Chícharo
Chícharo Pisum sativum | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lámina de Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz, 1885 | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Non está ameazada | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Pisum sativum L. | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 1 425 kJ (341 kcal) |
60 g | |
Azucres | 8 g |
Fibra alimentaria | 26 g |
1 g | |
25 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Tiamina (B1) | 61% 0.7 mg |
Ácido pantoteico (B5) | 34% 1.7 mg |
Ácido fólico (B9) | 69% 274 μg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Ferro | 31% 4 mg |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
O chícharo, ervello, ervella ou perico,[1] Pisum sativum, é a pequena semente comestible da planta que se cultiva para a súa produción e dalgunhas variedades da cal, como a chamada tirabeque (P. sativum subsp. arvensis), pódense consumir as propias vaíñas por seren moi tenras.
A planta posúe un sistema vexetativo pouco desenvolvido aínda que cunha raíz pivotante que tende a profundar bastante. As follas están formadas por pares de folíolos. As inflorescencias nacen arracimadas en brácteas foliáceas que se inseren nas axilas das follas. As sementes (chícharos) atópanse en vaíñas de entre 5 a 10 cm de longo que conteñen entre 4 e 10 unidades.
Como todas as leguminosas, ademais de ser unha boa fonte de proteínas, minerais e fibras é beneficiosa para a terra, xa que fixa o nitróxeno no chan debido a certas bacterias que proliferan nos nódulos das raíces e producen nitratos.
Historia
[editar | editar a fonte]Atopáronse restos fosilizados de chícharos en sitios arqueolóxicos do Próximo Oriente que datan de fai case 10.000 anos. As especies cultivares apareceron relativamente pouco despois do trigo e a cebada, polo que se supón que xa se cultivaban cara ao 7800 a.C. No 2001 a.C. o seu cultivo estendeuse por Europa e cara ao leste á India, aínda que até o século XVI só se usaba en gran seco ou como forraxe. A partir dese momento, empezou a usarse tamén o gran fresco.
Reprodución
[editar | editar a fonte]No hemisferio boreal, por semente en febreiro ou marzo, aínda que nas zonas de climas benignos pódese facer tamén en novembro.
Cultivo
[editar | editar a fonte]Os chícharos son unha colleita de estación fresca que se pode gozar tanto na primavera como no outono.
Require unha terra solta e lixeira. Aínda que non é moi esixente respecto da riqueza orgánica do chan, é conveniente achegar algún fertilizante complexo. Este cultivo non tolera chans moi acedos e hase de vixiar o pH para tratar de que non sexa inferior a 6,5. Necesita unha posición asollada e regas frecuentes.
Enfermidades e pragas
[editar | editar a fonte]É propenso ao ataque de fungos como o mildio, o oídio e a antracnose, así como a insectos mastigadores como o pulgón do chícharo, a traza do chícharo e o escaravello Sitona linetus.
Tamén é coñecida o Brox como especie devoradora de chícharos.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Pisum sativum foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 727. 1753.[2]
- Citoloxía
- Ten un número de cromosomas de 2n=14[3][4]
- Variedades aceptadas
- Pisum sativum subsp. brevipedunculatum (P. Davis & Meikle) Ponert
- Pisum sativum subsp. elatius (M.Bieb.) Asch. & Graebn.
- Sinonimia
- Lathyrus oleraceus Lam.
- Pisum tuffetii R.Lesson
- Pisum arvense L.
- Pisum elatius M.Bieb.
- Pisum granulatum J.Lloyd
- Pisum vulgare S.B.Jundz.
- Pisum sativum subsp. arvense (L.) Asch. & Graebn.
- Pisum sativum var. brevipedunculatum P.Davis & Meikle
- Pisum sativum var. elatior Trautv.
- Pisum sativum subsp. hortense (Neilr.) Asch. & Graebn.
- Pisum sativum subsp. humile (Holmboe) Greuter & al.
- Pisum sativum var. pumilio Meikle
- Pisum sativum subsp. pumilo (Meikle) Ponert
- Pisum sativum var. elatius (M. Bieb.) Asch. & Graebn.
- Pisum sativum var. sativum L.[5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Chícharo..
- ↑ "Chícharo". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 12 de agosto de 2014.
- ↑ Contribuiçao para o conhecimento citotaxonómico das spermatophyta de Portugal. IX. Cruciferae Fernandes, A., M. F. Santos & M. Queirós (1977) Bol. Soc. Brot. ser. 2 51: 137-186
- ↑ Chromosome atlas of flowering plants. Darlintong, C. D. & A. P. Wylie (1955)
- ↑ Anthos Arquivado 30 de setembro de 2015 en Wayback Machine.. Sistema de información sobre as plantas de España. Real Jardín Botánico (require procura).
- ↑ "Plant List". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 29 de setembro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Chícharo |