonte]

Ola Céltigos. Esqueciches engadirlle datos á imaxe Ficheiro:Igrexa das Neves.jpg. Procura engadirllos. Graciñas-- Lmbuga / Conversa comigo  09:33, 20 outubro 2009 (UTC)

Acabo de ver onde cometiches o erro. Explícocho: Para engadir os datos, non podes subir unha imaxe de novo. Cando sobes unha imaxe co mesmo nome ca outra, só substitúes a imaxe, os datos que quedan son os da primeira imaxe. Para engadir datos é necesario editar a imaxe, non funciona subila de novo.
Con todo, houbo sorte. No historial do ficheiro constan os datos da imaxe íntegros que querías engadir, polo que xa o fago eu. Repasa se son correctos.-- Lmbuga / Conversa comigo  09:38, 20 outubro 2009 (UTC)

Landoi[editar a fonte]

Ola Céltigos. Non sei se algún administrador amañou o que ti consideras que fixeches mal, mais eu vexo no artigo de Landoi, Cariño que a substitución do mapa foi realizada perfectamente, iso si, cargaches a imaxe varias veces. Segue así e non te desesperes que co teu traballo a comarca de Ortegal vai mellorando. Un saúdo.--PepedoCouto (dimo aquí) 13:22, 23 novembro 2009 (UTC)

Teixido[editar a fonte]

Ola Céltigos, como vexo que estás traballando sobre Ortigueira, atrévome a facerche unha consulta: Se botas un ollo a Conversa:Teixido, Régoa, Cedeira, verás que existe unha confución ao respecto de se Santo André de Teixido é unha parroquia de seu ou se é un lugar da parroquia de Régoa. Poderías aportar algunha luz sobre isto? Grazas e parabéns polo traballo que estás facendo coa comarca do Ortegal. Saúdos. Xas (conversa) 20:32, 12 marzo 2010 (UTC)

Grazas pola resposta e a aclaración. Un saúdo.Xas (conversa) 16:18, 15 marzo 2010 (UTC)

Teixido[editar a fonte]

Ola, Céltigos;
Respondíchesme a min sobre unha pregunta que che fixera o Usuario:Xas sobre Teixido; ao principio non entendía nada, pero cando vin que el che preguntara por iso, xa comprendín. Paréceche se lle mandas o textiño a el de novo?
Un saudiño! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16:16, 14 marzo 2010 (UTC)